Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (860/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 860/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Daniel Luaces Val contra Cedelog, S.L., Norbert Dentressangle Gerposa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte providencia cuxo contido é o seguinte:

«Presentado o anterior escrito por Santiago Gómez Martín, procurador da mercantil Norbert Dentressangle Gerposa, S.L., únase aos autos da súa razón. Visto o seu contido, tense por comparecido e parte o procurador Santiago Gómez Martín segundo copia de poder que xunta, en nome e representación de Norbert Dentressangle Gerposa, S.L., e co que se entenderán as sucesivas dilixencias.

Constando en autos que a empresa Cedelog, S.L., codemandada, está en paradoiro descoñecido, requírase aquela por edictos para que, cunha antelación de 10 días á data do xuízo, achegue a seguinte documentación:

– Contrato de traballo subscrito co demandante.

– Alta e baixa na Seguridade Social do demandante.

– Nóminas do demandante das mensualidades de abril a agosto de 2015.

– Carta de despedimento comunicada ao demandante.

– Solicitude e concesión de vacacións ao demandante.

– Matrícula da cabeza tractora que conducía o demandante.

Por outro lado, en canto á máis documental, requírase a parte demandante co fin de que remita ao xulgado con, polo menos, 10 días de antelación á data do xuízo a demanda de conciliación administrativa e a demanda xudicial en reclamación polo despedimento sufrido o día 29.8.2015.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días, coas formalidades legais.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cedelog, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza