Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (53/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 53/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alba Mery García Forero contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, María Dolores López Albitres ditada a sentenza de data 20.7.2017, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, deberase anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, deberá consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que, pódese asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Dolores López Albitres, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza