Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (986/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 986/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Serafín Gasamanes Buceta contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Talleres Luxana, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxo parte dispositiva expresa:

«Estimo a excepción de litispendencia alegada no presente procedemento por Serafín Gasamanes Buceta e, en consecuencia, acordo a suspensión do curso do presente procedemento ata que se dite sentenza firme nos autos que traen causa desta litis, quedando a parte demandante obrigada a poñer a devandita circunstancia en coñecemento do xulgado e a solicitar, se é o caso, a reanudación dos autos tan pronto como se verifique.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

Así, o pronuncia, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Luxana, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza