Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx. 54520

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (238/2016).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza 76/2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva literais son os seguintes:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 238/2016, seguidos por instancia de Fernando Ferro Ferro, representado polo procurador Sr. Belmonte Pose, baixo a asistencia letrada da Sra. Estévez Sáchez, contra Rosalía Uzal Aldrei, en situación de rebeldía.

Decido:

Estimar a demanda presentada polo procurador Sr. Belmonte Pose no nome e representación invocada e condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de mil douscentos sesenta e cinco euros e cincuenta e sete céntimos (1.265,57 euros) máis os xuros legais contando desde a data de interposición da demanda, e igualmente condénase a demandada a realizar no seu edificio as obras necesarias e suficientes para evitar que sigan a producirse filtracións de auga de chuvia ao edificio do demandante, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se for o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada, Rosalía Uzal Aldrei, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza