Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2017 Páx. 54660

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (IMC 11/2017-RJ).

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de impugnación de convenios 11/2017 deste tribunal, seguido por instancia da Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Deportivos de Galicia, Asnauga, Feacna contra Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Ministerio Fiscal, Confederación Intersindical Galega, Axidega, Sindicato FES-UGT sobre impugnación de convenio, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, estimando as demandas acumuladas nº 11/2017 e 13/2017 de impugnación de convenio promovidas pola Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Deportivos e Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) y Federación Española de Asociaciones de Clubes Náuticos (Feacna) contra a Asociación Empresarial de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas (Axidega) e sindicatos CIG; FES-UGT e CC.OO.; e desestimando as excepcións alegadas de falta de lexitimación activa e inadecuación do procedemento, e estimando a dita demanda, anulamos parcialmente os artigos 1 e 23 do III Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da C.A. de Galicia, en todo o que afecte as actividades náuticas e portos deportivos, deixando sen efecto a extensión do convenio ao sector de “náuticas e mariñas” que se contén no artigo 1 e declarando a nulidade das referencias relativas aos grupos profesionais da náutica e mariñas e que o citado convenio non é de aplicación aos sectores de clubs náuticos e mariñas; e condenamos os demandados Asociación Empresarial de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas, e sindicatos CIG, FES-UGT e CC.OO. a pasaren por esta declaración.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Esta sentenza será executiva desde o momento en que se dite, non obstante o recurso que contra ela se puider interpor.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, emitirase á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 facendo constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 166.3 da LRXS, este edicto para para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza