Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2017 Páx. 55234

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 206, do 30 de outubro de 2017, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 50396, no artigo 1.3.b), onde di: «b) As empresas en crise. (...) En particular, entenderase que unha peme se atopa nesta situación cando concorra algún dos seguintes supostos: (...)», debe dicir: «b) As empresas en crise. (...) En todo caso, entenderase que unha peme se atopa nesta situación cando concorra algún dos seguintes supostos: (...)».

Na páxina 50442, na alínea I.4) do punto 1.2. Préstamos IFI Industria 4.0 do anexo 1 Modalidades de préstamos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020, onde di: «I.4) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: máximo 50 puntos. 10 puntos por cada un dos ámbitos sinalados na alínea d) da memoria mencionada na letra F) do presente informe.», debe dicir: «I.4) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: máximo 50 puntos. 10 puntos por cada un dos ámbitos sinalados na alínea d) da memoria mencionada na letra F) do presente anexo.».

Na páxina 50456, na alínea I.2) do punto 1.4. Préstamos IFI Innova do anexo 1 Modalidades de préstamos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020, onde di: «I.2) Financiamento bancario do proxecto: máximo 5 puntos.», debe dicir: «I.2) Financiamento bancario do proxecto: 5 puntos.».

Na páxina 50461 no punto 5 do anexo 3 Metodoloxía de cualificación do risco de crédito, onde di:

«5. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24»

Debe dicir:

«5. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

51-65

Deficiente (B)

25-50

Mala/dificultades (CC)

0-24»