Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56268

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, pola que se fan públicos varios acordos.

En sesión do día 4 de decembro de 2017, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións formuladas fronte aos enunciados e criterios de puntuación dos exercicios.

Segundo. Que, de conformidade co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes convocados para a repetición do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015, que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que repetiron o segundo exercicio no lugar onde se realizou o dito exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. Segundo o disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Guillermo Acebal Lucía
Presidente do tribunal