Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56264

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2017 pola que se concede a renovación da acreditación do Comité autonómico de ética da investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G) e se nomean os seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

En aplicación deste decreto ditouse a Resolución do 17 de setembro de 2013 pola que se concedía a acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e se procedía ao nomeamento dos seus membros.

Non obstante, con posterioridade, publicouse o Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos, os comités de ética da investigación con medicamentos e o Rexistro Español de Estudos Clínicos, que define «Comité de ética da investigación con medicamentos» (en diante, CEIm) como o Comité de Ética da Investigación que ademais está acreditado de acordo cos termos deste real decreto para emitir un ditame nun estudo clínico con medicamentos e nunha investigación clínica con produtos sanitarios.

Atendendo a este real decreto e ao disposto na súa disposición adicional primeira, que establecía un prazo de dous anos para a acreditación como CEIm, solicitouse a renovación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia como Comité de ética da investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G).

Unha vez examinada a documentación remitida xunto coa solicitude de reacreditación, compróbase que esta se axusta ao disposto no Decreto 63/2013, do 11 de abril, así como ao disposto no capítulo IV do Real decreto 1090/2015, do 4 de decembro, de modo que a Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios emite informe favorable o 28 de novembro de 2017 e o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, unha proposta favorable para a acreditación daquel comité como CEIm-G.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto nos números 4 e 6 do artigo 5, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, así como o seu cambio de denominación a Comité de ética da investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G), a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. Establecer a sede do CEIm-G en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia as persoas que se relacionan no anexo desta resolución. O seu nomeamento leva implícito o cesamento dos membros do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Composición do Comité autonómico de ética da investigación con medicamentos de Galicia:

Secretaria:

• Paula M. López Vázquez, médica especialista en Farmacoloxía Clínica.

Vicesecretario:

• Juan Manuel Vázquez Lago, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Membros:

• Jesús Alberdi Sudupe, médico especialista en Psiquiatría. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• Rosendo Bugarín González, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• Juan Casariego Rosón, médico especialista en Cardioloxía. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

• Nuria Carballeda Feijoo, presidenta da Asociación Galega de Lupus.

• Juana M. Cruz del Río, traballadora social. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

• Juan Fernando Cueva Bañuelos, médico especialista en Oncoloxía Médica. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• José Luis Fernández Trisac, médico especialista en Pediatría. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• José Álvaro Fernández Rial, médico especialista en Medicina Interna. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• María José Ferreira Díaz, enfermeira, Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• Pilar Gayoso Diz, médica especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

• Ana Belén Cruz Valiño, licenciada en Dereito, concello da Coruña.

• Agustín Pía Morandeira, farmacéutico de Atención Primaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Salvador Pita Fernández, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• Manuel Portela Romero, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez, licenciada en Farmacia. Fundación Ramón Domínguez.

• Susana Romero Yuste, médica especialista en Reumatoloxía. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

• Diego Santos García, médico especilista en Neuroloxía, Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

• Asunción Verdejo González, médica especialista en Farmacoloxía Clínica. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

• Irene Zarra Ferro, farmacéutica especialista en Farmacia Hospitalaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.