Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56262

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, que se executará durante os exercicios 2017, 2018, 2019 e 2020.

Resolución do 7 de agosto de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios o servizo técnico cualificado para o apoio na elaboración da Estratexia galega das especies de flora e fauna ameazadas, na realización de informes sobre a flora e fauna de Galicia e na elaboración e revisión dos plans de conservación e recuperación das especies de fauna e flora ameazadas en Galicia, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (PDR).

– Actividade: traballos de apoio na elaboración da Estratexia galega de especies de flora e fauna ameazadas, na realización de informes sobre a flora e fauna de Galicia e na elaboración e revisión dos plans de conservación e recuperación das especies de fauna e flora ameazadas en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza interxubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución dos traballos encomendados comenzou o 1 de outubro de 2017 e rematará o 31 de outubro de 2020.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020, aplicación orzamentaria 07.03.541B.640.1, e é cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020 (PDR), segundo os criterios de selección de operacións, na prioridade 4, dentro da medida 7, Servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais, submedida 07.60, Estudos/investimentos vinculados ao mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio