Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56947

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado pola Resolución do 29 de maio de 2017.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, así como na Resolución do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses (BOE/DOG do 30 de xuño de 2017), esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando os postos convocados aos médicos forenses que se relacionan no anexo I.

Segundo. Decláranse desertos os postos relacionados no anexo II.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma das Illes Balears, da cidade de Ceuta e mais da cidade de Melilla, en que o prazo será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe coma se é o de destino. Cando o adxudicatario da praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo para a toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita publicación.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos aos interesados.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados competentes do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto nos artigos 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Fase de concurso

Adxudicataria

DNI

Nº de orde

Posto adxudicado

Centro de traballo

Rodríguez Martínez, María Berta

32748660H

160

XG9251820015001302.00

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección da Coruña

ANEXO II
Prazas desertas

Nº de orde

Centro de traballo

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Posto

159

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

XG9251820015001301.00

165

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

XG9251820015001307.00

166

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

XG9251820015001308.00

169

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

XG9251820015350303.00

170

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

XG9251820015350304.00

171

Instituto Medicina Legal. Dirección

Médico forense (xeneralista)

Santiago de Compostela

A Coruña

1

XG9251820015770301.00

175

Instituto Medicina Legal. Dirección

Médico forense (xeneralista)

Santiago de Compostela

A Coruña

1

XG9251820015770305.00

177

Instituto Medicina Legal. Dirección

Médico forense (xeneralista)

Santiago de Compostela

A Coruña

1

XG9251820015770307.00

178

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

XG9251820027001301.00

179

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

XG9251820027001302.00

182

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

XG9251820027001305.00

185

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

XG9251820032001303.00

186

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

XG9251820032001304.00

196

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560306.00

197

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560307.00

198

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560308.00

199

Instituto Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

XG9251820036560309.00