Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56992

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2017 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, de postos directivos entre o persoal laboral de administración e servizos.

Estando vacantes os postos da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo que se indican e considerando necesaria a súa inmediata provisión por razóns tanto funcionais como organizativas, logo de informe ás organizacións sindicais e en uso das competencias que se lle recoñecen legal e regulamentariamente.

Esta reitoría resolve convocar a provisión dos ditos postos polo procedemento de libre designación con suxeición ás seguintes bases:

Primeira. Postos

Código

Posto

Campus

Grupo

Categoría

36100 PL1390-1

Director/a dos centros de apoio á investigación

Vigo

I/II

Técnico superior de:

– Actividades do Medio Mariño

– Análise de Superficies

– Análise Instrumental

– Biotecnoloxía

– Calidade Ambiental e Histoloxía

– Cultivos Mariños

– Determinación Estrutural e Proteómica

– Microscopía Electrónica

– Teledetección

– Veterinario/a

– Xenómica

01240 PL1058-1

Director/a técnico/a da Oficina de I+D

Vigo

I/II

Técnico superior de I+D

Segunda. Requisitos dos aspirantes

1. Poderá participar nesta convocatoria o persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo encadrado nas categorías que para cada posto se relacionan na base primeira, que estean prestando servizos ou en calquera outra situación administrativa, agás os suspensos en firme.

2. O persoal en excedencia voluntaria deberá presentar xunto coa solicitude unha declaración de non ter sido separado de calquera Administración nin estar inhabilitado para o emprego público.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes, segundo o modelo que figura como anexo, deberán presentarse nos rexistros da Universidade de Vigo ou consonte o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

3. Deberase xuntar:

a) Un curriculo debidamente xustificado e comprensivo da titulación e formación, experiencia profesional e calquera outro mérito que cada candidato considere oportuno incluír.

b) Unha memoria, na cal se describa o posto e se realice unha análise das características, tarefas, requisitos, condicións e medios necesarios para desenvolvelo, aspectos que deberá poñer en relación coa súa experiencia, traxectoria profesional, formación e competencias. Tamén deberá incluír unha proposta de mellora organizativa e/ou funcional do posto e área en que se encadra, identificando os principais obxectivos que desenvolverá nos dous anos seguintes e propoñendo para cada un deles polo menos dúas accións. A extensión máxima será de 12 folios a unha cara e dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman tamaño 12 e deberá presentarse nun sobre de tamaño 36×26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación no cal apareza só a cabeceira da Universidade de Vigo. Dentro deste sobre incluirase un segundo sobre pechado coa cabeceira da Universidade de Vigo e tamén sen identificación, no que a persoa aspirante indicará os seus datos persoais (nome e DNI).

Cuarta. Resolución

1. Esta convocatoria resolverase nun prazo de dous meses, contado desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. A correspondente resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade. Unicamente a título informativo publicarase tamén na páxina electrónica (http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/internas).

2. Poderá convocarse a persoa aspirante para a realización de entrevistas que permitan deducir as súas aptitudes.

3. Poderá acordarse a non provisión de calquera posto de non considerarse idónea para o seu desempeño ningunha das persoas aspirantes.

4. A data de incorporación aos novos destinos, que terán carácter de definitivo, será fixada na resolución da convocatoria. Se implica cambio de localidade o traslado terá carácter voluntario e, por conseguinte, non xerará dereito a indemnización.

5. Os cesamentos nos postos obtidos mediante esta convocatoria poderá acordalos en calquera momento con carácter discrecional a mesma autoridade que os nomea, resultando motivación suficiente a competencia para adoptala.

Quinta. Recursos

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de decembro de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Solicitude de participación

POSTO

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

NOME

DNI

GRUPO

CATEGORÍA

CENTRO DE TRABALLO

CORREO ELECTRÓNICO

A persoa abaixo asinante solicita ser admitida á convocatoria a que se refire esta instancia e DECLARA que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e que se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

.............................................................., ....... de .................................... de 201....

(sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO