Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente DX-00418-S-2016 e cinco máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador número DX-00418-S-2016 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificantes de recepción no domicilio que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00418-S-2016

2695-GJW

Manuel Celestino García Varela

32648666M

O incumprimento, por parte do titular do vehículo, da obriga de subscribir os seguros preceptivos.

11.10.2016; 17.30; estrada Covas-Mandiá

Art. 60.f) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

0 euros

OU-01687-O-2016

3026-FMD

José Manuel Fernández Abalde

36139352G

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

28.10.2016; 10.50; A-52; 159

Art. 140.20 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT.

2.001 euros

PO-00056-O-2017

51-44-GO

Durac Ionita

Y1259262A

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 30 %

6.10.2016; 8.40; A-55; 18,0

Art. 140.23 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

3.000 euros

PO-00290-S-2017

1666-DKM

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

7.10.2016; 9.25; avenida Galicia con cmño. Xorxa

Art. 140.9 da LOTT

Art. 143.1.i) da LOTT

4.001 euros

PO-00304-S-2017

1666-DKM

M. Nuria Nieto Prego

76898811J

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.
7.10.2016; 9.25; avenida Galicia con cmño. Xorxa

Art. 140.35 da LOTT

Art. 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

XC-03102-O-2016

PO-2199-AT

José Paz Rocamonte

35382204Q

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

25.7.2016; 8.40; AC-841; 1,5

Art. 140.22 da LOTT

Art. 143.1.h) da LOTT

2.001 euros