Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58069

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de decembro de 2017 pola que se acepta unha renuncia e se declara aprobada no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, unha nova persoa aspirante.

Mediante a Resolución do 29 de novembro de 2017 (DOG núm. 233, do 11 de decembro), o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), e modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), publicou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

Unha das persoas aspirantes, incluída na relación, presentou a súa renuncia ao proceso selectivo, e o órgano convocante, de acordo co disposto na base III.12, solicitou unha relación complementaria de persoas aprobadas para o seu posible nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Unha vez recibida a dita proposta do tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Pablo Fernández Vila, con DNI 44468812Z, ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

Segundo. Declarar que a aspirante que a continuación se relaciona, e coas puntuacións que figuran, superou o dito proceso selectivo.

DNI

Apelidos e nome

1º exer.

2º exer.

3º exer.

Total

44

36121672B

Domínguez Borines, Jessica

10,00

5,00

Exenta

15,00

Segundo. Abrir o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para que presente a documentación exixida na base IV.2 da convocatoria.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda