Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58068

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de setembro de 2017 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 25 de setembro de 2017, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 43666, onde di: «I.2.2. Titulación: ter cursada a escolaridade obrigatoria requirida no sistema educativo español segundo o correspondente plan de estudos», debe dicir: «I.2.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduada/o en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación) ou equivalente».