Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58402

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo marco galego do sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Visto o Acordo marco galego do sector de transporte de viaxeiros por estrada, subscrito entre a representación empresarial conformada por Transgacar, Anetra, Fegabus e Fegatravi e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, o 2 de agosto de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,14 de decembro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acordo marco galego do sector do transporte de viaxeiros por estrada

En Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do día 2 de agosto de 2017, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnese a Mesa galega do sector de transporte de viaxeiros por estrada, integrada polas persoas que a continuación se sinalan,

Representación empresarial:

Leandro Arruti Baqueiro (Transgacar)

José Carlos García Cumplido (Transgacar)

Jesús Lurigados Veiga (Anetra)

Manuel Maneiro López (Anetra)

Eugenio Geijo Carríl (Fegabus)

Javier de Bidegaín García (Fegatravi)

Fernando Míguez Rey (Fegatravi)

Representación sindical:

Beatriz Meilán del Río (UGT)

Martín Martínez Figueiro (UGT)

Miguel A. Reboiras Casais (UGT)

Ramón Martínez Vede (UGT)

Marcos Pérez Rodríguez (CC.OO.)

Juan Pereira Miramontes (CC.OO.)

Amador González Pumar (CC.OO.)

Benigno Caride Táboas (CC.OO.)

Xesús María Pastoriza Santamarina (CIG)

Silverio Antela Alfaya (CIG)

Serafín Santos Villaverde (CIG)

Manuel J. Iglesias López (CIG)

Coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, representado por Verónica Martínez Barbero, presidenta deste, e Celso Araújo Castro, xefe do Servizo de Negociación Colectiva e Xestión de Convenios.

A Mesa galega de transporte de viaxeiros por estrada acada os seguintes acordos:

Primeiro. Pacto de subrogación

Artigo 1. Vixencia e denuncia

O presente acordo terá unha duración temporal de dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2018, e prorrogarase anualmente salvo que curse denuncia, por escrito, calquera das partes con dous meses de aviso previo. Unha vez denunciado o acordo, estará vixente integramente ata que sexa substituído por outro novo.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

O presente acordo será de aplicación para todas as empresas e traballadores do sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da Comunidade Autónoma de Galicia e, en todo caso, a todas as empresas e traballadores afectados polos convenios colectivos sectoriais dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Subrogación do persoal

1º. O previsto no presente artigo será de aplicación aos servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral, urbano ou interurbano, regular de uso especial de viaxeiros por estrada con vehículos de tracción mecánica de máis de nove prazas, incluída a de condutor, e de estacións de autobuses, prestados en réxime de contrato de xestión de servizo público ou por calquera das fórmulas de xestión indirecta de servizos públicos recollidas na Lei de contratos do sector público. E todo iso con independencia de que a empresa que preste ou vaia prestar este tipo de servizos se dedique a outra actividade de transporte, da industria ou dos servizos.

O disposto no presente acordo non prexulga a aplicación, cando cumpra, do regulado no artigo 44 do Estatuto dos traballadores no relativo á sucesión de empresas.

2º. O disposto neste acordo no relativo á sucesión e subrogación empresarial non será de aplicación nos supostos en que a empresa saínte teña o carácter de Administración pública, estatal, autonómica, local ou institucional, nin cando se trate de empresas, entes ou organismos públicos dependentes de calquera das administracións anteriormente citadas, salvo que as súas relacións laborais sexan reguladas polos acordos colectivos territoriais e/ou autonómicos do ámbito funcional do presente acordo.

3º. O presente título ten como finalidade regular a situación dos contratos de traballo dos empregados de empresas prestameiras saíntes adscritos a este tipo de transporte de viaxeiros que finalicen por transcurso do seu prazo de outorgamento, ou por calquera outra causa, e sexan obxecto dun novo procedemento de selección dun novo prestameiro do servizo (empresa entrante). O regulado no presente acordo será de aplicación igualmente nos supostos en que o servizo de transporte obxecto de licitación fose reordenado, unificado, modificado ou lle dese outra denominación a Administración titular.

4º. Para os efectos do presente artigo considérase condutor/a adscrito/a todo aquel/aquela, que realice o seu traballo de forma habitual nas rutas do servizo regular permanente ou temporal de uso xeral, urbano ou interurbano, de uso especial afectado. Non perde esta consideración o condutor/a que puntualmente poida prestar servizos de transporte diferentes a aquel a que se encontre adscrito, sempre que en termos de xornada anual, estes últimos servizos non superen o 20 % da xornada máxima ordinaria prevista no acordo colectivo, para o período avaliado, considerada proporcionalmente nos supostos de contratos a tempo parcial, nos últimos seis meses efectivamente traballados inmediatamente anteriores á data de vencemento da concesión.

5º. En relación co resto do persoal (despachadores de billetes, talleres, administración, xestión, explotación, loxística e demais departamentos ou seccións) pertencente a outras categorías ou grupos profesionais, consideraranse adscritos ao servizo, e por iso suxeitos a subrogación, aqueles empregados que desenvolvan a súa actividade, aínda que sexa en parte, no servizo afectado.

6º. En canto a dereitos de información e consultas, as empresas estarán obrigadas a entregar aos seus representantes sindicais documentación acreditativa dos traballadores e traballadoras adscritas en cada momento, a cada un dos contratos públicos que teñan adxudicadas, descritos nos números 4º e 5º anteriores. En ausencia de representación sindical, será entregado a cada traballador da empresa ao cal se lle comunique de maneira fidedigna a dita adscrición. Así mesmo, en ausencia de representación sindical nas empresas, darase traslado á comisión paritaria deste acordo da información facilitada ao Ministerio ou Administración correspondente para efectos de dotación de persoal adscrito ao contrato público, no momento en que sexa solicitada por este. Nos ámbitos sectoriais inferiores poderanse regular e exixir estes mesmos procesos ou obrigación de información e consulta.

3.1. Vinculación.

As disposicións recollidas nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas, xurídicas, técnicas e económicas que disciplinen os correspondentes procedementos concursais, polo seu carácter de normas de contratación administrativas (e aínda que recollesen previsións no relativo ao réxime de subrogación do persoal), non afectarán nin restrinxirán a eficacia e carácter vinculante do regulado no presente acordo. Se nos devanditos pregos non se recolle cláusula nin disposición relativa á subrogación nos contratos de traballo dos empregados da empresa saínte, ou se establecese a non aplicación para determinados colectivos, –ou non se fai referencia a eles ou non se mencionan–, ou establecen un número de traballadores inferior aos adscritos por aplicación do presente acordo, será igualmente vinculante en toda a súa integridade o previsto no presente acordo, pola súa natureza vinculante na orde laboral, e para os traballadores afectados pola subrogación. Tanto nun coma noutro caso, a subrogación terá carácter obrigatorio para as empresas e os traballadores afectados nos termos que se establezan nos mencionados pregos e no presente acordo, excepto resolución xudicial pola que se demostre dolo, mala fe ou unha práctica irregular na adscrición de traballadores ao contrato suxeito a cambio de operador. Para os efectos do presente artigo entenderase como «práctica irregular na adscrición» o feito de que un traballador, estando adscrito a un servizo determinado (todo iso nos termos definidos no artigo 44.4º), non sexa considerado tal ou se adscriba a un servizo diferente.

3.2. Antigüidade.

a) Cando se produza a sucesión dun novo operador de transporte por finalización, calquera que sexa a causa, do servizo de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral (urbano ou interurbano), uso especial, ou estación de autobuses, producirase a subrogación pola empresa entrante nos contratos de traballo dos empregados adscritos ao servizo, que acrediten polo menos seis meses de antigüidade no contrato da empresa saínte, e o prazo computarase na data de finalización da vixencia da concesión anterior, todo iso nos termos previstos no artigo 44 do Estatuto dos traballadores e de conformidade co regulado nos artigos seguintes, e con independencia de que o operador entrante reciba ou non os medios materiais e instalacións utilizados polo operador saínte. O servizo de transporte regular permanente de uso xeral (urbano ou interurbano), de uso especial ou temporal, considerarase como unidade produtiva e económica con entidade e autonomía propias para os efectos previstos no artigo 44.2 do Estatuto dos traballadores.

b) Non se aplicará o período de seis meses de antigüidade –e por iso quedarán afectados pola subrogación– aos traballadores da empresa saínte vinculados con contratos de substitución por xubilacións parciais, nin aos vinculados con contratos de interinidade subscritos para substituír traballadores en baixa/permiso por maternidade/paternidade, incapacidades temporais, nin a aqueles que se incorporasen para substituír baixas voluntarias, xubilacións totais, excedencias voluntarias, suspensións do contrato con reserva do posto de traballo, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou por falecemento dun traballador.

c) Tampouco operará o límite temporal dos seis meses –e por iso quedarán afectados pola subrogación– aqueles traballadores que se incorporaron ao servizo afectado no lapsus temporal comprendido entre o vencemento do anterior contrato e o inicio efectivo do seguinte, sempre que concorran de forma acumulada as seguintes circunstancias:

– Que o traballador pertenza ao mesmo grupo profesional, coa mesma ou menor antigüidade media que os restantes traballadores obxecto de subrogación do seu mesmo grupo, e o custo empresarial do traballador, en termos de xornadas equivalentes, sexa semellante ao destes últimos.

– Que o traballador, polo menos, teña unha antigüidade de dous meses inmediatamente anteriores ao inicio efectivo da prestación do servizo por parte do novo operador. Esta antigüidade mínima tampouco será exixible nos casos establecidos na letra B) anterior.

– Que se manteña constante o número total de traballadores do mesmo grupo existentes no momento do vencemento do contrato, medidos en termos de xornada, no servizo.

d) A natureza temporal, de ser o caso, dos contratos, determinada pola causa que os orixinou, non se desvirtuará polo feito de que opere a subrogación, polo que se extinguirán na data pactada neles.

3.3. Obrigacións da empresa saínte.

Sen perxuicio do dereito á subrogación dos traballadores e da obrigación de subrogación nos contratos de traballo recollida neste acordo, a empresa saínte, nos cinco días seguintes á adxudicación do servizo, subministrará á empresa entrante, en papel e en soporte informático, a seguinte documentación e información:

– Unha relación de traballadores obxecto de subrogación, con copia dos seus contratos de traballo, as seis últimas nóminas devindicadas e copia das condicións ou pactos existentes con cada un deles, de existir.

– De igual forma, entregará información do salario bruto anual, categoría, posto de traballo e grupo profesional de cada un deles, diferenciando por conceptos, tipo de contrato, antigüidade, data de obtención ou renovación do CAP, cando sexa de aplicación.

– Copia da comunicación entregada á representación dos traballadores da empresa saínte, co xustificante de recepción, sobre a adxudicación do servizo, que exprese co debido detalle a identidade do novo adxudicatario, identidade dos traballadores obxecto de subrogación e pactos escritos ou non escritos, individuais ou colectivos, existentes e comunicados á empresa entrante.

– A empresa entrante non será responsable nin asumirá as condicións laborais non reflectidas en acordos ou pactos colectivos ou individuais que non lle fosen comunicados pola empresa saínte nos termos establecidos no punto anterior, ou non se atopen incluídos no expediente administrativo de contratación. Quedarán en todo caso a salvo os dereitos e as accións extraxudiciais ou xudiciais que puidesen asistir, tanto as traballadores como á empresa entrante, por causa da defectuosa ou inexacta información e documentación achegada pola empresa saínte.

As previsións contidas no presente artigo aplícanse e son de obrigatoria observancia, exclusivamente, para as empresas saínte e entrante, e en ningún modo prexudicarán os dereitos e accións que a cada traballador, individualmente, asistan para reivindicar as súas condicións laborais, xa sexan económicas ou doutra índole.

A empresa saínte, neste trámite de información e entrega de documentación, axustarase á subministrada no expediente de licitación á Administración contratante. Se nos pregos ou no procedemento de licitación non se recolle cláusula nin disposición relativa á subrogación nos contratos de traballo dos empregados da empresa saínte, ou se establece a non aplicación para determinados colectivos, –ou non se fai referencia a iso ou non se mencionan–, ou establecesen un número de traballadores inferior aos adscritos por aplicación do presente acordo, será igualmente vinculante en toda a súa integridade o previsto no presente acordo colectivo e para os traballadores afectados pola subrogación, entendéndose por tales nese caso os traballadores definidos no artigo 2.

3.4. Obrigacións da empresa entrante.

A empresa entrante cursará a alta na Seguridade Social dos traballadores obxecto de subrogación, con efectos desde o mesmo día en que inicie de forma efectiva a prestación do servizo de que resulte adxudicataria. De ser necesaria a realización de procesos de formación ou reciclaxe para a adaptación dos traballadores subrogados aos novos sistemas de organización do servizo ou do uso dos vehículos, corresponderalle á empresa entrante.

3.5. Efectos da subrogación.

A subrogación contractual producirá efectos no ámbito laboral (obrigacións económicas e de Seguridade Social), para a empresa saínte, no día en que cese de prestar efectivamente o servizo e, para a empresa entrante, o día de inicio da prestación efectiva do servizo (ou na data da acta de inauguración do servizo levantada pola Administración concedente, de existir). Todas as obrigacións de natureza económica, sexan salariais ou extrasalariais, e de Seguridade Social, relativas aos traballadores afectados pola subrogación, serán por conta da empresa saínte ou da empresa entrante, ata e a partir das datas indicadas no presente artigo. Se os tribunais, de calquera orde, establecen en sentenza firme outro momento temporal para imputar as correspondentes obrigacións a unha ou outra empresa, observarase ao indicado nela, sen prexuízo do dereito de repetición que poida asistir a calquera delas con base nos momentos temporais aquí pactados.

Segundo. Incrementos salariais

Os incrementos salariais pactados nas mesas delegadas provinciais son os seguintes:

– A Coruña: o incremento salarial para os anos 2016 e 2017 será do 2,6 % con aplicación a todos os conceptos retributivos, con efectos do 1 de agosto de 2017, e mais un 0,4 %, con aplicación a todos os conceptos retributivos, con efectos do 31 de decembro de 2017.

– Lugo: o incremento salarial para os anos 2016 e 2017 será do 2,6 % con aplicación a todos os conceptos retributivos, con efectos retroactivos do 1 de xullo de 2017.

– Ourense: o incremento salarial será do 2,6 % con aplicación a todos os conceptos retributivos, con efectos retroactivos do 1 de xullo de 2017.

– Pontevedra: o incremento salarial será dun 3,8 % con aplicación a todos os conceptos retributivos, con efectos retroactivos do 1 de xullo de 2017.

As táboas salariais provinciais, debidamente actualizadas e asinadas polos membros desta Mesa galega, deberán remitirse para publicarse como parte do Acordo marco galego. A realización dos trámites de rexistro, depósito e publicidade ante a autoridade laboral deléganse en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais.

As centrais sindicais manifestan que a ratificación polas asembleas de traballadores e traballadoras que terán lugar hoxe, suporá:

1. A ratificación dos acordos de cada unha das mesas delegadas provinciais, e

2. A desconvocatoria definitiva da folga de ámbito galego iniciada o día 20.6.2017.

O que asinan as partes, no lugar e data enriba sinalados, ás 19.00 horas, en proba de conformidade.

Acta de sinatura das táboas salariais do Convenio colectivo de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña

Na Coruña, sendo as 17.00 horas do día 26 de setembro de 2017, reúnense nos locais de CC.OO. as persoas relacionadas a continuación para asinar as táboas salariais para o ano 2017, do Convenio colectivo de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña.

– Pola parte patronal:

Jesús Lurigados Veiga, Anetra

J. Miguel Sande Silva, Transgacar

Fátima Valiño Rodríguez, Fegatravi

Eugenio Geijo Carril, Transviac

– Pola parte social:

Manuel José Castiñeiras Calviño, UGT

Rodrigo Patiño Gago, UGT

José A. López Ferreiro, UGT

Ramón Martínez Vede, UGT

Miguel A. Reboiras Casais, UGT

José Luis Corral Mosquera, CIG

Celestino Rivas Prieto, CIG

Manuel J. Iglesias López, CIG

Xesús Má Pastoriza Santamarina, CIG

Pedro Beade Roel, CC.OO.

Eduardo Freire Pousa, CC.OO.

Acordos:

– Unha suba salarial do 2,6 %, con carácter retroactivo desde o día 1 de agosto de 2017.

– Estes novos salarios actualizaranse cunha suba do 0,4 %, con data do 31 de decembro de 2017.

– Autorizar o persoal do Consello Galego de Relacións Laborais para o seu rexistro e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, ás 18.00 horas, dáse por rematada a xuntanza.

Viaxeiros Coruña-Táboas 2016 e 2017
Subida 2,6 % do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2017
Subida 0,4 % desde o 31 de decembro de 2017 (actualización definitiva 2017)

1 ago. a 31 dec. 2017/act. a 31 de dec.

Salario base

Salario

Grupo I

Enxeñeiros e licenciados

1.199,87 €

1.204,67 €

Enxeñeiros téc. e aux.

1.035,26 €

1.039,41 €

ATS

1.006,20 €

1.010,22 €

Inspector principal

1.177,87 €

1.182,58 €

X. tráfico 1ª

1.019,84 €

1.023,92 €

X. tráfico 2ª

1.019,84 €

1.023,92 €

X. tráfico 3ª

1.019,84 €

1.023,92 €

X. Sección

1.065,31 €

1.069,57 €

X. Negociado

1.031,28 €

1.035,41 €

X. Admón. 1ª

1.099,87 €

1.104,27 €

X. Admón. 2ª

1.017,44 €

1.021,51 €

Encargado

1.006,56 €

1.010,58 €

X. servizos

1.273,31 €

1.278,40 €

X. taller

1.138,90 €

1.143,46 €

Grupo II

Inspector (salario diario)

32,34 €

32,47 €

Condutor-percerptor (salario diario)

31,89 €

32,02 €

Condutor (salario diario)

31,49 €

31,61 €

Grupo III

Cobrador (salario diario)

30,92 €

31,05 €

Vendedor de billetes

925,97 €

929,67 €

Oficial 1ª Admón.

979,61 €

983,53 €

Oficial 2ª Admón.

979,61 €

983,53 €

Auxiliar Admón.

911,27 €

914,92 €

Factores

925,97 €

929,67 €

Grupo IV

X. de equipo (salario diario)

32,35 €

32,48 €

Oficial 1ª taller (salario diario)

31,95 €

32,08 €

Oficial 2ª-3ª taller (salario diario)

30,92 €

31,05 €

Engraxador-lavacoches (salario diario)

30,92 €

31,05 €

Mozo (salario diario)

30,46 €

30,58 €

Repartidor (salario diario)

30,46 €

30,58 €

Grupo V

Garda noite/día (salario diario)

30,46 €

30,58 €

Acompañante ruta/escolar (salario diario)

30,46 €

30,58 €

Limpador/a (salario por hora)

3,42 €

3,43 €

Outros conceptos

Complemento convenio/ano

776,12 €

779,22 €

Complemento convenio/mes

64,68 €

64,94 €

Complemento consolidado

0,96 €

0,96 €

Complemento actividades complementarias

87,65 €

88,00 €

Quebrantamento moeda

33,28 €

33,41 €

Complemento compensación

76,38 €

76,69 €

Axuda de custo completa Galicia

40,45 €

40,61 €

Media axuda de custo Galicia

13,48 €

13,54 €

Axuda de custo completa fóra de Galicia

51,03 €

51,23 €

Media axuda de custo fóra de Galicia

17,01 €

17,08 €

Axuda de custo espera art. 15

2,10 €

2,11 €

Interrucpión xornada

2,55 €

2,56 €

Acta de aprobación e sinatura das táboas salariais correspondentes aos anos 2016 e 2017, do Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo

Nos locais da Asociación Provincial de Empresas de Transporte de Viaxeiros por Estrada da provincia de Lugo, sitos na Estación de Autobuses de Lugo, reúnense as persoas que a continuación se relacionan, en representación das centrais sindicais máis representativas UGT, CC.OO. e CIG e da Asociación de Empresarios, ás 17.00 horas do dia 10 de outubro de 2017,

Representación sindical:

– Eladio Romero Ares UGT

– Marcos Pérez Rodríguez CC.OO.

– Christian López Carmona CIG

Representación empresarial:

– Luis Abeledo Fernández

– Carmen Cayuela López

– Antonio López Rodríguez

Orde do día: aprobación e sinatura das táboas salariais correspondentes aos anos 2016 e 2017, do Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Derivado do Acordo marco galego, asinado con data do 2 de agosto de 2017, polo cen por cen das asociacións patronais e sindicais máis representativas a nivel galego no referente ás actualizacións salariais nas catro provincias galegas, cómpre cumprir co acordo respecto á provincia de Lugo, isto é, elaborar as táboas salariais correspondentes aos anos 2016 e 2017 (aplicables desde o 1 de xullo de 2017), cun incremento do 2,6 % en todos os conceptos salariais.

Unha vez comprobadas as táboas salariais, que se xuntan á presente acta, apróbanse por unanimidade.

Ambas as partes acordan dar traslado da presente acta ao Consello Galego de Relacións Laborais para que, na persoa que eles designen, se encargue do rexistro e publicación do presente acordo no boletín oficial correspondente.

Asinan a presente acta as persoas asistentes á xuntanza, que representan as organizacións asinantes do convenio colectivo de referencia, ás 17.30 horas da data reflectida no encabezamento.

Trasporte Lugo

2015

2017

Diario

Mensual

Anual

Diario

Mensual

Anual

Grupo I

Xefe de servizo

1.534,63

23,019,45

1.574,53

23.617,96

Inspector principal

1.367,77

20.516,55

1.403,33

21.049,98

Enxeñeiro e licenciado

1.425,15

21.377,25

1.462,20

21.933,06

Enxeñeiro técnico

1.138,39

17.075,85

1.167,99

17.519,82

ATS

1.058,40

15.876,00

1.085,92

16.288,78

Grupo II

Xefe de Sección

1.173,09

17.596,35

1.203,59

18.053,86

Xefe de Negociado

1.103,54

16.553,10

1.132,23

16.983,48

Oficial 1ª

1.046,39

15.695,85

1.073,60

16.103,94

Oficial 2ª

1.003,46

15.051,90

1.029,55

15.443,25

Auxiliar administrativo

997,83

14.967,45

1.023,77

15.356,60

Grupo III

Xefe de estación de 1ª

1.207,88

18.118,20

1.239,28

18.589,27

Xefe de estación de 2ª

1.161,50

17.422,50

1.191,70

17.875,49

Xefe de administración 1ª

1.210,57

18.158,55

1.242,04

18.630,67

Xefe de administración 2ª

1.161,50

17.422,50

1.191,70

17.875,49

Xefe de administración

1.119,45

16.791,75

1.148,56

17.228,34

Vendedor de billetes

978,38

14.675,70

1.003,82

15.057,27

Factor

32,99

15.010,45

33,85

15.400,72

Encargado de consigna

978,38

14.675,70

1.003,82

15.057,27

Repartidor de mercadoría

32,45

14.764,75

33,29

15.148,63

Mozo

32,45

14.764,75

33,29

15.148,63

Xefe de tráfico de 1ª

1.216,52

18.247,80

1.248,15

18.722,24

Xefe de tráfico de 2ª

1.161,50

17.422,50

1.191,70

17.875,49

Xefe de tráfico de 3º

1.115,14

16.727,10

1.144,13

17.162,00

Inspector

35,28

16.052,40

36,20

16.469,76

Condutor

35,1

15.970,50

36,01

16.385,73

Condutor perceptor

35,1

15.970,50

36,01

16.385,73

Cobrador

32,64

14.851,20

33,49

15.237,33

Encargado xeral de 1ª

1.207,88

18.118,20

1.239,28

18.589,27

Encargado xeral de 2ª

1.161,50

17.422,50

1.191,70

17.875,49

Encargado almacén

1.115,16

16.727,40

1.144,15

17.162,31

Engraxador lavacoches

32,46

14.769,30

33,30

15.153,30

Guarda de día

32,46

14.769,30

33,30

15.153,30

Guarda de noite

32,46

14.769,30

33,30

15.153,30

Mozo de taller

1.207,88

18.118,20

1.239,28

18.589,27

Encargado 1ª

1.207,88

18.118,20

1.239,28

18.589,27

Encargado 2º

1.161,50

17.422,50

1.191,70

17.875,49

Engraxador

32,46

14.769,30

33,30

15.153,30

Mozo de servizo

32,46

14.769,30

33,30

15.153,30

Grupo IV

Xefe de taller

1.253,04

18.795,60

1.285,62

19.284,29

Encargado

1.101,83

16.527,45

1.130,48

16.957,16

Encargado almacén

1.036,67

15.550,05

1.063,62

15.954,35

Xefe de equipo

36,75

16.721,25

37,71

17.156,00

Encargado xeral

1.080,89

16.213,35

1.108,99

16.634,90

Oficial 1ª condutor

35,61

16.202,55

36,54

16.623,82

Oficial 2ª

34,12

15.524,60

35,01

15.928,24

Oficial 3ª

33,01

15.019,55

33,87

15.410,06

Mozo de taller

32,14

14.623,70

32,98

15.003,92

Aprendiz

SMI

Grupo V

Cobrador de facturas

972,81

14.592,15

998,10

14.971,55

Telefonista

972,81

14.592,15

998,10

14.971,55

Porteiro

972,81

14.592,15

998,10

14.971,55

Vixilante

972,81

14.592,15

998,10

14.971,55

Recepcionista

32,64

14.851,20

33,49

15.237,33

Limpidor/a

4,44 €/hora

4,56

Auxiliar en ruta

23,98

10.910,90

24,60

11.194,58

2015

2017

Complemento presencia

103,48

106,17

Complemento transporte

43,77

44,91

Axuda de custo completa serv. regulares

37,94

38,93

Detalle.

2015

2017

Comida

11,93

12,24

Cea

11,93

12,24

Pernoita

14,08

14,45

Axuda de custo completa serv. discreción

69,98

71,80

Detalle.

2015

2017

Comida

20,05

20,57

Cea

20,05

20,57

Pernoita

29,80

30,57

Axuda de custo estranxeiro (escp. Porto)

90,47

92,82

2015

2017

Comida

27,14

27,84

Cea

27,14

27,84

Pernoita

36,21

37,15

Quebrantamento moeda:

2015

2017

Manexo fondos ata 1.502,53

24,68

25,32

Manexo fondos desde 1.502,54

27,04

27,74

Acta da comisión delegada da provincia de Ourense

En Ourense, ás 17.00 horas do 10 de outubro de 2017, reúnese na Confederación Empresarial de Ourense, sita na praza das Damas, 1, a comisión delegada de ámbito provincial creada pola Mesa galega do sector de transporte de viaxeiros por estrada, para asinar o acordo acadado o pasado día 31 de xullo para aplicar as táboas do Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Ourense. Asisten:

Parte empresarial:

Orencar

Orentras

Asoc. Provincial de Viaxeiros
por Estrada de Ourense

Jesús Vázquez Piña
DNI 34960511-M

Julio Álvarez Álvarez
DNI 34995855-K

Manuel Maneiro López
DNI 33218912-N

Parte social:

UGT

UGT

CC.OO.

José Cachaldora Álvarez
DNI 34951480-J

Rogelio Cibeira Fernández
DNI 34951480-J

Amador González Pumar
DNI 34950897-M

O día 31 de xullo, as organizacións comparecentes chegaron ao acordo de incrementar desde o 1 de xullo, todos os conceptos salariais do Convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Ourense na contía do 2,6 %. En cumprimento do antedito acordo, asinan a actualización dos conceptos salariais resultante de aplicar esta porcentaxe.

Táboa salarial (que se aboará desde o 1 de xullo de 2017)

Grupos e categorías profesionais

Salario base

Gratificación actividade

Grupo I. Persoal superior e técnico

Xefe/a de servizo

1.157,76 €

4,87

Enxeñeiros/as e licenciados/as

1.136,90 €

4,87

Enxeñeiro/a técnico e aux. titulado/a

1.062,68 €

4,87

ATS

1.062,68 €

4,87

Xefe/a de Sección

851,16 €

4,87

Xefe/a de Negociado

847,85 €

4,87

Oficial de 1ª

844,25 €

4,87

Oficial de 2ª

822,20 €

4,87

Auxiliar administrativo

827,06 €

4,87

Aspirante

827,06 €

4,87

Grupo III. Persoal de movemento

Xefe de estación 1ª

851,17 €

4,87

Xefe de estación 2ª

839,70 €

4,87

Xefe de administración 1ª

851,16 €

4,87

Xefe de administración en ruta

844,25 €

4,87

Empregado despacho billetes

839,68 €

4,87

Factor

839,68 €

4,87

Grupo IV. Transporte de viaxeiros en autobuses e microbuses

Xefe de tráfico de 1ª

851,17 €

4,87

Xefe de tráfico de 2ª

851,17 €

4,87

Xefe de tráfico de 3ª

839,69 €

4,87

Inspector

27,51 €

4,87

Condutor-chofer

27,51 €

4,87

Condutor-perceptor

27,51 €

4,87

Cobrador

27,51 €

4,87

Grupo V. Persoal de servizos de talleres e auxiliares

Xefe/a de taller

851,32 €

4,87

Encargado/a contramestre

840,02 €

4,87

Encargado/a xeral

840,02 €

4,87

Encargado/a almacén

840,02 €

4,87

Xefe/a de equipo

27,75 €

4,87

Auxiliar en ruta

22,09 €

4,87

Oficial de 1ª

27,75 €

4,87

Oficial de 2ª

27,48 €

4,87

Oficial de 3ª

26,92 €

4,87

Condutor/a mecánico

27,88 €

4,87

Mozo de taller

26,78 €

4,87

Aprendiz de primeiro ano

lexislación

aplicable

Aprendiz de 2º ou 3º ano

lexislación

aplicable

Grupo VII. Persoal subalterno

Cobrador de facturas

811,93 €

4,87

Telefonista

811,93 €

4,87

Porteiro/a

811,93 €

4,87

Vixilante

811,93 €

4,87

Limpador/a

811,93 €

4,87

Artigo 29. Axudas de custo

Servizos regulares, regulares especiais e líneas: a axuda de custo completa é de 33,52 euros desagregadas da seguinte forma:

Comida: 11,17 euros.

Cea: 10,30 euros.

Pernoita: 12,03 euros.

Servizos discrecionais: a axuda de custo completa para todo o territorio español e Portugal é de 43,01 euros, desagregados da seguinte forma:

Comida: 12,90 euros.

Cea: 12,90 euros.

Pernoita: 17,21 euros.

– Para o estranxeiro salvo Portugal, a axuda de custo completa é de 60,22 euros.

Artigo 38. Gratificación polo transporte de correos: 0,41 euros

Por último, os asinantes delegan en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, para que realice os trámites e xestións oportunos, para o depósito, rexistro e publicación deste acordo.

Acta de sinatura das táboas salariais do Convenio colectivo de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra

En Vigo, ás 17.30 horas do día 20 de setembro de 2017, reúnense nos locais de UGT as persoas relacionadas a continuación para asinar as táboas salariais para o ano 2017 do Convenio colectivo de viaxeiros por estrada da provincia de Pontevedra.

Pola parte patronal:

Alejandro Cuíña Souto

52498328T

Apotrans

Leandro Arruti Baqueiro

76820804E

Pontecar-Transgacar

Fidel Martínez Gil

34626070F

Anetra

Celso Rodríquez Reñones

36102782G

Fegatravu

Pola parte social:

Miguel Ángel Reboiras Casais

33293821X

UGT

Enrique Iglesias Pazos

35279037G

UGT

Carlos Díaz Álvarez

34250039A

UGT

Benigno Caride Táboas

36031548R

CC.OO.

Domingo Cruces Souto

36036677R

CC.OO.

José Luis Castro Rúa

34939883P

CC.OO.

Carlos Martínez Lamosa

35299021R

CIG

Silverio Antela Alfaya

35561133M

CIG

Acordos:

– Unha suba salarial do 3,8 % con carácter retroactivo desde o 1 de xullo de 2017

– Autorizar o persoal do Consello Galego de Relacións Laborais para o seu rexistro e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, ás 18.00 horas dáse por finalizada a reunión.

Viaxeiros Pontevedra-Táboas 2016 e 2017
Aplicables desde o 1 de xullo de 2017
Suba 3,8 %

Salario base

Grupo I

Persoal superior e técnicos

Subgrupo A)

I. Xefe de servizo

1.436,89 €

II. Inspector principal

1.257,26 €

Subgrupo B)

I. Enxeñeiros e licenciados

1.319,02 €

II. Enxeñeiros técnicos e aux. titulados

1.010,32 €

III. Axudantes técnicos sanitarios

920,56 €

Grupo II

Persoal administrativo

I. Xefe de Sección

1.099,02 €

II. Xefe de Negociado

1.020,52 €

III. Oficial de primeira

950,79 €

IV. Oficial de segunda

871,47 €

V. Auxiliar administrativo

826,62 €

Grupo III

Persoal de movemento

Subgrupo A) Estacións ou administracións:

Sección 1ª. Persoal de estacións:

Clase 1ª

I. Xefe de estación de primeira

1.085,20 €

II. Xefe de estación de segunda

1.035,23 €

Clase 2ª

I. Xefe de administración de primeira

985,37 €

II. Xefe de administración de segunda

844,21 €

Clase 3ª

I. Xefe de administración en ruta

844,21 €

II. Vendedores de billetes

844,21 €

III. Factor

844,21 €

IV. Encargado de consigna

844,21 €

V. Repartidor de mercadorías (salario diario)

28,01 €

VI. Mozo (salario diario)

28,01 €

Subgrupo C) transporte de viaxeiros en autobuses e trolebuses interurbanos. Subgrupo D) Transporte de viaxeiros en autobuses urbanos:

I. Xefe de tráfico de primeira

1.085,20 €

II. Xefe de tráfico de segunda

1.035,23 €

III. Xefe de tráfico de terceira

985,37 €

IV. Inspector (salario diario)

31,18 €

V. Condutor (salario diario)

31,04 €

VI. Condutor-perceptor (salario diario)

31,04 €

VII. Cobrador (salario diario)

26,43 €

VIII. Azafata

850,66 €

Grupo IV

Persoal de talleres

I. Xefe de taller

1.189,30 €

II. Encargado ou contramestre

1,018,54 €

III. Encargado xeral

995,02 €

IV. Encargado de almacén

956,64 €

V. Xefe de equipo (salario diario)

34,02 €

VI. Oficial de primeira (salario diario)

32,69 €

VII. Oficial de segunda (salario diario)

31,29 €

VIII. Oficial de terceira (salario diario)

30,06 €

IX. Mozo de taller (salario diario)

26,83 €

X. Traballadores en formación

Segundo artigo 36 convenio

Grupo V

Persoal subalterno

I. Cobrador de facturas

788,04 €

II. Telefonista

788,04 €

III. Porteiro

788,04 €

IV. Vixilante

788,04 €

V. Limpadora (salario por hora)

3,11 €

VI. Mozo de 16 e 17 anos

SMI segundo idade

Outros conceptos

Axuda de custo Galicia completa

43,99 €

Detalle:

11,99 €

Comida

11,99 €

Cea

20,01 €

Pernoita

Axuda de custo territorio nacional e Portugal

52,80 €

Detalle:

Comida

14,40 €

Cea

14,40 €

Pernoita

24,00 €

Axuda de custo resto países europeos

96,77 €

Detalle:

Comida

26,39 €

Cea

26,39 €

Pernoita

44,01 €

Axuda de custo adicional art. 12 (por día)

3,57 €

Axuda de custo almorzo art. 12

3,16 €

Complemento distancia (por día efectivo)

0,91 €

Axuda de custo adicional art. 14

3,27 €

Quebrantamento de moeda

1,11 €

Complemento de circulación

2,02 €

Complemento art.15

33,72 €