Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 58925

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

A programación para a medida Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos 32 ao 35 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP, e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader). Os citados artigos regulan o desenvolvemento local participativo a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (en diante, GDR).

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado mediante a Decisión de Execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), prevé na ficha correspondente á medida 19 (Leader) a tramitación de subvencións a través das estratexias de desenvolvemento local elaboradas polos GDR.

Neste contexto, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Local (en diante, a Agader), mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016 publica o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Ao abeiro das bases reguladoras citadas no parágrafo anterior, mediante Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 16 de novembro de 2016, seleccionáronse 24 estratexias de desenvolvemento local presentadas por outras tantas asociacións que obtiveron o recoñecemento de GDR como entidades colaboradoras da Agader na xestión da medida Leader.

A colaboración entre a Agader e os GDR na xestión da medida Leader regúlase, conforme o previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG. DOG núm. 121, do 25 de xuño), mediante o convenio de colaboración que o Consello da Xunta autorizou o 5 de agosto de 2016 e as partes asinaron o 13 de decembro de 2016.

Por outra parte, mediante o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 29 de decembro de 2016, aprobáronse as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e publicáronse mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017).

As bases reguladoras sinaladas no parágrafo anterior establecen as regras para a xestión das axudas correspondentes tanto á submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) como á submedida 19.4 (custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial) da medida Leader.

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras anteriores e refírese unicamente ao importe dispoñible na submedida 19.2 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2018 e 2019.

Por outra banda, a Orde do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo VII no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo con esa normativa, a tramitación anticipada poderá chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso do gasto. Todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento da orde citada enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da aprobación desta convocatoria.

O 19 de outubro de 2017 o Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, no que está consignado crédito, a favor da submedida 19.2 do PDR, por importe de 15.260.000,00 €.

Deste crédito previsto para a anualidade 2018, o 50 % del, un total de 7.630.000,00 €, destinarase ao financiamento da convocatoria bianual de proxectos Leader 2017-2018. Por tanto, inclúese na presente convocatoria bianual de proxectos Leader 2018-2019 o 50 % restante do crédito dispoñible, un total de 7.630.000,00 €.

Con respecto á anualidade 2019, está previsto un gasto de 9.908.970,00 €.

Desde o punto de vista da normativa de axudas de estado, conforme o previsto no capítulo VII (fichas de elexibilidade) das bases reguladoras que rexen esta convocatoria, esta amparárase na seguinte normativa:

a) No Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, e

b) No Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Esta convocatoria de axudas está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %.

O Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013, publicado mediante a Resolución do director xeral da Agader do 24 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto), delegou na persoa titular da Dirección Xeral da Agader a competencia para realizar esta convocatoria.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación antipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2018 e 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).

2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 29 de decembro de 2016, e se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017).

3. O código do procedemento que corresponde a esta convocatoria é MR701D.

Artigo 2. Financiamento

1. O financiamento desta convocatoria no ano 2018 será de 7.630.000,00 € con cargo ás aplicacións orzamentarias da Agader 13.A1.712A.7600, 13.A1.712A.7700 e 13.A1.712A.7810 (aplicación orzamentaria 13.04.712A.732.09 da Consellería do Medio Rural, proxecto 2016-00221 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural).

Para atender os compromisos derivados desta convocatoria con cargo á anualidade 2019, prevese un importe de 9.908.970,00 €, que se imputarán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia da citada anualidade 2019.

A concesión de subvencións ao abeiro desta convocatoria está sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

2. No marco da medida 19 (Leader), submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local), do PDR de Galicia 2014-2020, o crédito indicado está cofinanciado nun 75 % polo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da LSG e o artigo 30 do Regulamento da dita lei, que se aprobou mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), debéndose publicar no DOG o aludido incremento de contía.

4. A distribución dos importes para as anualidades 2018 e 2019 sinálanse, globalmente e por cada un dos GDR, nos anexos I e II, respectivamente, desta convocatoria.

5. En relación cos importes consignados no citado anexo II, no que se recolle a distribución económica por GDR, cómpre sinalar que os ditos importes poderán ser obxecto de redistribución entre os distintos GDR nos supostos de non rexistrarse solicitudes suficientes nalgún ou nalgúns GDR ou se a calidade dos proxectos presentados neles non acadase a puntuación mínima exixida para ser subvencionables.

Artigo 3. Solicitudes de axuda

1. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación previstos no artigo 9 das bases reguladoras ás que está sometida esta convocatoria.

2. Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

3. Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2018.

Artigo 4. Execución e xustificación dos investimentos

A data límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será a que estableza cada unha das resolucións de concesión de axuda, no marco do calendario xeral previsto nas bases reguladoras.

Artigo 5. Devolución de axudas

Conforme o previsto no artigo 64 do regulamento da LSG, os beneficiarios poderán devolver voluntariamente na conta da entidade financeira Abanca núm. ES19 2080 0388 2831 1000 1396, as axudas percibidas. No concepto da transferencia indicarase «Devolución da convocatoria Leader 2018-19» e mais o «Nº de expediente».

Disposición adicional primeira. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo:

https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader).

d) De xeito presencial, na Agader (Lugar da Barcia, 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Agader.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para a xestión da convocatoria

O director xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición derradeira terceira. Eficacia da convocatoria

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I
Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 de Leader (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local). Aplicacións-proxectos da convocatoria 2018-2019

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2018:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento inicial GPT

Orzamento inicial Feader

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7600

2016 00001

1.907.500,00 €

1.430.625,00 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7700

2016 00001

4.959.500,00 €

3.719.625,00 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7810

2016 00001

763.000,00 €

572.250,00 €

Total

7.630.000,00 €

5.722.500,00 €

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2019:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento Inicial GPT

Orzamento inicial Feader

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7600

2016 00001

2.477.242,50 €

1.857.931,88 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7700

2016 00001

6.440.830,50 €

4.830.622,88 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7810

2016 00001

990.897,00 €

743.172,75 €

Total

9.908.970,00 €

7.431.727,51 €

ANEXO II
Distribución por GDR para o financiamento da submedida 19.2 de Leader
(apoio para a realización de operacións conforme a estratexia
de desenvolvemento local)

Convocatoria 2018-2019

Número e nome do GDR

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Suma anualidades 2018 e 2019

GDR 01: Terras de Miranda

278.567,66

361.771,77

640.339,43

GDR 02: Terra Chá

370.536,91

481.210,89

851.747,80

GDR 03: Montes e vales orientais

431.381,93

560.229,44

991.611,37

GDR 04: Comarca de Lugo

283.041,43

367.581,79

650.623,22

GDR 05: Miño Ulla

324.698,13

421.680,74

746.378,88

GDR 06: Ribeira Sacra

406.098,17

527.393,79

933.491,96

GDR 07: Valdeorras

330.137,56

428.744,85

758.882,40

GDR 08: Sil Bibei Navea

420.721,75

546.385,22

967.106,97

GDR 09: Monteval

319.860,05

415.397,60

735.257,65

GDR 10: A Limia Arnoia

354.628,64

460.551,05

815.179,69

GDR 11: Adercou

283.041,43

367.581,79

650.623,22

GDR 12: Carballiño Ribeiro

301.819,75

391.968,92

693.788,67

GDR 13: Condado Paradanta

278.567,66

361.771,77

640.339,43

GDR 14: Baixo Miño

281.702,08

365.842,39

647.544,47

GDR 15: Pontevedra Morrazo

291.323,57

378.337,69

669.661,26

GDR 16: Pontevedra Norte

343.968,46

446.706,83

790.675,29

GDR 17: Salnés Ulla Umia

278.567,66

361.771,77

640.339,43

GDR 18: Deloa

278.567,66

361.771,77

640.339,43

GDR 19: Terras de Compostela

278.567,66

361.771,77

640.339,43

GDR 20: Ulla Tambre Mandeo

302.339,09

392.643,38

694.982,47

GDR 21: Ordes

279.816,05

363.393,03

643.209,07

GDR 22: Costa da Morte

315.295,31

409.469,43

724.764,74

GDR 23: Mariñas Betanzos

292.662,93

380.077,09

672.740,02

GDR 24: Seitura 22

304.088,45

394.915,25

699.003,71

Importes totais

7.630.000,00 €

9.908.970,00 €

17.538.970,00