Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2096

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2018 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 73, na disposición adicional, onde di: «Nestes supostos, o cómputo das mensualidades que lle corresponden percibir iniciarase no exercicio 2018, e o resto das regras rexerase para o cálculo da contía polo disposto no artigo 6.1 da antedita Resolución do 24 de marzo de 2017», debe dicir: «Nestes supostos, o cómputo das mensualidades que lle corresponden percibir iniciarase no exercicio 2018, e o resto das regras rexerase para o cálculo da contía polo disposto no artigo 6.1 da Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo».