A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, englobando as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
No ámbito do sector agrícola, gandeiro, forestal e agroalimentario teñen unha importante relevancia na procura do desenvolvemento rural as accións de programación, coordinación e impulso da innovación e investigación e a innovación tecnolóxica, así como as accións de formación, información e transferencia tecnolóxica ao sector e a adopción dos resultados da investigación agroforestal e agroalimentaria.
Nun contexto dunha crecente competencia, é importante velar para que estes sectores poidan aproveitar oportunidades de mercado mediante enfoques amplos e innovadores. Con este fin debe fomentarse a cooperación entre os agricultores e demais interesados.
Por outra banda, O Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, aprobou o programa Impulsa Lugo e o programa Impulsa Ourense, respectivamente, nos cales se establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos. Dada a situación económica actual en que as provincias de Lugo e Ourense se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas e proxectos de inversión existentes, considérase fundamental que a Consellería do Medio Rural, a través das súas liñas de axuda, prime dalgún modo as iniciativas investidoras implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e favorecer o reequilibrio territorial.
Por iso, establécese na presente orde como criterio de prioridade o feito de que as actuacións se desenvolvan en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas de acordo ás definicións recollidas no Regulamento (CE) 1257/1999; ao estar incorporados a estas case que a totalidade dos concellos destas dúas provincias.
As axudas para a execución dos proxectos de grupos operativos (en diante, GO) da Asociación Europea da Innovación (AEI) convocáronse amparadas no Regulamento (UE) núm. 1305/2013 relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Feader, e en concreto, no artigo 35 de cooperación, así como demais normativa comunitaria sobre axudas do Estado. E enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, medida 16, submedidas 16.1 e 16.20., aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.
Estas axudas, baixo a submedida 16.12, en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal, terán un efecto directo sobre a área focal 3A establecida no PDR 2014-2020: Mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrarios, promoción en mercados locais e en circuítos de distribución curtos, agrupacións e organizacións de produtores e organizacións interprofesionais.
Ao mesmo tempo, terán efectos secundarios sobre as áreas focais:
– 2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados, e en particular, o relevo xeracional.
– 5B: uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de produtos agrarios.
– 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.
O artigo 1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), sobre a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións poderán iniciarse sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, aínda cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia que corresponda ao exercicio orzamentario en que se vaia materializar a contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Ademais, o artigo 3.3 estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada aos expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas da Unión Europea ou de ámbito estatal ditada en desenvolvemento ou transposición dela e existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das correspondentes medidas.
En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de aplicación.
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2018. O seu código de procedemento é MR331B.
Polo tanto, con base no establecido na presente orde financiaranse proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI seleccionados, cubrindo os gastos derivados da súa execución. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.
Artigo 2. Definicións
Para os efectos de aplicación do establecido nesta orde relaciónanse as seguintes definicións:
1. Asociación europea da Innovación (AEI): é o marco onde atopan acomodo as iniciativas de innovación en materia de sustentabilidade e produtividade agraria. A estrutura instrumental da AEI articúlase arredor da rede europea que fai posible a conexión de grupos operativos, servizos de asesoramento e investigadores. Os seus obxectivos defínense no artigo 55.1 do Regulamento (UE) 1305/2013, do 17 de decembro.
2. Grupo operativo: agrupación constituída como principal vehículo, orientado á identificación de problemas concretos ou oportunidades nos sectores agroalimentario e forestal, a partir dos que se xeren iniciativas innovadoras que dean resposta e solucións a esas dificultades ou oportunidades detectadas, sempre no ámbito dos obxectivos da AEI. O grupo operativo estará formado por un mínimo de dous actores interesados.
3. Axente de innovación: persoa ou organización coa que pode contar un grupo operativo que busca e pon en contacto os actores idóneos para levar a cabo un proxecto innovador, sen ter, necesariamente, que estar involucrado tecnicamente. As súas tarefas poden incluír, entre outras, a asistencia para perfilar e concretar a idea do proxecto, a busca de fontes de financiamento ou a preparación da solicitude de financiamento, a posta en marcha do proxecto ou a divulgación dos resultados. O axente de innovación pode ser unha entidade integrada dentro do grupo operativo ou ben unha persoa ou entidade contratada por este.
4. Representante do grupo operativo: membro do grupo operativo designado por este, que actúa como solicitante da axuda e representante do grupo ante a Administración.
5. Proxecto de innovación: é aquel que ten como propósito xerar ou adaptar, dominar e utilizar unha tecnoloxía nova nunha área xeográfica, nun sector ou subsector produtivo ou nun campo específico do sector agroforestal. Esta tecnoloxía nova deberá representar un avance significativo fronte ás tecnoloxías utilizadas nesas áreas xeográficas, sector/subsector produtivo ou campo específico no que se pretenda innovar, e permitirá a quen o desenvolva a súa mellora.
6. Tipos de innovación tecnolóxica: pode ser de produtos (bens ou servizos) ou de procesos (de produción ou de xestión). A innovación de produtos dáse cando se introduce no mercado un produto novo ou significativamente mellorado nas súas características técnicas. A innovación de procesos dáse cando se implanta un proceso novo ou mellorado significativamente, o que pode suceder a través do cambio nos equipos e instalacións, na organización da produción ou en ambos.
Artigo 3. Membros do grupo operativo e beneficiarios das axudas
1. Membros do grupo operativo.
a) Segundo a redacción do artigo 35 do Regulamento 1305/2013, do 17 de decembro, na iniciativa de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores.
b) Os grupos operativos estarán formados polo menos por unha entidade relacionada coa produción agrícola ou forestal, incluídas as entidades interprofesionais do sector. Terá preferencia a participación dun centro de innovación, investigación ou tecnolóxico de natureza pública ou privada.
c) Poderán incorporar tamén entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal, entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais, ou outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.
d) Os grupos operativos terán ámbito autonómico, entendendo por iso que o proxecto presentado desenvolverase na Comunidade Autónoma de Galicia e estará destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario galego.
e) Os grupos operativos contarán con procedementos internos que garantan a transparencia no seu funcionamento, a toma de decisións e eviten conflitos de intereses.
f) Un dos membros do grupo operativo actuará como representante e asumirá a xestión económica do proxecto e a plena responsabilidade fronte á Administración a efectos de pagamentos, reembolsos e recuperacións.
g) A relación entre os socios quedará reflectida nun convenio de colaboración no que se comprometan a permanecer no grupo durante o período de execución do proxecto, o dito documento porase á disposición da Administración que conterá como mínimo os seguintes puntos:
• Datos identificativos dos membros integrantes do grupo operativo: nome, enderezo, teléfono, correo electrónico e persoa de contacto.
• Obxecto do acordo, que terá como contido formalizar as relacións entre os membros, o funcionamento interno e a designación do coordinador do grupo operativo.
• Datos da idea do proxecto innovador que se vai realizar, incluíndo, polo menos, título, finalidade, sector ou subsector no que se vai desenvolver, e os resultados esperados.
• Contribución dos membros ao grupo operativo e ás actividades asignadas a cada un.
• Os membros do grupo operativo acordarán que o coordinador do grupo regule as actividades e estea autorizado a representar ás partes nas relacións con terceiras persoas, no relativo ás actividades conxuntas do grupo.
• Dereitos e obrigas dos membros.
• Responsabilidade dos membros.
• Confidencialidade. Cada membro comprométese a protexer toda a información obtida deste acordo ou relacionada con este, e mantela de forma confidencial.
• Duración, vixencia, modificación e remate do acordo.
• Xustificación da idoneidade de cada unha das entidades que forman o grupo operativo para a execución do proxecto proposto.
h) Os grupos operativos deberán difundir os resultados dos seus proxectos polas vías que se consideren oportunas e obrigatoriamente a través da rede da Asociación Europea da Innovación (AEI), que ten como obxectivos os recollidos no artigo 57 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
i) Un grupo operativo non poderá presentar máis dun proxecto, e este será o obxecto da súa constitución.
j) Deberá xustificarse, así mesmo, para todos e cada un dos membros ou compoñentes do grupo operativo a súa idoneidade e o papel que vai desenvolver na execución do proxecto proposto por ese grupo operativo.
A idoneidade dos distintos membros ou compoñentes do grupo operativo acreditarase en función da súa actividade económica e/ou a súa experiencia na materia e/ou na documentación constitutiva da entidade.
2. Beneficiarios das axudas.
a) Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente orde os membros dos grupos operativos da AEI constituídos para o efecto do desenvolvemento dun proxecto innovador ao abeiro das presentes bases reguladoras.
b) Para esta liña de axuda, pode haber varios beneficiarios por proxecto en función da súa implicación e de acordo co convenio de colaboración subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de beneficiarios por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.
c) Para poder ter condición de beneficiarios, deben estar formando parte do grupo operativo constituído, coa única finalidade de executar o proxecto para o que se presenta a esta convocatoria. Deberán achegar o documento constitutivo do grupo operativo debidamente asinado co compromiso de cada un dos compoñentes.
d) Poderán ser beneficiarios os membros do grupo operativo que teñan a condición de:
1º. Entidades ou persoas físicas relacionadas coa produción agrícola ou forestal, incluídas as entidades interprofesionais do sector.
2º. Centros de innovación, investigación ou tecnolóxicos de natureza pública ou privada.
3º. Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
4º. Entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais ou outras entidades asesoras con intereses recoñecidos no ámbito rural.
5º. Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.
Artigo 4. Requisitos dos beneficiarios
1. As entidades/persoas beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Divulgar os resultados do proxecto, en particular a través da rede da AEI.
2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 5. Actividades subvencionables
1. As áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación serán as seguintes:
a) Xestión sustentable dos recursos naturais.
• Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados. Centrados nas áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandaría de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).
• Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sustentable de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto, no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e a súa valorización como fertilizantes.
• Xestión dos recursos hídricos agrícolas, en particular nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sustentable e eficiente na rega de cultivos, control de canais e prevención de inundacións.
• Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes), co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.
• Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.
• Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.
• Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sustentables e con reducido impacto ambiental.
b) Sistemas agrarios de produción.
• Aumento da sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúese o desenvolvemento e obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.
• Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto a súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular á seca, malas herbas e axentes patóxenos.
• Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sustentable en sanidade vexetal.
• Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.
• Mellora da competitividade e sustentabilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para a alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.
• Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sustentabilidade dos sistemas de produción agraria.
• Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.
c) Cadea agroalimentaria.
• Tecnoloxías para asegurar e mellorar a calidade, seguridade e a autenticidade na cadea alimentaria.
• Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
• Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.
d) Bioeconomía.
• Custos de produción dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.
• Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisións en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sustentable.
• Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sustentabilidade e competitividade da agricultura galega.
• Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidas especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.
e) Aplicación das TIC ao sector.
f) Outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sustentabilidade e innovación agrícola e forestal.
2. A duración máxima da iniciativa de cooperación será de tres anualidades e a duración mínima de dúas anualidades.
Artigo 6. Gastos subvencionables
– Poderán subvencionarse os custos directos vinculados aos proxectos aprobados. Así mesmo serán elixibles os gastos derivados da posta en marcha do proxecto e do funcionamento do grupo operativo durante o tempo necesario para o desenvolvemento das súas funcións vinculadas ao proxecto seleccionado para o seu financiamento ou divulgación de resultados. En particular, gastos de infraestruturas estritamente necesarias para o desenvolvemento dos proxectos, equipamento e material inventariable, gastos de funcionamento, subministración e material funxible, gastos de persoal investigador ou auxiliar, custo de colaboracións externas e outros custos indirectos nas condicións establecidas polo artigo 68 do Regulamento (UE) 1303/2013.
– Tamén serán subvencionables os gastos de funcionamento do grupo operativo directamente ligados coas tarefas de coordinación para a execución do proxecto, así como os custos derivados do seguimento do proxecto, transferencia e difusión dos resultados.
As axudas previstas nesta orde para a implantación e desenvolvemento de proxectos destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o que se concederon, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan.
1. Custos directos:
a) Custo de persoal. Os gastos debidos á imputación de custos de persoal técnico propio que participe no proxecto calcularanse atendendo aos seguintes importes por hora traballada e para cada categoría laboral. Os ditos importes subvencionables serán os que resultan de dividir as cantidades seguintes entre 1.750 horas, cun máximo anual equivalente á suma total establecida para cada categoría:
• Titulado superior: 32.000 euros anuais.
• Titulado medio: 27.000 euros anuais.
• Técnico de FP de grao superior: 22.000 euros anuais.
• Categorías laborais distintas das anteriores: 18.000 euros anuais.
b) Custo de execución. Serán subvencionables os gastos debidamente xustificados encadrados nas seguintes categorías:
1º. Material inventariable:
– Adquisición de equipos e equipamento estritamente necesarios para a realización da actuación, na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Se o material inventariable se vai poder utilizar despois do remate do proxecto, só se considerarán subvencionables os custos de amortización que corresponda á duración do proxecto, calculados mediante o método lineal e considerando un nulo valor residual do referido material. No caso de adquisición de equipos de segunda man, deberán respectarse as condicións do artigo 13, letra b), do Regulamento delegado (UE) 807/2014, debendo, ademais, achegar certificado do taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.
– Adquisición de fondos bibliográficos relacionados coa actividade.
2º. Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.
3º. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados. Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades, diferentes á acción de cooperación proposta, que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias e consultarías externas. Non se admitirán servizos tecnolóxicos externos realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo. As actividades que van desenvolver cada un dos membros do grupo operativo na iniciativa de cooperación non se considerará como un servizo tecnolóxico externo.
4º. Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
5º. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas, nas contías establecidas pola normativa vixente que regula as indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e Resolución do 29 de decembro de 2005, da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou normativa que a substitúa).
6º. Gastos relacionados coa organización de xornadas ou edición de material de difusión (publicacións, webs, asistencia a congresos ou feiras e visitas recibidas con relación ao proxecto).
7º. Custos derivados do alugamento de equipos, instalacións ou predios destinados á realización das actuacións.
8º. Custos derivados da divulgación e transferencia de resultados, así como aqueles relativos á protección dos resultados (rexistro de patentes incluído).
9º. Gastos derivados da contratación dun axente de innovación. Non se admitirán estes gastos se son realizados por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial de calquera dos membros do grupo operativo.
2. Custos indirectos. En aplicación do previsto no artigo 68.1.b) do Regulamento UE 1303/2013, o custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.
3. Colaboracións dos socios do grupo operativo indicados no punto 3 do artigo 3 desta orde. O custo da colaboración poderá incluír calquera dos conceptos sinalados no punto 1 deste mesmo artigo. A documentación acreditativa do gasto e pagamento será exixible aos gastos de persoal, respecto dos que, ademais da certificación e dos partes de traballo, deberá xuntarse ao expediente a documentación correspondente (nóminas, xustificante de pagamento das retribucións, dos gastos da SS, da retención do IRPF, etc.).
Non se admitirán colaboracións externas realizadas por empresas ou sociedades pertencentes ao mesmo grupo empresarial que calquera dos membros do grupo operativo.
4. Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
5. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable. Será preciso comprobar a xustificación por parte dos beneficiarios de non suxeición ou exención do imposto emitida pola AEAT mediante a presentación da documentación oportuna.
6. En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos á investigación básica ou fundamental nin os relativos á investigación independente.
7. Non serán subvencionables proxectos de procesos de transformación nin de industrias agroalimentarias.
Artigo 7. Contía das axudas
A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización que se establecen no artigo 17.
As axudas á execución de proxectos de grupos operativos da AEI serán do 100 % dos custos subvencionables, establecéndose un importe máximo por solicitude de 100.000 euros.
A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. A contía máxima por beneficiario non poderá exceder os 100.000 euros .
Os proxectos poderán desenvolverse como máximo ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2018, e poderán ter unha duración inferior sempre e cando sexa así formulado na solicitude de axuda.
No anexo I desta orde deberá especificarse os orzamentos propostos para cada anualidade durante a cal se desenvolverá o proxecto. Os orzamentos do proxecto por anualidades seguirá a seguinte repartición en relación ao orzamento total do proxecto: primeira anualidade como máximo un 35 %, segunda anualidade como máximo un 35 % e terceira anualidade a porcentaxe restante ata chegar ao 100 %. Esta repartición non se refire aos orzamentos de cada beneficiario, que farán a distribución dos seus orzamentos consonte a execución das súas tarefas no proxecto que teñan asignadas e que se reflectirán na memoria científico-técnica do proxecto.
Para proxectos de dúas anualidades, a contía máxima será de 100.000 euros repartidos cun máximo do 45 % na primeira anualidade, e o orzamento restante na segunda anualidade.
Artigo 8. Financiamento das axudas
1. O financiamento das iniciativas de cooperación seleccionadas ao abeiro desta convocatoria imputarase á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0, con código do proxecto 201600417, por un valor total de 2.855.378,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 1.000.000,00 € en 2018, 1.000.000,00 € en 2019 e 855.378,00 € na anualidade 2020.
2. Poderanse utilizar outros remanentes que puidesen existir doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos na mesma aplicación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A dita aplicación orzamentaria poderá ser incrementada con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma de Galicia. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade deste como consecuencia das circunstancias sinaladas, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
3. As axudas están financiadas con fondos Feader nun 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 2,5 %.
Artigo 9. Aplicación da normativa comunitaria sobre axudas públicas
As axudas a proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do Tratado, concederanse ao abeiro do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1). Neste caso, o importe total das axudas de minimis que poderán recibir as entidades solicitantes non superará o importe de 200.000 € nun período de tres anos. Para comprobar o cumprimento deste requisito, os solicitantes incluídos neste suposto deberán presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais no momento de presentar a solicitude e cando se solicite o pagamento da axuda, tal e como se indica nos artigos 13 e 21, respectivamente, da presente orde.
Artigo 10. Compatibilidade das axudas
As axudas reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra axuda que, co mesmo fin, concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido, en relación coa concorrencia doutras axudas amparadas no réxime de minimis e en relación coa incompatibilidade desta axuda con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 59.8 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013, sen que, en ningún caso, o importe das axudas acumuladas poida superar o custo total do proxecto.
Artigo 11. Órgano responsable da tramitación
O órgano responsable da instrución dos expedientes das axudas contempladas nesta orde será a Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal.
Artigo 12. Obriga de relacionarse electronicamente
Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.
No caso de persoas físicas, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 14.3 da Lei 39/2015, en relación co artigo 31.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.
Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse a través de medios electrónicos, nos termos previstos nestas bases reguladoras.
Artigo 13. Presentación das solicitudes
1. As solicitudes estarán dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación Forestal e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 3 e 4 da presente orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas teñan que realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A través da carpeta do cidadán, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán relacionarse coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o seu estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados con indicación do seu contido, así como a data en que foron ditados.
Artigo 14. Reformulación das solicitudes
Cando o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada poderase instar ao beneficiario a que proceda á reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.
Unha vez que a solicitude, de ser o caso, teña a conformidade da comisión de valoración, remitiráselle o actuado ao órgano competente para que dite resolución.
En calquera caso a reformulación das solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos na presentes bases reguladoras.
Artigo 15. Documentación complementaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Declaración na que se faga constar as axudas obtidas pola entidade solicitante, as que estean en fase de solicitude e as que se teña previsto solicitar de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, en relación co proxecto (anexo I), e declaración na que se faga constar as axudas obtidas polas restantes entidades beneficiarias participantes no grupo operativo, as que estean en fase de solicitude e as que se teña previsto solicitar de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, en relación co proxecto (anexo II).
b) No caso de solicitar axuda para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito Tratado (ver anexo 1 da presente orde) deberase presentar unha declaración sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais por parte da entidade solicitante (anexo I), e por parte de cada unha das restantes entidades beneficiarias (anexo II).
c) Declaración do responsable do solicitante de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da condición de beneficiario de subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo I), e declaración dos responsables das restantes entidades beneficiarias de non estar incursas en ningunha das prohibicións para a obtención da condición de beneficiario de subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo II).
d) Memoria cega do proxecto na que se fará, segundo os puntos do anexo III, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia deste. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación nas que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá por ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes, o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).
e) Relación do persoal participante no proxecto, e unha estimación das horas de dedicación ao proxecto (anexo IV).
f) Certificación do responsable de persoal de cada membro do grupo operativo indicando a tradución do curriculum vitae dos integrantes do equipo traducido ao recollido na letra b do artigo 17.1 (anexo IV).
g) Curriculum vitae de todos os membros de cada entidade participantes na acción de cooperación, que recolle os criterios da letra b do artigo 17.1 desta orde (anexo V/anexo VI, segundo proceda).
h) Memoria científico-técnica para todas as actividades dos membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (anexo VII), na que conste:
1º. Un resumo do proxecto que inclúa a descrición da contribución ao obxectivo da AEI de potenciar a produtividade e a xestión sustentable dos recursos.
2º. Unha introdución na que se presente a situación actual do tema no que se vai traballar na iniciativa de cooperación e xustificación da execución da acción e o proxecto que se propón.
3º. Obxectivos do proxecto que incluirá argumentos que avalen a innovación.
4º. Metodoloxía usada no proxecto.
5º. Plan de traballo no que se inclúan as actividades que se van realizar por cada unha das partes que colaboran e o seu desenvolvemento temporal, e cronograma que cómpre desenvolver no tempo de execución do proxecto onde se establecerán os obxectivos finais que se deberán conseguir.
6º. Plan de divulgación dos resultados, que se fará polas vías que considere oportunas o grupo operativo (detallarase o alcance da publicación autonómica, nacional ou internacional), e obrigatoriamente a través da rede da Axencia Europea da Innovación (AEI).
7º. Referencias bibliográficas utilizadas na redacción do proxecto.
8º. Beneficios que poidan derivarse do proxecto, dende o punto de vista da súa repercusión económica, social e tecnolóxica.
9º. Orzamentos do custo total do proxecto e o correspondente a cada unha das entidades beneficiarias do grupo operativo que colaboran neste, especificando a contía subvencionable de cada parte, con detalle dos diferentes conceptos de gasto especificados no artigo 6 desta orde. No caso de incluír no orzamento material inventariable ou prestación de servizos tecnolóxicos por empresas de consultaría ou asistencia técnica, o sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polas entidades na solicitude da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os solicitantes das axudas deberán achegar coa solicitude tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, os solicitantes achegarán unha memoria xustificativa.
i) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias participantes no proxecto (anexo VIII).
j) Convenio ou acordo de colaboración, que reflicta a relación e compromisos entre os membros do grupo operativo, asinado polos seus correspondentes representantes.
k) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.
l) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar o convenio de colaboración de cada membro do grupo operativo.
m) Declaración responsable ou copia dos estatutos fundacionais de cada un dos membros do grupo operativo beneficiarios da axuda no que se recolla o obxecto social ou actividade económica en relación o artigo 3 punto 2.d) da presente convocatoria.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non obstante o disposto no número 1 deste artigo, a presentación da seguinte documentación considerarase mínima imprescindible para a tramitación das solicitudes:
a) Solicitude da axuda cos datos identificativos da iniciativa do proxecto e das entidades participantes (anexo I).
b) Datos, declaracións e consentimentos das entidades beneficiarias (anexo II).
c) Memoria cega do proxecto na que se fará, segundo os puntos do anexo, a descrición do proxecto, diagnose da situación, necesidade detectada, obxectivos, resultados esperados, impacto sobre os usuarios potenciais da innovación e relevancia deste e a súa contribución ao obxectivo da AEI. Ademais, sinalaranse as áreas prioritarias de actuación nas que se encadra a iniciativa de cooperación. Nesta memoria non se poderá por ningún nome propio ou dato identificativo do persoal nin das entidades participantes, o feito de non cumprir esta condición será causa de inadmisión da solicitude (anexo III).
d) Relación do persoal participante no proxecto, e unha estimación das horas de dedicación ao proxecto (anexo IV).
e) Certificación do responsable de persoal de cada membro do grupo operativo indicando a tradución do curriculum vitae dos integrantes do equipo traducido ao recollido na letra b do artigo 17.1 (anexo IV).
f) Memoria científico técnica con todos os seus puntos cubertos, na cal se describan todas as actividades dos membros do grupo operativo na acción de cooperación (anexo VII).
g) Xustificación detallada do custo da participación no proxecto de cada unha das entidades beneficiarias participantes no proxecto (anexo VIII).
h) Declaración xurada ou copia dos estatutos fundacionais de cada un dos membros do grupo operativo beneficiarios da axuda no que se recolla o obxecto social ou actividade económica en relación o artigo 3 punto 2.d) da presente convocatoria.
Non serán admitidas aquelas solicitudes que non presenten a antedita documentación debidamente cumprimentada e asinada, ou se derive ausencia desta información.Nestes casos emitirase resolución de inadmisión.
6. No suposto de que a solicitude, no referente á documentación non incluída no punto 5 deste artigo, non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase ao solicitante para que nun prazo de dez días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao de acceso ao requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixese, terase por desistido da súa petición, e procederase ao arquivo das actuacións despois da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Artigo 16. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE, cando se trate dun empresario individual.
b) NIF, se se trata dunha persoa xurídica.
c) Certificación de estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificación de estar ao corrente de pago cos Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao corrente de pago coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e anexo II, segundo proceda, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 17. Avaliación das solicitudes
Para a avaliación das solicitudes presentadas teranse en conta os seguintes criterios de puntuación:
1. Idoneidade dos compoñentes do grupo operativo (valoración máxima 90 puntos):
a) Proxectos de cooperación que se desenvolvan en colaboración con entidades públicas ou privadas que teñan acreditada a investigación no seu obxecto social e/ou o seu fin principal, centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos, en función da porcentaxe que supoña o custo das actividades desenvolvidas por estes centros sobre o custo total da iniciativa de cooperación.
1º. Porcentaxe ata 15 % (1 punto).
2º. Porcentaxe de máis de 15 % ata 17 % (4 puntos).
3º. Porcentaxe de máis de 17 % ata 19 % (6 puntos).
4º. Porcentaxe de máis de 19 % ata 21 % (8 puntos).
5º. Porcentaxe de máis de 21 % ata 23 % (10 puntos).
6º. Porcentaxe de máis de 23 % ata 25 % (14 puntos).
7º. Porcentaxe superior ao 25 % (20 puntos).
b) Proxectos nos que participen directamente os consellos reguladores (5 puntos).
c) Proxectos nos que participen directamente cooperativas ou asociacións agrogandeiras e/ou forestais legalmente constituídas (2 puntos por cooperativa ou asociación participante ata un máximo de 10 puntos).
d) Proxectos nos que participen centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos que teñan como actividade principal e/ou finalidade constitutiva a investigación e/ou innovación agroforestal (máximo 25 puntos):
1º. Participación de 1 centro público (15 puntos).
2º. Participación de 2 ou máis centros públicos (25 puntos).
e) Actividades do centro de investigación ou tecnolóxico co sector (máximo 15 puntos):
1º. Actividades de transferencia ao sector (5 puntos).
2º. Actividades de asesoramento ao sector (10 puntos).
f) Proxectos nos que participan directamente produtores primarios (15 puntos)
2. Calidade técnica dos equipos e membros do grupo operativo (valoración máxima 145 puntos):
a) Calidade técnica dos membros do centro de investigación ou centro tecnolóxico participantes na acción de cooperación: ata 65 puntos.
1º. A composición do equipo deberá ser a idónea para a execución do proxecto e estará en consonancia co seu desenvolvemento. Este feito deberá xustificarse co perfil profesional de cada compoñente e a falta de xustificación será causa de exclusión.
1º.1. Coordinador do equipo con titulación de terceiro ciclo ou doutor (4 puntos).
1º.2. Persoal técnico del equipo:
1º.2.1. Por membro con titulación de terceiro ciclo ou doutor (3 puntos ata un máximo de 6 puntos).
1º.2.2. Por membro con titulación universitaria de segundo ciclo ou equivalente (2 puntos ata un máximo de 6 puntos).
1º.2.3. Por membro con titulación universitaria primeiro ciclo ou equivalente (1 punto ata un máximo de 5 puntos).
1º.3. Persoal de campo e servizos:
1º.3.1. Por membro con titulación de técnico superior ou equivalente (1 punto ata un máximo de 4).
1º.3.2. Por membro con titulación de técnico medio ou equivalente (1 punto ata un máximo de 3).
1º.3.3. Outros (1 punto hasta un máximo de 2).
2º. Por membro en formación máximo 10 puntos:
2º.1. 2 puntos por membro ata un máximo 6 puntos.
2º.2. Se, ademais, é muller 2 puntos ata un máximo de 4 puntos.
3º. Por participación en proxectos I+D+i: 1 punto por membro e proxecto ata un máximo de 15 puntos.
4º. Por experiencia nos temas a tratar: 1 punto por proxecto de temática similar ata un máximo de 10 puntos.
b) Calidade técnica dos demais membros do grupo operativo participantes na acción de cooperación (ata 80 puntos):
1º. Por persoal que participa no proxecto con titulación universitaria relacionada coa temática do proxecto: 5 puntos ata un máximo de 20 puntos. No caso de ser muller ou mozo/a menor de 41 anos: 1 punto por persoa ata 5 puntos máximo.
2º. Por persoal que participa no proxecto con titulación técnica de formación profesional: 3 puntos ata un máximo de 15 puntos. No caso de ser muller ou mozo/a menor de 41 anos: 2 puntos por persoa ata 10 puntos máximo.
3º. Por persoal de campo necesario para o desenvolvemento do proxecto que sexa muller o mozo/a (menor de 41 anos): 2 puntos ata un máximo de 10 puntos.
4º. Por participación activa en accións de transferencia tecnolóxica: 1 punto por acción e membro ata un máximo de 10 puntos.
5º. Participación en proxectos de I+D+I no sector agrario ou forestal e/ou experiencia temática na iniciativa do proxecto das entidades participantes no grupo operativo: 1 punto por proxecto ou experiencia e entidade ata un máximo de 4 puntos.
6º. Para produtores primarios por ano traballado no sector onde se pretende desenvolver o proxecto: 1 punto por ano ata un máximo de 6 puntos.
3. Calidade técnica da proposta (valoración máxima 45 puntos).
a) Formulación do proxecto (ata un máximo de 20 puntos):
1º. Claridade. Obxectivos e fitos claros e específicos (5 puntos)
2º. Medible. Fins e beneficios cuantificables (5 puntos)
3º. Realista. Pódese acadar o/s obxectivo/s cos recursos e capacidades a disposición do grupo operativo (5 puntos).
4º. Realizable. Cronograma do proxecto ben estruturado e pautado (5 puntos).
Para poder ser seleccionado, o proxecto deberá obter un mínimo de 15 puntos neste punto.
b) Proxectos que impliquen a movilización directa de terras: 10 puntos.
c) Proxectos que promovan directamente a conservación e melloras ambientais: 10 puntos.
d) Proxectos correspondentes á área da produción de enerxías renovables de orixe agroforestal: 5 puntos.
4. Alcance e impacto previsto da acción de cooperación (valoración máxima 120 puntos).
a) Conservación e mellora do medio (10 puntos).
b) Revalorización dos produtos agrarios e forestais (15 puntos).
c) Redución do consumo e da dependencia enerxética (10 puntos).
d) Redución dos custos de produción (15 puntos).
e) Impacto do proxecto na produtividade e sustentabilidade (20 puntos).
f) Solicitude presentada por unha entidade que teña a súa sede social nun dos concellos das zonas desfavorecidas definidas na medida 13 do PDR 2014-2020 (20 puntos).
g) Usuarios potenciais da innovación proposta (ata un máximo de 20 puntos):
1º. Unha área ou sector produtivo/económico (5 puntos).
2º. Dúas áreas ou sector produtivo/económico (10 puntos).
3º. Tres áreas ou sector produtivo/económico (15 puntos).
4º. Catro ou máis áreas ou sector produtivo/económico (20 puntos).
h) Ámbito ou alcance do Plan de divulgación (ata un máximo de 10 puntos):
1º. Plan de divulgación no ámbito autonómico (5 puntos).
2º. Plan de divulgación no ámbito autonómico e estatal (8 puntos).
3º. Plan de divulgación no ámbito autonómico, estatal e europeo (10 puntos).
A puntuación total de cada unha das solicitudes presentadas será a suma das diversas puntuacións obtidas neste punto.
A solicitude para poder ter acceso á axuda deberá alcanzar un limiar mínimo de puntuación, que se corresponderá co 30 % da puntuación máxima total que se poda alcanzar no procedemento de valoración. A puntuación máxima teórica atribuíble a unha solicitude será de 400 puntos e mínima de 120 puntos, e deberá obter como mínimo 15 puntos no punto de formulación do proxecto para poder ser seleccionado.
As solicitudes serán ordenadas en orde decrecente segundo a puntuación obtida na valoración. En caso de empate se resolverá segundo as solicitudes obtivesen maior puntuación nos criterios e orde seguintes:
1. Impacto previsto da acción de cooperación.
2. Calidade do proxecto proposto.
3. Composición do grupo operativo.
A axuda adoptará a forma de subvención anual, convocada en réxime de concorrencia competitiva, segundo as bases reguladoras establecidas para o efecto.
A selección das solicitudes en función dos criterios establecidos nesta submedida será realizada a través dunha comisión de valoración, nomeada para os efectos polo órgano competente. A actuación da dita comisión como órgano colexiado estará suxeita ao establecido na Lai 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
A través desta operación financiarase a execución dos proxectos innovadores da AEI mediante a convocatoria pública de bases reguladoras en concorrencia competitiva.
Artigo 18. Resolución e notificacións
1. A resolución da concesión das axudas corresponderalle ao director xeral de Ordenación Forestal, por delegación da conselleira do Medio Rural, logo da avaliación das solicitudes por unha comisión. A dita avaliación conterá unha relación priorizada dos proxectos que se propoñen para ser financiados co seu correspondente orzamento, acompañada dunha relación dos proxectos avaliados positivamente en lista de espera e a relación dos proxectos que se consideran non financiables.
1.1. A avaliación das solicitudes e determinación da contía da axuda será realizada por unha comisión. Para avaliar as solicitudes a comisión aplicará os criterios expostos no artigo 17. A Comisión só terá en consideración aquela documentación susceptible de valoración que sexa presentada no momento da solicitude. Para determinar a contía da axuda a cada beneficiario, a comisión aplicará a metodoloxía que se recolle no artigo 7 desta orde. A dita comisión actuará como un órgano colexiado constituído polos seguintes membros:
a) Presidente: a subdirectora xeral de Formación e Innovación Agroforestal, ou a persoa na que delegue.
b) Secretario: un funcionario da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, nomeado polo director xeral, que actuará con voz e voto.
c) Vogais: tres funcionarios nomeados, dous da Consellería do Medio Rural e un terceiro vogal da Axencia Galega de Innovación, por proposta da director/a da Axencia, que serán nomeados polo mesmo director xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.
A comisión de avaliación poderá solicitar a colaboración de expertos científico-técnicos externos, de recoñecida experiencia nas áreas correspondentes ás propostas presentadas, co fin de informar da idoneidade dos respectivos proxectos solicitados.
2. A resolución deberá ser notificada aos beneficiarios de forma individualizada de acordo co previsto nos artigos 40 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita notificación deberá informar os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e que se enmarca dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, medida 16, submedida 16.12, prioridade 1, fomentar a transferencia de coñecemento e a innovación na agricultura, na silvicultura e zonas rurais.
2.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
2.3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
2.4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da presente convocatoria será de catro meses contados, a partir do día seguinte ao da publicación da mesma. De non mediar resolución expresa no devandito prazo, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.
4. A Dirección Xeral de Ordenación Forestal poderá solicitar calquera aclaración ou documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.
5. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para eses efectos, a presentación da solicitude de axuda implica a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda. Cando o solicitante denegue expresamente o seu consentimento, deberá presentar a certificación nos termos previstos no artigo 20.3 da Lei de subvencións.
6. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.
7. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
Artigo 19. Modificación da resolución
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Poderase acordar a modificación da concesión por instancia do beneficiario, sempre que se presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación das actividades obxecto de subvención, que nestas axudas coincide co prazo para a súa realización, e se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.
b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.
c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.
3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director xeral de Ordenación Forestal por delegación da conselleira do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia ao interesado.
Artigo 20. Aceptación e renuncia
Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, o interesado comunicará expresamente a súa aceptación ou renuncia á subvención transcorridos dez días hábiles desde a notificación desta, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.
A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o director xeral de Ordenación Forestal, por delegación da conselleira, ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.
Artigo 21. Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
1. Reintegrar as cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.
2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e, a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) núm. 809/2014.
3. Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013.
4. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.
5. Todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan ao abeiro desta orde, deberán levarse a cabo de acordo co anexo III do Regulamento UE 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento UE 1305/2013, e co disposto na estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia. O beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:
a) O emblema da Unión.
b) Unha referencia á axuda do Feader.
Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:
a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión Europea.
b) No caso de operacións non comprendidas no punto a (obras de infraestruturas ou construción que se beneficien dunha axuda pública total de importe superior a 500.000 euros), atenderase ás seguintes obrigas:
As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros, en función da operación financiada, colocarán, polo menos, un panel coa información sobre a operación (de tamaño mínimo A3), onde se destaque a axuda financeira recibida pola Unión Europea, nun lugar visible para o público.
Cando a operación no marco dun PDR dea lugar a un investimento, que reciba unha axuda pública total superior a 50.0000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa coa información sobre o proxecto, na que se destacará a axuda financeira da Unión (anexo 2 desta orde).
Os carteis, paneis ou placas e sitos web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.
Artigo 22. Pagamento das subvencións
1. A entidade solicitante centralizará toda a información financeira e xustificativa do proxecto, e será a encargada da presentación da xustificación da execución do proxecto ante a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.
2. As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 31 de outubro na anualidade 2018, e 1 de outubro nas anualidades 2019 e 2020, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.
A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.
3. As solicitudes de pagamento (anexo IX modelo A) presentaranse acompañadas dos seguintes documentos:
a) Un resumo da execución da subvención no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (co IVE excluído e desagregado) e a data de cada un dos xustificantes agrupados por entidade participante e por conceptos de gastos (anexo IX modelo B).
b) Documentación acreditativa da realización dos gastos correspondentes ás actividades subvencionadas, que consistirá nas facturas e os seus correspondentes xustificantes de pagamento mediante transferencia bancaria. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento das obrigas de facturación.
Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.
Considérase admisible o pagamento en metálico nos seguintes supostos e condicións:
1º. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 euros, neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, na cal se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación acompañará a factura preceptiva.
2º. Para gastos de escasa contía que non superen os 300 euros, admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor na que figure a expresión “recibín en metálico”.
3º. As excepcións recollidas nos puntos anteriores non serán aplicables aos pagamentos efectuados directamente pola Administración a provedores, que deberán xustificarse mediante a achega dalgún dos documentos indicados na letra b) deste punto.
c) De acordo co establecido no artigo 24 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas axudas ao desenvolvemento rural, os controis administrativos das solicitudes de axuda incluirán, entre outras cousas, a moderación dos custos propostos, que se avaliará mediante un sistema adecuado de avaliación. O sistema que se empregará para a moderación dos custos propostos polos beneficiarios na xustificación da axuda será a comparación de ofertas diferentes. Para tal fin, os beneficiarios das axudas deberán achegar coa xustificación:
1º. Tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
2º. Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Pola diversidade dos gastos subvencionables nestas axudas e polo seu carácter innovador, e naqueles casos de custos de pouca contía, poderase substituír o sistema de comparación de ofertas diferentes pola referencia a prezos de mercado ou a bases de datos de prezos.
Malia o anterior, segundo o recollido no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano xestor poderá comprobar en calquera dos tres sistemas de moderación o valor de mercado dos gastos.
3º. Todas as ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
i) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
ii) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme aos criterios e requisitos sinalados neste punto.
d) No caso de custo de persoal con destino específico ao proxecto, deberá achegarse:
1º. Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ao proxecto que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome e apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa e custo proporcional imputado ao proxecto (retribucións + Seguridade Social), segundo as horas dedicadas por cada traballador mensualmente ao proxecto (anexo IX modelo C e anexo IX modelo D).
2º. Nóminas, así como do xustificante de pagamento (transferencias bancarias), TC1 e TC2 e ingreso do Imposto sobre a renda das persoas físicas (modelo 111).
e) No caso de gastos de viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto deberá achegarse unha certificación das viaxes realizadas, xunto coa documentación acreditativa da realización do gasto (anexo IX modelo E).
f) Certificación expedida pola entidade bancaria en que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.
g) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 18.000 euros, constituirase unha garantía mediante seguro de caución prestado pola entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao da finalización do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras ou na convocatoria.
A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas, calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria. Para o pagamento final da última anualidade non é necesaria a presentación da dita garantía.
Poderán exonerarse os beneficiarios de garantía, logo da autorización do Consello da Xunta, segundo o recollido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) No caso dos gastos dos centros públicos de investigación e centros tecnolóxicos que colaboran coa entidade solicitante será suficiente para xustificar o gasto a emisión dunha única factura onde se reflictan os diferentes conceptos de gasto, debidamente conformada polo responsable da xestión económica e do persoal do centro. Todo iso sen prexuízo da obriga de dispoñer dos correspondentes xustificantes orixinais de execución do gasto, de acordo co especificado nas letras a) ao e) do presente artigo no momento de emisión da factura, para os efectos de calquera comprobación ou auditoría.
Todos os datos incluídos nos dous documentos anteriores, agás cando explicitamente se indique, formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.
i) Presentarase anualmente un informe parcial dos resultados, en formato normalizado, no cal se reflectirán os datos do nivel de execución do proxecto (anexo IX modelo F).
j) Cando se trate da última anualidade achegarase, ademais dun informe final de resultados en formato normalizado (anexo IX modelo G) asinado por todos os membros do grupo operativo, unha memoria en formato libre na que se detallará o desenvolvemento científico-técnico do proxecto así como os resultados obtidos.
4. Segundo o recollido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste capítulo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme lei, correspondan.
Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección, de acordo co artigo 46.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Para efectuar o pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución (anexo IX modelo H). Así mesmo, cando a axuda fose concedida para a realización de proxectos relativos a operacións non reguladas polo artigo 36 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, é dicir, aquelas nas cales o produto final non estea incluído no anexo I do dito tratado deberase presentar unha declaración complementaria sobre as axudas de minimis percibidas nos tres últimos anos fiscais pola entidade beneficiaria (anexo IX modelo I).
6. Segundo o recollido nos artigos 31.5, 33.2 e 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos coa aceptación da axuda, a cantidade desta que finalmente teña que percibir o beneficiario ou, se é o caso, o importe que vai reintegrar virá determinada pola aplicación dos criterios de graduación que deberán responder ao principio de proporcionalidade.
Artigo 23. Control
1. A Consellería do Medio Rural fará as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e do Regulamento (UE) núm. 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.
Así mesmo, segundo o previsto no artigo 30 da Lei 7/2009, procederase á comprobación material do investimento polo órgano concedente a aquelas subvencións de capital superior de 60.000 €, no seu cómputo individual, destinados a investimentos tanxibles.
Ademais do seguimento baseado nos informes finais recibidos, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal poderá facer un seguimento técnico do proxecto mediante a presenza in situ do persoal técnico nomeado para este fin. O seguimento poderá avaliar o grao de cumprimento das accións propostas, así como o plan de traballo previsto en cada etapa do proxecto e os datos e resultados derivados do proxecto.
2. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:
a) A acción finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.
b) Os custos contraídos e os gastos realizados.
3. A entidade beneficiaria someterase aos procedementos de comprobación e control financeiro das accións de cooperación subvencionadas por parte da Consellería do Medio Rural, o órgano pagador do Feader, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias comunitarias de control.
4. Seralles de aplicación ás axudas contempladas nesta orde o referido ao réxime de controis, reducións e exclusións reguladas no Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural.
A contía da subvención que se pagará calcularase con base no que resulte subvencionable durante os controis administrativos da xustificación e a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario.
O organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables de acordo co seguinte:
a) O importe que pode concederse ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento.
b) O importe que pode concederse ao beneficiario tras os controis da solicitude de pagamento.
Se o importe establecido en virtude da letra a) supera o importe establecido en virtude da letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción ao importe establecido en virtude da letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre os dous importes citados, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.
Non obstante, non se aplicará ningunha sanción se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.
Artigo 24. Recursos
1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Artigo 25. Incumprimento, reintegros e sancións
1. A normativa comunitaria de aplicación será Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e o Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e a modificación realizada a esta, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.
2. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde ou dos obxectivos da actividade subvencionada, a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención, a obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen, o incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado ou de calquera outra administración pública, así como as demais circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, constituirán causas determinantes de reintegro da subvención polo beneficiario, xunto cos xuros de demora.
3. Aos beneficiarios das subvencións seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previstas na citada Lei 9/2007.
4. En caso de pagamento indebido o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se lle engadirá, de ser o caso, os xuros calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de sesenta días, e a data de reembolso ou dedución.
Artigo 26. Transparencia e bo goberno
1. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.
2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.
2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 27. Lexislación de aplicación
En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) núm. 1305/2013, do Feader, e nos regulamentos (UE) 809/2014, (CE) 1303/2013, (UE) 807/2014, (UE) 808/2014, Regulamento de execución (UE) 2017/1242, da Comisión que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento e do Consello no que refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.
Artigo 28. Datos de carácter persoal
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderase exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal
Disposición adicional primeira. Marco programático da orde
As axudas reguladas na presente orde forman parte do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, polo que a presente convocatoria e as súas bases deben axustarse ao contido do programa.
Disposicional adicional segunda. Bases de datos de subvención
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvención, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
Disposición final primeira. Habilitación para a aplicación
Autorízase ao director xeral de Ordenación Forestal para ditar as instrucións necesarias que permitan a aplicación desta orde.
Disposición final segunda. Entrada en efecto
Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural
ANEXO 1
Lista prevista no artigo 32 do Tratado Constitutivo
da Comunidade Europea (anexo I do Tratado)
1 |
2 |
Partidas da nomenclatura de Bruxelas |
Denominación dos produtos |
Capítulo 1 |
Animais vivos |
Capítulo 2 |
Carnes e refugallos comestibles |
Capítulo 3 |
Peixes, crustáceos e moluscos |
Capítulo 4 |
Leite e produtos lácteos; ovos de ave; mel natural |
Capítulo 5 |
|
05.04 |
Tripas, vexigas e estómagos de animais (distintos dos de peixe), enteiros ou en anacos |
05.15 |
Produtos de orixe animal non expresados nin comprendidos noutras partidas; animais mortos dos capítulos 1 ou 3, impropios para o consumo humano |
Capítulo 6 |
Plantas vivas e produtos da floricultura |
Capítulo 7 |
Legumes, plantas, raíces e tubérculos alimenticios |
Capítulo 8 |
Froitos comestibles; cortizas de agrios e de melóns |
Capítulo 9 |
Café, té e especias, con exclusión da herba mate (partida 09.03) |
Capítulo 10 |
Cereais |
Capítulo 11 |
Produtos da moenda; malta; amidóns e féculas; gluten; inulina |
Capítulo 12 |
Sementes e froitos oleaxinosos; sementes, sementes e froitos diversos; plantas industriais e medicinais; pallas e forraxes |
Capítulo 13 |
|
ex 13.03 |
Pectina |
Capítulo 15 |
|
15.01 |
Manteiga, outras graxas de porco e graxas de aves de curral, prensadas ou fundidas |
15.02 |
Sebos (das especies bovina, ovina e caprina) en bruto ou fundidos, incluídos os sebos chamados «primeiros zumes» |
15.03 |
Estearina solar; oleoestearina; aceite de manteiga de porco e oleomargarina non emulsionada, sen mestura nin preparación ningunha |
15.04 |
Graxas e aceites de peixe e de mamíferos mariños, incluso refinados |
15.07 |
Aceites vexetais fixos, fluídos ou concretos, brutos, purificados ou refinados |
15.12 |
Graxas e aceites animais ou vexetais hidroxenados, incluso refinados, pero sen preparación ulterior |
15.13 |
Margarina, sucedáneos da manteiga de porco e outras graxas alimenticias preparadas |
15.17 |
Residuos procedentes do tratamento dos corpos graxos ou das ceras animais ou vexetais |
Capítulo 16 |
Preparados de carnes, de peixes, de crustáceos e de moluscos |
Capítulo 17 |
|
17.01 |
Azucres de remolacha e de cana, en estado sólido |
17.02 |
Outros azucres; xaropes; sucedáneos do mel, incluso mesturados con mel natural; azucres e melazas caramelizadas |
17.03 |
Melazas, incluso descoloradas |
17.05 (*) |
Azucres, xaropes e melazas aromatizados ou con adición de colorantes (incluídos o azucre con vainilla ou vainillina), con excepción dos zumes de froitas con adición de azucre en calquera porcentaxe (*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento núm. 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO núm. 7, do 30.1.1961, p. 71). |
Capítulo 18 |
|
18.01 |
Cacao en gran, enteiro ou partido, cru ou tostado |
18.02 |
Casca, cascarilla, películas e residuos de cacao |
Capítulo 20 |
Preparados de legumes, de hortalizas, de froitas e doutras plantas ou partes de plantas |
Capítulo 22 |
|
22.04 |
Mosto de uva parcialmente fermentado, incluso «apagado» sen utilización de alcol |
22.05 |
Viños de uva; mosto de uva «apagado» con alcol (incluídas as mistelas) |
22.07 |
Sidra, perada, hidromel e outras bebidas fermentadas |
ex 22.08 (*) ex 22.09 (*) |
Alcol etílico desnaturalizado ou sen desnaturalizar, de calquera gradación, obtido cos produtos agrícolas que se enumeran no anexo I do Tratado, con exclusión dos augardentes, licores e demais bebidas espirituosas; preparados alcohólicos compostos (chamados «extractos concentrados») para a fabricación de bebidas (*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento núm. 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO núm. 7 de 30. 1. 1961, p. 71). |
22.10 (*) |
Vinagre e os seus sucedáneos comestibles (*) Partida engadida polo artigo 1 do Regulamento núm. 7 bis do Consello da Comunidade Económica Europea, do 18 de decembro de 1959 (DO núm. 7, do 30.1.1961, p. 71). |
Capítulo 23 |
Residuos e refugallos das industrias alimenticias; alimentos preparados para animais |
Capítulo 24 |
|
24.01 |
Tabaco en rama ou sen elaborar; refugallos de tabaco |
Capítulo 45 |
|
45.01 |
Cortiza natural en bruto e refugallos de cortiza; cortiza triturada, granulada ou pulverizada |
Capítulo 54 |
|
54.01 |
Liño en bruto (planta de liño), empozado, espadelado, restrelado (peiteado) ou traballado doutra forma, pero sen fiar; estopas e refugallos de liño (incluídas as fías) |
Capítulo 57 |
|
57.01 |
Cánabo (Cannabis sativa) en rama, empozado, espadelado, restrelado (peiteado) ou traballado doutra forma, pero sen fiar; estopas e refugallos de cánabo (incluídas as fías) |
ANEXO 2
Placa explicativa para o caso de accións de cooperación
con investimentos cuxo custo total supere os 50.000 euros