Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6124

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3655/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3655/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra María Dolores Chenlo Fernández, José Antonio Riveiro Codesido y Otro, S.C., Mario Riveiro Codesido, Mónica Riveiro Codesido, sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou o 14.12.2017 a seguinte resolución:

«Resolución: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1) Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado e defendido polo avogado do Estado.

2) Declarar a firmeza da sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 18 de novembro de 2015, no recurso de suplicación número 3655/2015, interposto fronte á sentenza ditada o 5 de xuño de 2015 polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, nos autos número 94/2015, seguidos por instancia de María Dolores Chenlo Fernández, contra o dito recorrente e José Antonio Riveiro Codesido y otro, S.C., Mario Riveiro Codesido e Mónica Riveiro Codesido, sobre despedimento obxectivo.

3) Impoñer as custas do recurso ao recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Riveiro Codesido y otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza