Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 486/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 486/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Alonso Freire contra Construcciones Metálicas Esacero, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíz substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de recoñecemento de dereito por recoñecemento da relación laboral + reclamación de cantidades tanto por axudas de custo como por cotización empresarial) baixo o número 486/2016, en que é parte demandante José Ángel Alonso Freire, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, e partes codemandadas a mercantil Construcciones Metálicas Esacero, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar así mesmo citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito a presente con base nos seguintes (…)

Resolución.

Que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada por José Ángel Alonso Freire, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, fronte á empresa Construcciones Metálicas Esacero, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo declarar e declaro a existencia de relación laboral entre o traballador demandante e a empresa demandada desde o día 31 de marzo de 2015 ata o día 2 de xuño de 2015 e condeno as partes demandadas a se ater a esta declaración. Así mesmo, condeno a empresa demandada aos pronunciamentos seguintes: a) cumprir coa súa obriga legal de dar de alta o traballador agora demandante no réxime xeral da Seguridade Social polo tempo que durou a relación laboral desta litis, con todas as consecuencias legais inherentes a tal declaración; b) cumprir coa súa obriga legal de cotizar polo traballador agora demandante polos días de prestación de servizos efectiva os días 31 de marzo de 2015, 31 de maio de 2015, 1 de xuño de 2015 e 2 de xuño de 2015; c) aboar ao traballador agora demandante a cantidade de 130,77 euros en concepto de axudas de custo por convenio e leis xerais aplicables polos días 31 de maio de 2015, 1 de xuño de 2015 e 2 de xuño de 2015; e, d) aboar ao traballador agora demandante a cantidade que se devindique en concepto de 10 % de xuro legal por demora no pagamento de salario sobre o valor do principal debido polas citadas axudas de custo, ex artigo 29.3 do ET en relación co disposto polo artigo 26 do mesmo texto legal.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se deberá presentar ante este órgano xudicial no prazo legalmente previsto de cinco días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación da presente sentenza, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto, de acordo co disposto nos artigos 191.1, os seus seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social. 

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Metálicas Esacero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza