Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 212/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 212/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 681/2015

Sobre ordinario

Demandante: Félix Riveiro Vilas

Demandados: Fogasa - Fondo de Garantía Salarial, Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández

Avogado: letrado de Fogasa

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada o día 19 de decembro de 2017, no proceso seguido por instancia de Félix Riveiro Vilas contra Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 19 de decembro de 2017 ditado no procedemento ETX 212/2017 a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Inkjet 10, S.L. e Alonso Madroño Fernández en situación de insolvencia total por importe de 1.635,71 euros de principal, más 312,80 euros de xuros de mora, máis 194,85 euros de xuros e custas provisionais, sen prexuízo de posterior liquidación, e, ademais, a Alonso Madroño Fernández pola cantidade de 2.822,18 euros de principal máis 170,57 euros de xuros de mora, máis 299,27 euros de xuros e custas provisionais sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para realizar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0212 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0212 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza