Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (93/2016).

ETX execución de títulos xudiciais 93/2016

Procedemento de orixe: seguridade social 330/2014

Sobre seguridade social

Demandante: María Trabazo González

Graduado social: Alfonso Carballo Jardón

Demandados: Omnia Somnia, S.L., Mutua Universal, Desarrollos Farmacéuticos Bajo Aragón, S.L., Gabriel García Gavín e INSS

Avogado: letrado da Seguridade Social

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Trabazo González contra Omnia Somnia, S.L., Desarrollos Farmacéuticos Bajo Aragón, Gabriel García Gavín e Mutua Universal de AATT, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 31 de xullo de 2017 ditado no procedemento ETX 93/2016 a Omnia Somnia, Gabriel García Gavín, en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar aos executados Omnia Somnia, S.L., Desarrollos Farmacéuticos Bajo Aragón, S.L., Gabriel García Gavín en situación de insolvencia parcial por importe de 480,21 euros de principal, máis outros 48,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

c) Á vista do disposto no título executivo e no auto de despacho de execución, requírase de pagamento a Mutua Universal de AATT para que no prazo de dez días procedan ao aboamento da cantidade reclamada de 480,21 euros en concepto de principal e 48,05 euros calculados provisionalmente para xuros e custas da execución e, se non paga no acto, procédase á pescuda patrimonial dos seus bens e posterior embargo destes.

d) Requirir a Mutua Universal de AATT co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para realizar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Fronte á presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días seguintes ao da súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación a Omnia Somnia, S.L. e Gabriel García Gavín en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza