Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 68/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 68/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fermín Andrade Cardezo contra Ramón Parada Vaamonde, Carlos Parada Vaamonde, Área de Transportes y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., Fogasa, comunidade hereditaria de Ramón Parada Vaamonde, herdanza xacente de Ramón Parada Vaamonde sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 7/2018.

Na Coruña o 10 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 68/2015 seguidos perante este xulgado por instancia de Fermín Andrade Cardezo, asistido do letrado Jorge Espasandin Fernández, contra Ramón Parada Vaamonde (falecido), Carlos Parada Vaamonde, Área de Transportes y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., comunidade hereditaria de Ramón Parada Vaamonde, herdanza xacente de Ramón Parada Vaamonde, que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que, tendo por desistida a parte demandate da súa pretensión fronte a Carlos Parada Vaamonde, Área de Transportes y Servicios por Carretera del Atlántico, S.L., debo estimar e estimo a demanda presentada por Fermín Andrade Cardezo e condeno a herdanza xacente de Ramón Parada Vaamonde a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.830,06 euros.

Absólvese a comunidade hereditaria de Ramón Parada Vaamonde de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Asinado. Patricia López Arranz.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle.

Para que sirva de notificación en legal forma a herdanza xacente de Ramón Parada Vaamonde, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza