Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7253

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é o órgano encargado de exercer as competencias que, en materia de comercio interior, o artigo 30.I.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia atribúe á nosa comunidade autónoma.

O Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, establece que lle corresponde á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, coordinación e control das competencias da consellería en materia de comercio interior.

Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

O Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 ten entre os seus retos incrementar a competitividade do sector comercial galego mediante o afianzamento dun sector comercial forte, renovado e xerador de plusvalías.

O comercio é unha actividade en constante evolución, onde as novas tecnoloxías e os cambios nos hábitos de compra das persoas consumidoras exixen aos comerciantes unha constante actualización.

Para iso, ademais de consolidar e manter un tecido comercial forte é preciso que o seu crecemento e expansión estea vencellado ás novas estratexias e ás novas canles de comercialización.

A innovación no sector comercial, no seu concepto máis amplo, é actualmente un dos factores de competitividade empresarial máis importantes. Así, xunto coa innovación tecnolóxica, cobra especial relevancia a imaxe dos establecementos comercias e a presentación e disposición dos produtos, os cales, todos unidos, introducen un novo concepto de comercio orientado a ofrecer ao consumidor unha experiencia de compra única, nova, de calidade e personalizada.

Na actualidade, o consumidor non precisa acudir ao establecemento comercial para comprar; por iso é preciso ofrecer un valor engadido ao comercio, de tal forma que todos os elementos que o integran se incorporen á oferta e sexan recoñecidos polo cliente como servizos adicionais postos á súa disposición e, en definitiva, perciba o feito de comprar como unha vivencia diferente.

Con estes obxectivos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha esta orde de axudas para a expansión dun sector comercial que está a evolucionar e a se transformar para satisfacer os cambios que os clientes demandan, e para analizar novos mercados, por un intervalo determinado de tempo, mediante a posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial.

A Orde da Consellería de Economía do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm.209, do 29 de outubro), posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo IV no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de outubro de 2017.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da dita orde, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

Con este fin, no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 está consignado crédito por importe de 1.000.000 de euros na aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1, para atender as axudas da presente orde.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e en exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código do procedemento IN228A).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2018.

A referida orde tramítase como anticipada de gasto e está condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.

3. Para a concesión destas subvencións destínanse 1.000.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1 «Dixitalización e innovación do sector comercial», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, a existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser beneficiario/a da subvención deberase presentar unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Emprego e Industria axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo V, á cal se xuntarán os documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

3. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súasolicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. O prazo para presentar solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro do mes.

Artigo 4. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.gal.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para presentar solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, una opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano ou entidade responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impor nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN228A, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal.

2. Páxina web oficial da consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 59 15, 981 54 55 94 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal

5. Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, edificios administrativos de San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderase facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e convocatoria para o ano 2018 (código do procedemento IN228A)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia consideraranse subvencionables os seguintes gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada, sempre que as actuacións subvencionables sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18:

3.1. Considerarase actuación subvencionable a posta en marcha de proxectos de expansión comercial.

Para os efectos desta orde, considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.

Os proxectos de expansión comercial poderanse basear no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.

En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, na cal se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto, dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor.

O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención prevista no artigo 18.

En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos de expansión comercial mediante a apertura dun novo establecemento comercial as seguintes actuacións:

a) As obras de acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para o desenvolvemento da actividade comercial e para a exposición do produto de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

d) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto.

Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 10.000 € (IVE excluído). No caso das actuación previstas na letra d), o investimento máximo subvencionable será de 3.000 €.

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

3.2. Considerarase actuación subvencionable a posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial.

Para os efectos desta orde, considérase proxecto piloto pop up de expansión comercial a apertura, por un prazo máximo de 2 meses, dun novo establecemento comercial que deberá estar situado nun concello distinto a aquel en que o comerciante veña desenvolvendo a súa actividade comercial e terá por obxecto analizar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos.

En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, na cal se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto, dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor.

En concreto, considéranse gastos subvencionables nos proxectos pilotos pop up para a expansión comercial as seguintes actuacións:

a) O alugueiro do local comercial (máximo dúas mensualidades).

b) O acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial e mellora da imaxe da fachada do local comercial.

c) A adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

d) O transporte de mercadoría.

e) Publicidade e promoción da pop up.

Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable. A subvención máxima polo alugueiro do local será de 1.500 euros, polo transporte de mercadoría de 500 euros e pola publicidade e promoción de 1.000 euros.

4. Non se consideran gastos subvencionables:

- As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.

- Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás no previsto no número 3.2.

- Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

- A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

- Equipamentos informáticos.

- Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1 «Dixitalización e innovación do sector comercial», por un importe total de 1.000.000 de euros.

A concesión das subvencións para as actuacións contidas nesta orde queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

3. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables no mesmo establecemento comercial.

Artigo 3. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1.1 Para actuacións de posta en marcha de proxectos de expansión comercial.

- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

- Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

- Que estea dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante, de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

- Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

1.2. Para actuacións de posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial:

- Os comerciantes que reúnan os requisitos previstos no punto 1.1.

- Os comerciantes que realicen a actividade comercial en liña con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida e que estea dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II.

- Que estea dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo III e que este constitúa a actividade principal do solicitante, de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187/1).

Artigo 4. Solicitudes e documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indican no artigo 3 da convocatoria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder suficiente para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

Deberán constar expresamente (anexo VI) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberase nomear un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

d) Se a entidade solicitante está dada de alta no IAE en máis dunha actividade económica e algunha delas non é subvencionable, segundo o anexo II das bases reguladoras, deberá xustificar cal delas é a principal.

No caso de sociedades, presentará a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior e, no caso de comunidades de bens ou sociedades civís, documento acreditativo oficial da actividade principal.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas, en canto dispoñan deles. De non cumprir co asinado na declaración responsable, iniciarase o expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Informe emitido pola Seguridade Social de vida laboral actualizado, con todos os códigos de conta de cotización do solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

f) Memoria descritiva do proxecto de expansión, con detalle de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar, así como unha xustificación da idoneidade, de ser o caso, da localización do establecemento comercial, do produto e do mercado a que se dirixe.

A memoria deberá conter unha referencia ao primeiro establecemento sobre o cal se basea o proxecto de expansión, con desenvolvemento detallado de todos os aspectos en que se basea, de acordo coas consideracións contidas no número 3 do artigo 1.

g) Proxecto de decoración e interiorismo asinado por un profesional da decoración, interiorismo ou arquitectura, no cal se deberán incluír as distintas actuacións para as cales se solicita a subvención, que deberán coincidir coa memoria presentada, e o deseño gráfico do resultado final que se pretende obter, no caso de comerciantes retallistas que soliciten as actuacións definidas no artigo 1, punto 3.1 a), das bases reguladoras.

h) Fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións, agás no caso de que realizasen as actuacións con anterioridade á data da publicación desta orde, así como do primeiro establecemento comercial.

i) Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberase achegar a documentación disposta nos parágrafos seguintes:

i.1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados polo solicitante, con independencia da contía dos investimentos.

i.2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionados polo solicitante para a realización do proxecto.

i.3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:

i.3.1. Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa, das tres que como mínimo obtivo a persoa solicitante.

i.3.2. Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a persoa solicitante.

e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas para as persoas físicas inscritas.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para instruír o procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, e corresponderalle ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 7. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a entidade interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5.1 resulta que a entidade solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, ou no suposto de que sexa necesario achegar calquera outra documentación, logo de aplicarse o disposto na liña d) do artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos citados de emenda poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderase requirir a entidade solicitante para que xunte cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propor a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

Para os efectos de valorar as solicitudes e propor os solicitantes con dereito a obter a subvención, a Comisión de Valoración aplicará os criterios de valoración para determinar a concorrencia competitiva entre os solicitantes das actuacións definidas no artigo 1, apartado 3.1 e 3.2, ata esgotar o crédito dispoñible.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

- Presidencia: subdirector/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

- Vogais:

Un/unha xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que fará as funcións de secretario.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, e especificarase a valoración que lles corresponde para cada unha das actuacións segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

Para as actuacións previstas no artigo 1, número 3.2, destinarase un máximo de 100.000 euros.

En todo caso, para ser proposto para obter a subvención prevista no artigo 1, número 3.2, o solicitante deberá acadar unha puntuación mínima de 4 puntos asociados aos criterios contidos na letra a) do artigo 9.

4. No caso que as solicitudes propostas non acadasen o importe total do orzamento previsto para as actuacións do número 3.2 do artigo 1, o crédito restante destinarase, de ser o caso, para a proposta de actuacións subvencionables previstas no número 3.1. De igual maneira se procederá no suposto inverso.

O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para determinar a contía e a preferencia na concesión das subvencións para as actuacións previstas nos números 3.1 e 3.2 serán os seguintes:

a) Valoración do grao de innovación dos proxectos: ata 8 puntos.

- A innovación en materia de imaxe, interiorismo e decoración: 1 punto.

- Adecuación das actuacións subvencionables aos obxectivos que se deberán alcanzar e equilibrio entre os distintos conceptos subvencionables: 1 punto.

- A coherencia, orixinalidade e funcionalidade do proxecto: 1 punto.

- A innovación na integración de servizos ou actividades dirixidas aos clientes: 1 punto.

- A innovación na presentación, imaxe ou deseño do produto: 1 punto.

- A integración de medidas de sustentabilidade ambiental e de eficiencia enerxética: 1 punto.

- Calquera outra particularidade que supoña un valor engadido para o establecemento e a actividade comercial: 1 punto.

- A integración de actuacións de compromiso social con colectivos vulnerables ou con produtores locais: 1 punto.

b) No caso de que o local comercial obxecto do proxecto subvencionable estea situado no núcleo histórico da cidade ou vila: 3 puntos.

c) No caso de que o local comercial obxecto do proxecto subvencionable estea situado nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 3 puntos.

d) No caso de que o local comercial obxecto do proxecto subvencionable estea situado nun concello fusionado: 3 puntos.

e) No caso de que o local comercial obxecto do proxecto subvencionable estea situado nos concellos dos plans: Impulsa-Lugo, Impulsa-Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal ou plan Revive Costa da Morte, os cales se indican a continuación: 3 puntos.

- Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

- Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

- Concellos da provincia de Lugo.

- Concellos da provincia de Ourense.

f) Adhesión ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 1 punto.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible para cada unha das actuacións, no caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo conta os criterios das letras d), c), b), e) e f) por esta orde de prelación.

A documentación que acredite o cumprimento dos criterios establecidos neste artigo en ningún caso será obxecto de requirimento.

Artigo 10. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, á persoa titular da consellería.

2. A persoa titular da consellería, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, se é o caso, a causa de denegación.

A dita resolución será publicada na web http://ceei.xunta.gal e notificada ás/aos adxudicatarias/os, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da mesma lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que as persoas non beneficiarias consulten a información detallada da súa resolución nun taboleiro da citada web.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa. Se a resolución non fose expresa, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que a resolución debería ter sido ditada.

b) Recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para conceder da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, e cumpriranse, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. A entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao titular da consellería de Economía, Emprego e Industria xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 40 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado, sen prexuízo do disposto no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, en que se dará audiencia ás entidades interesadas na forma prevista no artigo 11 destas bases.

Artigo 14. Renuncia

A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa titular da consellería ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da mesma lei.

Artigo 15. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con especificación daquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención.

5. Acreditar, con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión, así como manter a actividade comercial durante o mesmo período no primeiro establecemento comercial que serviu de base para ser beneficiario da axuda concedida, agás no caso das actuacións contidas no artigo 1, número 3.2.

7. Acreditar a materialización do compromiso previsto no artigo 18, mediante a presentación do correspondente contrato no prazo establecido no dito artigo.

8. Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

9. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da dita lei.

10. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

11. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Obrigas específicas de publicidade

Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, os/as beneficiarios/as das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», xunto co escudo normalizado da Xunta de Galicia, segundo o modelo e instrucións elaboradas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo publicado no enderezo http://www.portaldocomerciante.gal.

Artigo 17. Subcontratación

Enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª) Que se solicite e se conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación, nos lugares sinalados no artigo 3.2 da convocatoria e ata o 15 de setembro de 2018, da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data límite de xustificación.

No caso de solicitantes obrigados á presentación electrónica, os gastos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa pagados, en orixinal ou copias autenticas electrónicas.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia autentica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

Non obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias auténticas electrónicas.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pagamento e a data deste. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

c) Fotografías do resultado da execución das actuacións subvencionables previstas nos números 3.1 e 3.2 do artigo 1, que serán tomadas desde o mesmo ángulo desde o que se realizaron as remitidas coa solicitude.

d) Anexo VII da orde de convocatoria debidamente asinado.

e) No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderase presentar o dito documento sen compulsar.

f) O contrato de traballo da persoa traballadora ou, no caso de no ter sido contratado, unha declaración responsable do compromiso de contratación no prazo dos seis meses seguintes á data da xustificación e a presentación do contrato dentro deste prazo.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 19. Pagamento

1. Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento mediante transferencia bancaria á entidade financeira no número de conta designado polo beneficiario.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas, observarase o establecido no artigo 2 desta orde.

Artigo 20. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente dense o momento do pagamento da subvención, incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida cando, ao non cumprir a obriga establecida no artigo 15.6 de manter a actividade durante dous anos, se aproxime de maneira significativa a ela, entendendo como tal ter mantido a actividade durante palo menos dezaoito meses e que a persoa beneficiaria acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos. A contía que se reintegrará será proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o cumprimento non acadase o 50 % da base subvencionable dos proxectos concedidos, entenderase que o incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 22. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados dende a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade, no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1) e no resto de normativa que resulte de aplicación.

ANEXO II

Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e enxoval ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659. Outro comercio ao por menor.

665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

ANEXO III

Epígrafes do IAE subvencionables

43. Industria téxtil.

44. Industria do coiro.

45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

465. Fabricación de obxectos diversos de madeira (agás mobles).

467. Fabricación de artigos de xunco e cana, cestaría, brochas e cepillos (agás mobles).

472. Fabricación de papel e cartón.

491. Xoiaría e bixutería.

492. Fabricación de instrumentos de música.

494. Fabricación de xogos, xoguetes e artigos de deporte.

246. Industria do vidro.

247.4. Fabricantes de vaixelas, artigos do fogar e obxectos de adorno de material cerámico.

861. (sección 2ª) pintores, escultores, ceramistas e artesás.

ANEXO IV

Concellos con menos de 5000 habitantes (cifras oficiais da poboación en 1.1.2016)

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Aranga

1982

Abadín

2559

Ribas de Sil

992

Baña, A

3645

Alfoz

1818

Ribeira de Piquín

570

Boimorto

2111

Antas de Ulla

2.080

Riotorto

1322

Boqueixón

4291

Baleira

1333

Samos

1392

Cabana de Bergantiños

4446

Barreiros

2970

Rábade

1521

Cabanas

3259

Becerreá

2921

Saviñao, O

3926

Capela, A

1318

Begonte

3115

Sober

2375

Cariño

4072

Bóveda

1537

Taboada

2928

Carnota

4170

Carballedo

2280

Trabada

1133

Cerdido

1191

Castroverde

2726

Triacastela

680

Coirós

1789

Cervantes

1458

Valadouro, O

2016

Corcubión

1606

Cervo

4295

Vicedo, O

1802

Curtis

3980

Corgo, O

3581

Baralla

2660

Dodro

2853

Cospeito

4754

Dumbría

3085

Folgoso do Courel

1060

Fisterra

4737

Fonsagrada, A

3768

Frades

2428

Friol

3894

Irixoa

1369

Xermade

1943

Laxe

3148

Guntín

2833

Lousame

3429

Incio, O

1740

Mañón

1420

Xove

3376

Mazaricos

4087

Láncara

2702

Mesía

2700

Lourenzá

2259

Moeche

1220

Meira

1747

Monfero

2019

Mondoñedo

3820

Muxía

4941

Monterroso

3741

Paderne

2445

Muras

668

Pino, O

4653

Navia de Suarna

1186

Rois

4657

Negueira de Muñiz

215

San Sadurniño

2944

Nogais, As

1161

Santiso

1672

Ourol

1034

Quiroga

3354

Sobrado

1882

Palas de Rei

3554

Somozas, As

1160

Pantón

2620

Toques

1196

Paradela

1887

Tordoia

3522

Páramo, O

1456

Touro

3703

Pastoriza, A

3212

Trazo

3190

Pedrafita do Cebreiro

1088

Val do Dubra

3974

Pol

1696

Vilarmaior

1260

Pobra do Brollón, A

1752

Vilasantar

1275

Pontenova, A

2402

Zas

4756

Portomarín

1528

Ourense

Pontevedra

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Amoeiro

2264

Monterrei

2713

Mondariz-Balneario

614

Arnoia, A

1002

Muíños

1572

Dozón

1107

Avión

1910

Nogueira de Ramuín

2075

Fornelos de Montes

1748

Baltar

986

Oímbra

1894

Cerdedo

1781

Bande

1668

Paderne de Allariz

1439

Campo Lameiro

1894

Baños de Molgas

1648

Padrenda

1893

Crecente

2131

Beade

427

Parada de Sil

592

Agolada

2507

Beariz

1003

Peroxa, A

1948

Covelo

2528

Blancos, Os

850

Petín

957

Lama, A

2587

Boborás

2443

Piñor

1212

Rodeiro

2644

Bola, A

1270

Pobra de Trives, A

2191

Arbo

2770

Bolo, O

963

Pontedeva

588

Oia

3002

Calvos de Randín

856

Porqueira

859

Pazos de Borbén

3004

Carballeda de Avia

1381

Punxín

729

Pontecesures

3040

Carballeda de Valdeorras

1664

Quintela de Leirado

616

Portas

3056

Cartelle

2757

Rairiz de Veiga

1394

Catoira

3376

Castrelo de Miño

1490

Ramirás

1571

Forcarei

3621

Castrelo do Val

1067

Riós

1646

Barro

3746

Castro Caldelas

1313

Rúa, A

4530

Neves, As

4038

Cenlle

1196

Rubiá

1448

Cotobade

4290

Chandrexa de Queixa

506

San Amaro

1141

Moraña

4313

Coles

3126

San Cristovo de Cea

2303

Mondariz

4647

Cortegada

1151

San Xoán de Río

583

Cuntis

4794

Cualedro

1792

Sandiás

1286

Meis

4844

Entrimo

1209

Sarreaus

1259

Illa de Arousa, A

4909

Esgos

1194

Taboadela

1475

Gomesende

798

Teixeira, A

368

Gudiña, A

1345

Toén

2395

Irixo, O

1546

Trasmiras

1365

Larouco

487

Veiga, A

923

Laza

1377

Verea

983

Leiro

1.642

Viana do Bolo

2982

Lobeira

809

Vilamarín

1996

Lobios

1.868

Vilamartín de Valdeorras

1798

Maceda

2.938

Vilar de Barrio

1394

Manzaneda

947

Vilar de Santos

858

Maside

2.818

Vilardevós

2036

Melón

1.280

Vilariño de Conso

586

Merca, A

1.976

Xunqueira de Ambía

1461

Mezquita, A

1.070

Xunqueira de Espadanedo

800

Montederramo

791

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file