Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7294

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A).

BDNS (Identif.): 382523.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1.1. Para actuacións de posta en marcha de proxectos de expansión comercial.

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

1.2. Para actuacións de posta en marcha de proxectos piloto pop up para a expansión comercial:

– Os comerciantes que reúnan os requisitos previstos no punto 1.1.

– Os comerciantes que realicen a actividade comercial en liña con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompidamente e que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II.

– Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo III e que constitúa a actividade principal do solicitante de forma ininterrompida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

Destínase un total de 1.000.000 de euros da aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de dous mes contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro do mes.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria