Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7297

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201H).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria é o órgano encargado de exercer as competencias que, en materia de comercio interior, o artigo 30.I.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia lle atribúe á nosa comunidade autónoma.

O Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, establece que lle corresponden á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, a coordinación e o control das competencias da consellería en materia de comercio interior.

Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, o fomento, a modernización e desenvolvemento do comercio, e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

O Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 ten entre os seus retos establecer un novo modelo de comercio intelixente que sitúe o cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos a súa disposición.

Para iso, un dos obxectivos do plan é impulsar a modernización do comercio galego prestando especial atención á imaxe e á presentación do produto.

O comercio é unha actividade en constante evolución, onde as novas tecnoloxías e os cambios nos hábitos de compra das persoas consumidoras lles exixen aos comerciantes unha constante actualización.

Nos últimos tempos, a modernidade únese á tradición, a realidade virtual mestúrase coa presencial. En definitiva, os valores do comercio de proximidade cobran máis vixencia que nunca: a calidade, a proximidade, a atención personalizada e, sobre todo, a imaxe.

A relevancia asignada á imaxe dos establecementos comerciais acrecentouse nos últimos anos. Marcar a diferenza fronte aos demais e provocar a atracción do consumidor co aspecto externo e interno e a forma de colocación dos artigos cobran especial relevancia e permítennos falar dun establecemento moderno. A imaxe é así unha clara ferramenta estratéxica dos comercios polo miúdo nun mercado cada vez máis complexo e diverso.

Igualmente, na actualidade, a actividade comercial vén ligada á presenza das novas tecnoloxías na vida cotiá das persoas consumidoras. Por iso, un dos retos do comercio galego é chegar a un comercio intelixente capaz de aproveitar todas as oportunidades tecnolóxicas para conectar co cliente e ofrecer todos os servizos que precisan na súa experiencia de compra.

O smart commerce sitúa o cliente como o factor estratéxico. Hoxe en día os usuarios buscan unha experiencia de compra potenciada pola tecnoloxía e a transparencia, esperan relacionarse coas empresas dunha forma personalizada, xa sexa en persoa xa en liña.

O social commerce, a presenza do comercio nas redes socias e a xestión de comunidades, permite ofrecer unha experiencia personalizada de compra en función do perfil de cada cliente e constitúe unha ferramenta para mellorar a competitividade da empresa comercial toda vez que amplía os seus potenciais clientes, mellora o posicionamento e o recoñecemento da empresa e a súa marca, e é unha excelente canle para a atención ao público e para dar servizos ao cliente.

Con estes obxectivos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha esta orde de axudas para impulsar a transformación dixital do sector comercial e artesanal de cara á súa adaptación ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento das nosas vilas e cidades.

A Orde da Consellería de Economía do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo IV no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de outubro de 2017. De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da devandita orde, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta orde se entende condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

Con este fin, no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 está consignado crédito por importe de 3.174.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1, «Dixitalización e innovación do sector comercial» para atender as axudas da presente orde.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais (código do procedemento IN201H).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2018.

3. Para a concesión destas subvencións destínanse 3.174.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1, «Dixitalización e innovación do sector comercial», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser beneficiario/a da subvención deberase presentar unha solicitude dirixida á Consellería de Economía, Emprego e Industria axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

3. Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 4. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións Administrativas coa Cidadanía e Entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como a informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer, ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.gal.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate da presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puider impoñeren nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201H, poderase obter información a través dos seguintes medios:

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:

https://sede.xunta.gal.

2. Páxina web oficial da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.

3. Nos teléfonos 981 54 55 07 ou 981 54 55 25 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal.

5. Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Edificios Administrativos San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderase facer uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código do procedemento IN201H)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18.

3.1. Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) A implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.

O investimento máximo subvencionable:

– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).

– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).

– Para a mellora e actualización da páxina web con venda en liña é de 1.000,00 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

O investimento subvencionable deberase adecuar ás seguintes características técnicas e de deseño:

No caso da web corporativa:

– Estar optimizada para SEO.

– Ter acceso á internet a través dun hosting con acceso do propietario da web ao código e claves da web.

– Estar adaptada a todos os dispositivos móbiles.

– Dispor de fotos de calidade profesional cun peso máximo de 400K e resolución de 72 dpp.

– Dispor de páxina de política de privacidade de acordo coa lexislación vixente, links ás redes sociais da empresa.

– Ter instalado e configurado Google Analytics.

No caso de web con acceso a tenda en liña, ademais do previsto anteriormente para a páxina web, deberá:

– Estar sincronizada co sistema de xestión do establecemento comercial.

– Ter dispoñible para a venda en liña un mínimo do 30 % das referencias de que se dispoñen na tenda física.

– Ter pasarela de pagamento.

b) A loxística dixital a través do deseño e implantación dun packaging para a venda en liña adecuado ás características do produto e á imaxe e identidade da empresa comercial ou artesanal, dirixidas á mellora da comercialización e da imaxe.

O investimento máximo subvencionable será de 5.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

c) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais, comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

O investimento máximo subvencionable será de 3.000,00 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

d) Os servizos de xestión de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolverá en colaboración coa Federación Galega de Comercio, durante o ano 2018.

3.2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 15.000,00 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000,00 € para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.

4. Non se consideran gastos subvencionables:

Nas actuacións contidas no número 3.1:

– A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, impresoras, televisores, reprodutores de son e imaxe e TPV.

– Bolsas convencionais.

– Accións de publicidade e de posicionamento na rede.

Nas actuacións contidas no número 3.2:

– As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.

– Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

– A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

– A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras polo propio solicitante.

– A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público, e de expositores de carácter temporal ou de uso exclusivo en campañas promocionais.

– A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1, «Dixitalización e innovación do sector comercial», por un importe total de 3.174.000 €, euros.

A concesión das subvencións para as actuación contidas nos números 3.1 a), b) e c) e 3.2 do artigo 1 queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

2. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou de calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

3. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables e o mesmo establecemento comercial.

Artigo 3. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exerceren a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas as empresas en crise, conforme á definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187/1); nin aqueles que, tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perdesen o dereito ao cobramento total da subvención nos últimos dous anos (2016 e 2017).

Artigo 4. Solicitudes e documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As solicitudes para participar no procedemento da concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indican no artigo 2 da convocatoria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder bastante, para actuar ante a Administración, do representante legal da entidade solicitante, ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación, para procedementos ante a Xunta de Galicia, que figura na sede electrónica.

c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberase nomear un representante único da agrupación con poder suficiente para cumprir as obrigas que lle corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

d) Se a persoa solicitante está dada de alta no IAE en máis dunha actividade económica e algunha delas non é subvencionable, segundo o anexo II das bases reguladoras, deberá xustificar cal delas é a principal.

No caso de sociedades, presentará a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior e, no caso de comunidades de bens ou sociedades civís, documento acreditativo oficial da actividade principal.

As persoas físicas e as sociedades que non dispoñan da declaración do IRPF ou do IVE, por teren iniciado a actividade recentemente, substituirán estes documentos pola declaración prevista no número 10 da solicitude (anexo IV).

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas en canto dispoñan deles. De non cumprir co asinado na declaración responsable, procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Informe emitido pola Seguridade Social de vida laboral do último ano, con todos os códigos de conta de cotización do solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

f) Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar. Estarán exentas da presentación de memoria as solicitudes de subvención para a actuación prevista no artigo 1, número 3.1 d).

g) No caso de comerciantes retallistas que soliciten as actuacións definidas no artigo 1, número 3.2, das bases da convocatoria:

– Proxecto de decoración e interiorismo asinado por un profesional da decoración, interiorismo ou arquitectura, no cal se deberán incluír as distintas actuacións para as cales se solicita a subvención, que deberán coincidir coa memoria presentada, e o deseño gráfico do resultado final que se pretende obter.

– Fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións, agás no caso en que realizasen as actuacións con anterioridade á data da publicación desta orde.

h) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel. Estarán exentas da presentación das facturas ou orzamentos as solicitudes do tícket de xestión de redes sociais previsto no artigo 1, número 3.1.d).

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo, do 14 de novembro, para o contrato menor o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberase achegar a documentación disposta nos parágrafos seguintes:

h.1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados polo solicitante, con independencia da contía dos investimentos.

h.2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e das ofertas que non foron seleccionadas polo solicitante para a realización do proxecto.

h.3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:

h.3.1. Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.

h.3.2. Cando, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

i) Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.

j) Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases, achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:

– Certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto, asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns.

– Documentación acreditativa de ter participado nun programa de remuda comercial promovido pola Administración pública, asociación ou federación de comerciantes de Galicia, ou Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Galicia, agás nos casos de axudas convocados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (IN216A).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nun parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dado de alta o solicitante.

e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas para as persoas físicas inscritas.

f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro e corresponde ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditar a resolución que corresponda sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 7. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria requirirase a entidade interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5.2 resulta que a entidade solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, ou no suposto de que sexa necesario achegar calquera outra documentación, logo de aplicarse o disposto na alínea d) do artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos citados de emenda ou poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro. Se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderase requirir a entidade solicitante para que xunte cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

Para os efectos de valorar as solicitudes e propoñer os solicitantes con dereito a obter a subvención, a comisión de valoración aplicará os criterios de valoración para determinar a concorrencia competitiva entre os solicitantes das actuacións definidas no artigo 1, números 3.1.a), b) e c) e 3.2 ata esgotar o crédito dispoñible e, por outro lado, aplicarase a concorrencia aos solicitantes da actuación definida no artigo 1, número 3.1.d) ata acadar un límite máximo de 200 beneficiarios.

Para as actuacións previstas no artigo 1, número 3.2, destinarase un máximo de 1.000.000,00 euros.

No caso que as solicitudes propostas non acaden o importe total do orzamento previsto para as actuacións do número 3.2 do artigo 1, o crédito restante destinarase, de ser o caso, para a proposta de actuacións subvencionables previstas no número 3.1. Procederase de igual maneira no suposto inverso.

2. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para ser atendidas, ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

3. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

– Presidencia: subdirector/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

– Vogais:

Un/unha xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, que fará as funcións de secretario/a.

Artigo 9. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da contía e da preferencia na concesión das subvencións, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

Para as actuacións contidas no artigo 1.3, número 1:

a) Valoración do proxecto prexentado aos obxectivos de dixitalización da empresa: ata 3 puntos.

b) Implementación de sistemas estándar de xestión comercial: ata 2 puntos.

Para as actuacións contidas no artigo 1.3, número 2:

c) Valoración do proxecto de decoración e interiorismo das actuacións de reformas integrais previstas no artigo 1.3.2: ata 5 puntos:

– Adecuación das actuacións subvencionables aos obxectivos que se pretenden conseguir e equilibrio entre os distintos conceptos subvencionables: 1 punto.

– A innovación en materia de imaxe, interiorismo e decoración: 1 punto.

– A coherencia, orixinalidade e funcionalidade do proxecto: 1 punto.

– A integración de medidas de sustentabilidade ambiental e de eficiencia enerxética: 1 punto.

– Calquera outra particularidade que supoña un valor engadido para o establecemento e a actividade comercial: 1 punto.

Para as actuacións contidas no artigo 1.3, números 1 e 2:

d) Non ter sido beneficiario no procedemento IN201H nos últimos dous anos para as mesmas actuacións (2015-2017): 3 puntos.

e) Adhesión ao sistema arbitral de consumo con carácter indefinido: 2 puntos.

f) Que o establecemento comercial fose obxecto de remuda xeracional nos últimos dous anos e nel se veña desenvolvendo actividade comercial desde hai máis de 10 anos: 2 puntos.

g) Que o comercio estea situado no núcleo histórico da cidade ou vila: 2 puntos.

h) Por pertenza a unha asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns, ou por estar integrado nun centro comercial aberto: 2 puntos.

i) Por exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

j) Por exercer a actividade comercial nun concello fusionado: 3 puntos.

k) No caso de que o local onde se desenvolve a actividade estea situado nos concellos dos plans: Impulsa-Lugo, Impulsa-Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal ou Plan Revive Costa da Morte, os cales se indican a continuación: 1 punto.

• Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal: concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

• Concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

• Concellos da provincia de Lugo.

• Concellos da provincia de Ourense.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da contía e da preferencia na concesión das subvencións correspondentes a actuacións contidas no artigo 1.3, número 3, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os previstos nas alíneas d), e), f), g), h), i), j) e k).

No caso de comerciantes retallistas que non posúan establecemento comercial aberto, para os efectos das alíneas g), i), j) e k) considerarase o municipio de exercicio e desenvolvemento da súa actividade aquel onde radique o domicilio fiscal.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible ou chegado ao límite establecido de beneficiarios, no caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Non ser beneficiario no procedemento IN201H en anos anteriores (2016/2017).

2. Por exercer a actividade comercial nun concello fusionado.

3. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes.

4. Que o local onde se desenvolve a actividade estea situado nos concellos dos plans: Impulsa-Lugo, Impulsa-Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal ou Plan Revive Costa da Morte.

5. Que o comercio estea situado no núcleo histórico da cidade ou vila.

6. Que estea adherido ao sistema arbitral de consumo de forma indefinida.

7. Que pertenza a unha asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns, ou por estar integrado nun centro comercial aberto.

8. Menor contía no importe da subvención.

A documentación que acredite o cumprimento dos criterios establecidos neste artigo en ningún caso será obxecto de requirimento.

Artigo 10. Audiencia

1. Unha vez instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poráselles de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, á persoa titular da Consellería.

2. A persoa titular da Consellería, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

A dita resolución será publicada na web http://ceei.xunta.gal e notificada ás/aos adxudicatarias/os, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da mesma lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nesa notificación comunicaranse o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que as persoas non beneficiarias consulten a información detallada da súa resolución nun taboleiro da citada web.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que a resolución debería ter sido ditada.

b) Recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario. Cumpriranse, en todo caso, os seguintes requisitos:

1º. Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2º. Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3º. Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. A entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao titular da consellería de Economía, Emprego e Industria, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 40 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado, sen prexuízo do disposto no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, en que se dará audiencia ás entidades interesadas na forma prevista no artigo 11 destas bases.

Artigo 14. Renuncia

A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa titular da Consellería ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da mesma lei.

Artigo 15. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

1º. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2º. Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

5º. Acreditar, con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6º. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión.

7º. Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

8º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

9º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

10º. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requerimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Obrigas específicas de publicidade

Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, os/as beneficiarios/as das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa lenda «Proxecto cofinanciado», acompañada do escudo normalizado da Xunta de Galicia, segundo o modelo e as instrucións elaboradas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo publicados no enderezo http://www.portaldocomerciante.gal/.

Artigo 17. Subcontratación

Enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007 e no 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2.2 da convocatoria e ata o 30 de outubro de 2018, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e a data límite de xustificación.

No caso de solicitantes obrigados á presentación electrónica, os gastos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa pagados, en orixinal ou copias auténticas electrónicas.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

No obstante, no presente procedemento admitiranse os documentos en papel ou copias debidamente compulsadas debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias auténticas electrónicas.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como o número de factura obxecto do pagamento e a data deste. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

c) Fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas obxecto da subvención, así como das actuacións de mellora de imaxe, que serán tomadas desde o mesmo ángulo desde o que se realizaron as remitidas coa solicitude.

d) Anexo VI da orde de convocatoria debidamente asinado.

e) No caso de que o solicitante lle denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderase presentar o dito documento sen compulsar.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderán solicitar as aclaracións ou os informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 19. Pagamento

1. Unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificaren o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira ao número de conta designado polo beneficiario.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas observarase o establecido no artigo 2 desta orde.

Artigo 20. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención, incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida cando, ao non cumprir a obriga establecida no artigo 16.6 de manter a actividade durante dous anos, se aproxime de maneira significativa a ela, entendendo como tal ter mantido a actividade durante polo menos dezaoito meses e que a persoa beneficiaria acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos. A contía que se reintegrará será proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes a contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o cumprimento non acada o 60 % e 40 % da base subvencionable do proxecto concedido ao abeiro do artigo 1, números 3.1 e 3.2, respectivamente, entenderase que o incumprimento é total e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 22. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade; no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

ANEXO II
Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutería.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestir, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos.

663. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente.

ANEXO III
Concellos con menos de 5.000 habitantes (cifras oficiais da poboación en 1.1.2016)

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Aranga

1.982

Abadín

2.559

Ribas de Sil

992

Baña, A

3.645

Alfoz

1.818

Ribeira de Piquín

570

Boimorto

2.111

Antas de Ulla

2.080

Riotorto

1.322

Boqueixón

4.291

Baleira

1.333

Samos

1.392

Cabana de Bergantiños

4.446

Barreiros

2.970

Rábade

1.521

Cabanas

3.259

Becerreá

2.921

Saviñao, O

3.926

Capela, A

1.318

Begonte

3.115

Sober

2.375

Cariño

4.072

Bóveda

1.537

Taboada

2.928

Carnota

4.170

Carballedo

2.280

Trabada

1.133

Cerdido

1.191

Castroverde

2.726

Triacastela

680

Coirós

1.789

Cervantes

1.458

Valadouro, O

2.016

Corcubión

1.606

Cervo

4.295

Vicedo, O

1.802

Curtis

3.980

Corgo, O

3.581

Baralla

2.660

Dodro

2.853

Cospeito

4.754

Dumbría

3.085

Folgoso do Courel

1.060

Fisterra

4.737

Fonsagrada, A

3.768

Frades

2.428

Friol

3.894

Irixoa

1.369

Xermade

1.943

Laxe

3.148

Guntín

2.833

Lousame

3.429

Incio, O

1.740

Mañón

1.420

Xove

3.376

Mazaricos

4.087

Láncara

2.702

Mesía

2.700

Lourenzá

2.259

Moeche

1.220

Meira

1.747

Monfero

2.019

Mondoñedo

3.820

Muxía

4.941

Monterroso

3.741

Paderne

2445

Muras

668

Pino, O

4.653

Navia de Suarna

1.186

Rois

4.657

Negueira de Muñiz

215

San Sadurniño

2944

Nogais, As

1.161

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Santiso

1.672

Ourol

1.034

Quiroga

3.354

Sobrado

1.882

Palas de Rei

3.554

Somozas, As

1.160

Pantón

2.620

Toques

1.196

Paradela

1.887

Tordoia

3.522

Páramo, O

1.456

Touro

3.703

Pastoriza, A

3.212

Trazo

3.190

Pedrafita do Cebreiro

1.088

Val do Dubra

3.974

Pol

1.696

Vilarmaior

1.260

Pobra do Brollón, A

1.752

Vilasantar

1.275

Pontenova, A

2.402

Zas

4.756

Portomarín

1.528

ANEXO III
Concellos con menos de 5.000 habitantes (cifras oficiais da poboación en 1.1.2016)

Ourense

Pontevedra

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Amoeiro

2.264

Monterrei

2.713

Mondariz-Balneario

614

Arnoia, A

1.002

Muíños

1.572

Dozón

1.107

Avión

1.910

Nogueira de Ramuín

2.075

Fornelos de Montes

1.748

Baltar

986

Oímbra

1.894

Cerdedo

1.781

Bande

1.668

Paderne de Allariz

1.439

Campo Lameiro

1.894

Baños de Molgas

1.648

Padrenda

1.893

Crecente

2.131

Beade

427

Parada de Sil

592

Agolada

2.507

Beariz

1.003

Peroxa, A

1.948

Covelo

2.528

Blancos, Os

850

Petín

957

Lama, A

2.587

Boborás

2.443

Piñor

1.212

Rodeiro

2.644

Bola, A

1.270

Pobra de Trives, A

2.191

Arbo

2.770

Bolo, O

963

Pontedeva

588

Oia

3.002

Calvos de Randín

856

Porqueira

859

Pazos de Borbén

3.004

Carballeda de Avia

1.381

Punxín

729

Pontecesures

3.040

Carballeda de Valdeorras

1.664

Quintela de Leirado

616

Portas

3.056

Cartelle

2.757

Rairiz de Veiga

1.394

Catoira

3.376

Castrelo de Miño

1.490

Ramirás

1.571

Forcarei

3.621

Castrelo do Val

1.067

Riós

1.646

Barro

3.746

Castro Caldelas

1.313

Rúa, A

4.530

Neves, As

4.038

Cenlle

1.196

Rubiá

1.448

Cotobade

4.290

Chandrexa de Queixa

506

San Amaro

1.141

Moraña

4.313

Coles

3.126

San Cristovo de Cea

2.303

Mondariz

4.647

Cortegada

1.151

San Xoán de Río

583

Cuntis

4.794

Cualedro

1.792

Sandiás

1.286

Meis

4.844

Entrimo

1.209

Sarreaus

1.259

Illa de Arousa, A

4.909

Esgos

1.194

Taboadela

1.475

Gomesende

798

Teixeira, A

368

Gudiña, A

1.345

Toén

2.395

Irixo, O

1.546

Trasmiras

1.365

Larouco

487

Veiga, A

923

Laza

1.377

Verea

983

Leiro

1.642

Viana do Bolo

2.982

Lobeira

809

Vilamarín

1.996

Lobios

1.868

Vilamartín de Valdeorras

1.798

Maceda

2.938

Vilar de Barrio

1.394

Manzaneda

947

Vilar de Santos

858

Maside

2.818

Vilardevós

2.036

Melón

1.280

Vilariño de Conso

586

Merca, A

1.976

Xunqueira de Ambía

1.461

Mezquita, A

1.070

Xunqueira de Espadanedo

800

Montederramo

791

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file