O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2017
Convenio |
Importe achegado |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Sociedade Concesionaria Autoestrada Ourense-Celanova, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A. |
0,00 |
30.11.2017 |