Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017319AL-PO por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data 29 de decembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador núm. 2017319AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Eduardo Montes Dopazo, con DNI 77412179K como titular do establecemento Tercer Milenio.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Eduardo Montes Dopazo, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Tamén, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017319AL-PO.

Denunciado: Eduardo Montes Dopazo, como titular do establecemento Tercer Milenio.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, 28, Portonovo, 36970 Sanxenxo.

Feito imputado: ter no seu establecemento 2 botellas de licor café e 1 de augardente, carentes de etiquetado.

Preceptos infrinxidos: artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:

18.1. En todas as etapas da produción, transformación e a distribución deberá asegurarse a trazabilidade dos alimentos, [...].

18.4. [...] os alimentos comercializados deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilitar a súa trazabilidade mediante documentación ou información pertinentes [...].

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).