Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10676

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 379282.

Advertido un erro no extracto da citada orde, publicado no Diario Oficial de Galicia número 12, do 17 de xaneiro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 3.585 no punto cuarto, Importe, onde di: «A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 30.000,00 € que en ningún caso poderá superar o 75 % do orzamento total do proxecto subvencionable», debe dicir: «A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 30.000,00 € que, en ningún caso, poderá superar o 90 % do orzamento total do proxecto subvencionable».