Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10685

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 16 de febreiro de 2018 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O día 8 de xaneiro de 2018 publicouse a Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018. O prazo de solicitudes destas axudas, remata o día 19 de febreiro. Porén, nas últimas datas producíronse distintas incidencias técnicas que imposibilitaron o correcto funcionamento da sede electrónica. Por este motivo, cómpre ampliar o prazo de presentación de solicitudes das devanditas axudas.

En virtude do anterior, consonte co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o prazo de presentación das axudas convocadas pola Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018, ata o día 23 de febreiro, incluído.

Disposición derradeira

Esta orde entra en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural