Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10693

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018 pola que se publica o plan de formación continua do ano 2018 para o persoal da Policía Nacional con destino en Galicia.

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos corpos de seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia, publícase o plan de formación continua do ano 2018 para o persoal da Policía Nacional con destino en Galicia.

A Agasp desenvolverá en colaboración directa coa Xefatura Superior de Policía de Galicia os seguintes cursos dirixidos ao seu persoal, cuxas bases se especifican no anexo I desta resolución.

Denominación do curso

Horas lectivas

Prazas/edición

Edicións

Actuación operativa en suposto de custodias de persoas

14

20

2

Violencia de xénero

14

20

2

Tratamento policial de menores

12

20

1

Rescate acuático e utilización do kit de salvamento marítimo

8

16

1

Delitos cometidos a través das novas tecnoloxías e redes sociais

12

20

2

Básico de estranxeiría

16

20

1

Secuestros, extorsións e incidentes con reféns. Protocolo de actuación en roubos con violencia e intimidación en entidades bancarias e outros

14

20

1

Protección de indicios na escena do delito

8

20

2

Actualización e técnicas operativas de seguridade cidadá

15

20

2

Prevención de riscos en traballos en altura

14

20

1

Condución evasiva

8

20

2

Persoas desaparecidas e restos humanos sen identificar

6

20

1

A Estrada, 9 de febreiro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Persoal da Policía Nacional destinado en Galicia en servizo activo.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de se considerar oportuno, poderá acceder aos cursos persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia con competencias directas na materia que se desenvolva, e resérvanse expresamente prazas para eles.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase para si a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Lugar e datas

Os cursos desenvolveranse nas instalacións da Agasp.

As datas de cada curso estableceranse, polo menos, cunha antelación de 20 días naturais á súa realización, e comunicaranse desde a zona a todas as unidades para o coñecemento de todos/as os/as interesados/as.

Terceira. Solicitudes e criterios xerais de selección

As solicitudes faranse directamente á Secretaría Xeral da Xefatura Superior de Policía de Galicia, órgano encargado tamén da selección do alumnado.

Os criterios de selección para cada acción formativa, serán os indicados pola Secretaría Xeral da Xefatura Superior de Policía de Galicia. En caso de non haber especificidade ningunha, atenderase a criterios de orde de inscrición e número de cursos realizados con anterioridade.

A Secretaría Xeral da Xefatura Superior de Policía de Galicia remitirá ao Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp a listaxe do alumnado participante en cada acción formativa con, polo menos, 5 días hábiles antes do comezo de cada actividade, con todos os datos precisos para realizar a inscrición de xeito correcto.

Cuarta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto e poden realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. No caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior; en todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contando desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e de non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin ningún certificado acreditativo.

Quinta. Certificación

Para poder superar os cursos, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao final deles no caso de que os ditos cursos figuren con aproveitamento.

Sexta. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir sen necesidade dunha nova publicación no DOG.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.