Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1206/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1206/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zeus Solar Pena, Daniel Giao García e José Luis Rodríguez Calvo contra Isolux-Corsan UTE Fábrica de Tabacos, o Fogasa e Segur Euskal Security, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade número 1206/2015.

Demandantes: Zeus Solar Pena, Daniel Giao García, José Luis Rodríguez Calvo.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandados: Isolux-Corsan-UTE Fábrica de Tabacos, Segur Euskal Security, S.L., Fogasa.

«Sentenza número 38/2018.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Zeus Solar Pena, Daniel Giao García e José Luis Rodríguez Calvo fronte a Segur Euskal Security, S.L. e fronte a Isolux-Corsan UTE Fábrica de Tabacos e, en consecuencia, condeno estas solidariamente a aboar en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos:

• A Zeus Solar Pena a suma de 5.330,43 euros.

• A Daniel Giao García 4.815,38 euros.

• A José Luis Rodríguez Calvo 5.749,51 euros.

O Fogasa deberá observar o resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isolux-Corsan, UTE Fábrica de Tabacos, Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza