Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11253

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 611/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 611/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de UTE Citius Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982 contra Abeconsa, S.L., Semar Aluminio, S.L., Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, Roberto Cousillas Romero sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 54/2018.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 611/2015 seguidos perante este xulgado por instancia de UTE Citius Unión Temporal de Empresas, representada polo letrado Juan Antonio Armenteros Cuetos, contra INSS e TXSS, representados pola letrada Belén Guerra Díaz, Semar Aluminio, S.L. que non comparece, Roberto Cousillas Romero, asistido do letrado Francisco Méndez Senlle, Abeconsa, S.L., representada pola letrada Concepción Álvarez Rodil, Xestión Ambiental de Contratas, S.L., representada pola procuradora Fara Aguiar Boudín e asistida do letrado Balbino Irisarri Castro, que leva acumulados os autos SSS 700/2016 seguidos por instancia de Abeconsa, S.L.U. e os autos SSS 625/2015 seguidos por instancia de Xestión Ambiental de Contratas, S.L., dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido.

Que debo estimar e estimo as demandas presentadas por UTE Citius Unión Temporal de Empresas contra INSS e TXSS, Semar Aluminio, S.L., Roberto Cousillas Romero, Abeconsa, S.L., Xestión Ambiental de Contratas, S.L.; Abeconsa, S.L. contra UTE Citius Unión Temporal de Empresas, INSS y TXSS, Semar Aluminio, S.L. Roberto Cousillas Romero, Xestión Ambiental de Contratas, S.L.; Xestión Ambiental de Contratas, S.L. contra UTE Citius Unión Temporal de Empresas, INSS e TXSS, Semar Aluminio, S.L., Roberto Cousillas Romero, Abeconsa, S.L. e declaro deixar sen efecto a resolución que impuxo a recarga de prestacións.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza