Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 820/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 820/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Fernández Cambiazo contra Prosenorsa, S.L., o Fogasa, Insolvency & Legal, S.L.P. e a administración concursal de Prosenorsa, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 820/2015.

Demandante: Diego Fernández Cambiazo.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Prosenorsa, S.L.; admón. concursal de Prosenorsa, S.L., que non comparece; o Fogasa.

Sentenza número 37/2018.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018.

«Resolución.

Estimo a demanda formulada por Diego Fernández Cambiazo fronte Prosenorsa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro en concepto de diferenzas salariais a suma de 8.063,03 euros.

O Fogasa e a administración concursal da demandada deberán observar o resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza