Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Francisco Ferreiro Sanz.

Antecedentes.

Por Resolución do 28 de febreiro de 2017 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Francisco Ferreiro Sanz (ABI/2016/0032).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. núm. 70, do 23.3.2017), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 54, do 17.3.2017), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pontevedra, Lugo e Ponteareas por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 13 de maio de 2016 na cidade de Pontevedra, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Pontevedra, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, particularmente e sen prexuízo doutros, os que se deriven da sucesión do seus pais Manuel Ferreiro Ferreiro e Soledad Sanz Alonso, así como dos da súa esposa Purificación Guisande Lorenzo.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Francisco Ferreiro Sanz, con DNI 35127579R, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Soar de 144 m2 sobre o que se asenta un edificio situado na rúa García Abad, hoxe nº 19, da cidade de Lugo, que consta actualmente segundo os datos catastrais de baixo de 127 m2 de superficie, e tres andares altos de 88 m2 cada un. Estrema o conxunto: norte ou fronte, rúa García Abad; sur ou fondo, inmoble da rúa Esquecemento, nº 11, de Francisco Ferreiro Sanz, antes Antonio Cabado; leste ou esquerda entrando, edificio nº 17 da rúa García Abad, antes casa de Josefa Fernández; e oeste ou dereita entrando, edificio nº 21 da rúa García Abad, antes Abelardo Delgado Pazo. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 7438033PH1673N0001UF.

Valor catastral: 93.813,87 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Lugo nº 1, tomo 613, libro 234, folla 43, predio nº 15795, alta 2ª.

– Soar de 158 m2 sobre o que se asenta un edificio situado na actual rúa Esquecemento, nº 11, da cidade de Lugo, que consta hoxe, segundo o catastro, de baixo de 127 m2 de superficie, e tres andares altos, o primeiro de 89 m2, o segundo de 76 m2 e o terceiro de 43 m2. Estrema o conxunto: norte ou fondo, co edificio nº 19 da rúa García Abad, titularidade de Francisco Ferreiro Sanz, antes labradío de Manuel Rodríguez; sur ou fronte, con camiño público hoxe rúa Esquecemento; leste ou dereita, co edificio nº 17 da rúa García Abad e o edificio nº 13 da rúa Esquecemento, antes María López García; e oeste ou esquerda, co edificio nº 21 da rúa García Abad e o edificio nº 9 da rúa Esquecemento, antes labradío de Pilar Rivas Cobas. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 7438054PH1673N0001RF.

Valor catastral: 37.352,58 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Lugo nº 1, tomo 632, libro 245, folla 215, predio nº 17608, alta 1ª.

– Metade do dominio do piso 4º, letras A e B, do edificio Sagalo, da rúa Paseo de Colón da cidade de Pontevedra, con fachada posterior e lateral á rúa Víctor Said Armesto, con acceso polo portal segundo. Ocupa unha superficie útil de 180 m2, distribuído en vestíbulo, comedor, cuarto de estar, cinco dormitorios, catro baños e cociña. Estrema: fronte, descanso da escaleira segunda, oco do ascensor e caixa, e en parte piso letra D do mesmo andar; dereita entrando, Paseo Colón; esquerda, rúa Víctor Said Armesto; e fondo, patio de luces lateral e de Paulino Tilve Piñeiro e outros. Cota de participación: catro enteiros e oitenta e sete centésimas. Ten anexo un rocho no faiado do inmoble, sinalado co número doce. Non constan cargas nin gravames.

Comprende as referencias catastrais: 8778406NG2987N0029SS, 8778406NG2987N0030PP e 8778406NG2987N0056UU.

Valor catastral total: 79.438,27 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1, tomo 763, libro 322, folla 49, predio nº 30.767.

– Metade do dominio do piso 4º, esquerda, do nº 25, da rúa Laranxo da cidade de Pontevedra, cunha superficie útil de 71,77 m2. Estrema: fronte, descanso, oco da escaleira, patio de luces e piso cuarto dereita; dereita entrando, rúa Cobián Roffignac; esquerda, patio de luces e Cándido Pérez; e fondo, rúa das Flores ou Flórez. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 9580308NG2998S0011SE.

Valor catastral: 26.581 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– BBVA, conta de aforro: 0182 7256 22 8548724.

– BBVA, conta de aforro: 0182 5150 83 1695208 (50 %).

– Abanca, conta de aforro: 2080 5140 93 3000064968 (50 %).

– Abanca, fondo de inversión: 2080 5140 91 4600006043 (50 %).

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios.

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pontevedra, Lugo e Ponteareas.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda