Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13250

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de febreiro de 2018 pola que se autoriza o bloque común das actividades de formación deportiva, na modalidade a distancia, no centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra.

A Orde do 18 de xullo de 2017 autoriza a apertura e funcionamento do centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra, para impartir o bloque común propio das actividades de formación deportiva ás que fai referencia a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, reguladas na Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro.

A Secretaría Xeral para o Deporte solicita autorización para impartir estas ensinanzas na modalidade a distancia.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 24 sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar, na modalidade a distancia, o bloque común propio das actividades de formación deportiva as que fai referencia a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, reguladas na Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, do centro público que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro público.

Denominación específica: Escola Galega do Deporte.

Código do centro: 36024951.

Titular: Secretaría Xeral para o Deporte.

Domicilio: Padre Fernando Olmedo.

Localidade: Pontevedra.

Código postal: 36002.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

A titularidade do centro queda obrigada ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria