Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13705

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do concello de Teo.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 24 de novembro de 2017, aprobou o seguinte:

«29. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do concello de Teo para a recadación en período voluntario e executiva da taxa por ocupación do dominio público con mesas e cadeiras.

1. Aceptar a delegación das competencias tributarias acordada polo Concello de Teo en relación coa seguinte materia:

“Recadación voluntaria e executiva da taxa por ocupación do dominio público con mesas e cadeiras”.

2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 11 de decembro de 2017

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña