Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial de Navia (expediente 15666/411).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 25 de xaneiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación inicial á «modificación puntual do Plan parcial de Navia», instrumento urbanístico de iniciativa particular promovido polo IGVS, que inclúe a documentación presentada pola xefa da Área Provincial de Pontevedra, con datas do 17.10.2017 e do 20.10.2017 (doc. núm. 170141474 e 170143573 de rexistro de entrada nesta administración), consistente en dous exemplares en soporte dixital do documento para a modificación puntual do Plan parcial de Navia, etapas III-B, IV, V e VI, así como o documento nomeado “SEPARATA FOMENTO para a demarcación de estradas do Estado en Galicia”, consistente en dúas copias en formato dixital, documentación toda ela asinada dixitalmente polo arquitecto Rodrigo Portanet Fontana con datas do 25.9.2017 e 13.10.2017.

Segundo. Someter a información pública o expediente incluíndo o resumo executivo, polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia, no taboleiro de edictos desta XMU e na sede electrónica do Concello de Vigo, para os efectos de que durante o dito período poidan formularse alegacións e as suxestións pertinentes. Computarase o remate do referido prazo de alegacións desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, dilixenciarase a documentación exposta pola secretaria xeral, con notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados segundo relación catastral incorporada ao expediente.

Durante o referido prazo solicitaranse os informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coa normativa urbanística e sectorial de aplicación.

Terceiro. Acordar, consonte o disposto no 47.2 da LSG, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado en que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este se conforma polo ámbito que se reflicte nos planos de información INF.10 e INF.12 (escala 1/2000), e nos puntos 3.3.1 e 3.3.6 do título II- da memoria xustificativa, incluída na carpeta de títulos e anexos que, así mesmo, serán obxecto da publicación referida no parágrafo precedente».

Durante o período de información pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1a.php?lang=gal#/), no portal de transparencia, así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Vigo, 9 de febreiro 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo