Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 14843

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2018 pola que se determinan os centros históricos para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13 ter, do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, introduciu nos artigos 5 e 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, unhas deducións no imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e no imposto sobre o patrimonio, para revitalizar e poñer en valor os centros históricos. No IRPF créase unha dedución pola súa rehabilitación, e no Imposto sobre o Patrimonio, deducións pola afectación a actividades económicas de inmobles situados en centros históricos e pola participación nos fondos propios de entidades que exploten bens inmobles en centros históricos.

Para a aplicación destes beneficios fiscais hai que delimitar dunha forma clara o ámbito territorial que afecta, é dicir, hai que definir aquelas zonas consideradas centros históricos. A lei remítese a unha orde para esa delimitación concreta, mandato que esta norma cumpre.

A delimitación dos centros históricos para os efectos da aplicación destas deducións non se identifica exclusivamente cos que hoxe teñan a categoría de conxuntos históricos declarados ben de interese cultural, en dous sentidos: por unha banda, exclúense monumentos ou xacementos arqueolóxicos sen sentido de agrupación urbana, xa que o que se pretende é dinamizar centros urbanos e, por outra, amplíase a outros ámbitos que teñen as características de centro histórico segundo unha evolución urbana ao longo do tempo con características tipolóxicas e estruturais recoñecibles da súa época e un conxunto de valores culturais. Deste xeito, fórmanse tres grupos de centros históricos, segundo a súa tipoloxía:

1. Áreas con declaración de ben de interese cultural (BIC) na modalidade de «conxuntos históricos», agás monumentos ou xacementos arqueolóxicos singulares sen sentido de agrupación urbana.

2. Áreas con declaración de ben de interese cultural (BIC) noutras modalidades distintas de «conxuntos históricos» pero con sentido de agrupación urbana encaixable na actual definición de centro histórico.

3. Áreas sen declaración de ben de interese cultural cuxa estrutura urbana compacta e valor cultural como centro histórico contan cunha protección específica mediante a súa inclusión como conxuntos catalogados e dentro dunha iniciativa de fomento da actividade de rehabilitación de vivenda.

Para a delimitación xeográfica de cada centro histórico acúdese a delimitacións xa existentes, coa finalidade de simplificar a súa aplicación; para tales efectos, utilízanse aquelas delimitacións que máis se adecúen á finalidade destas deducións. Para iso utilízanse fundamentalmente as delimitacións previstas nos plans especiais de protección para os centros históricos do grupo 1, as previstas nos plans xerais municipais para os centros históricos do grupo 2 e as previstas nas áreas de rehabilitación integral (ARI) para os do grupo 3.

De conformidade coa doutrina constitucional sobre a retroactividade das normas tributarias, tendo en conta que se trata da regulación dun aspecto necesario para a aplicación de beneficios fiscais establecidos nunha lei que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2018, establécese a súa aplicación retroactiva desde esa mesma data.

A presente orde consta dun artigo único, dunha disposición transitoria única que establece a súa aplicación retroactiva e dunha disposición derradeira única sobre a entrada en vigor. O seu contido adecúase aos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia que establece o artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade coa competencia atribuída no artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, de acordo co Consello Consultivo de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Centros históricos a que se refiren os números 14 do artigo 5 e 6 e 7 do artigo 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo:

1. Os centros históricos a que se refiren os números 14 do artigo 5 e 6 e 7 do artigo 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, serán os enumerados no anexo, delimitados de acordo cos instrumentos xurídicos que se sinalan para cada centro histórico.

2. A pertenza do ben inmoble a un centro histórico acreditarase mediante certificado emitido polo concello correspondente de que o ben inmoble está situado dentro da delimitación fixada no anexo.

Disposición transitoria única. Aplicación retroactiva

Esta disposición será de aplicación con efectos do 1 de xaneiro de 2018.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Relación de centros históricos

Centro histórico

Concello

Delimitación

Aprobación

Aldeas e lugares de Santa Mariña de Augas Santas

Allariz

Área de rehabilitación integral xeral

16.9.2015

Allariz

Allariz

Plan especial do núcleo histórico

9.5.1995

Baiona

Baiona

Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico

2.6.2011

Betanzos

Betanzos

Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico

2.12.1992

Pazos de Arenteiro

Boborás

Plan xeral de ordenación municipal 204. Conxunto histórico de Pazos de Arenteiro

16.9.2011

Núcleo urbano de Santo Tomé

Caldas de Reis

Área de rehabilitación integral

19.1.2017

Cambados

Cambados

Plan especial de protección e ordenamento do conxunto histórico de cambados

30.12.1999

Núcleo antigo e zona ampliada de Cangas

Cangas

Área de rehabilitación integral

11.4.2001

Castro Caldelas

Castro Caldelas

Plan especial de protección e ordenación do conxunto histórico

17.11.1994

Castro de Rei

Castro de Rei

Delimitación do solo urbano

1.4.1977

Contorna do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do burgo medieval de Vilanova dos Infantes

Celanova

Área de rehabilitación de conxunto histórico

24.10.2002

Núcleo antigo de Chantada

Chantada

Área de rehabilitación integral

5.6.2000

Corcubión

Corcubión

Plan especial do conxunto histórico

9.4.1991

Coruña (A)

Coruña (A)

Revisión e adaptación do Plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería

26.1.2015

Núcleo de San Vicenzo de Elviña

Coruña (A)

Área de rehabilitación integral xeral

22.7.2015

Barrio da Graña

Ferrol

Área de rehabilitación integral

6.6.2005

Barrio da Madalena

Ferrol

Plan especial de reforma interior do barrio da Magdalena

27.9.2007

Barrio de Esteiro Vello

Ferrol

Área de rehabilitación integral xeral

22.7.2015

Ferrol Vello

Ferrol

Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello

16.12.2015

Núcleo antigo de Lourenzá e áreas de respecto

Lourenzá

Área de rehabilitación integral xeral

29.1.2003

16.9.2015

Lugo

Lugo

Plan especial de protección e reforma interior do recinto amurallado

3.2.1997

Manzaneda

Fortaleza de Manzaneda (BIC)

Manzaneda

Proxecto de ordenación do medio rural

Such (solo urbano de núcleo histórico plano iii.4.1.1)

27.6.2003

Zona vella e barrio da Banda do río Lameira

Marín

Área de rehabilitación integral xeral

7.7.2011

16.9.2015

Núcleo antigo de Meira

Mosteiro de Santa María de Meira (Ben de interese cultural)

Meira

Plan xeral de ordenación urbana

Núcleo antigo (Plano zonificación 1)

29.12.1977

Mondoñedo

Mondoñedo

Área de rehabilitación de centro histórico. Núcleo histórico de Mondoñedo e barrios históricos de S. Lázaro e Os Muíños

23.4.1998

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Área de rehabilitación integral xeral conxunto histórico e zonas de respecto no concello de Monforte de Lemos. Ampliada

25.4.2003

22.7.2015

Núcleos de Mugardos e O Seixo

Mugardos

Área de rehabilitación integral

17.4.2006

Muros

Muros

Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico

9.5.2008

Conxunto histórico de Neda

Neda

Área de rehabilitación integral

17.11.2003

Noia

Noia

Plan especial de protección e reforma interior de núcleo histórico

30.6.1998

O Castro

Fortaleza do Castro (Ben de interese cultural)

O Barco de Valdeorras

Plan xeral de ordenación municipal

Pep-1 O Castro (delimitación plano 2.3 folla 8 de 31)

27.6.2003

As Burgas

Ourense

Plan especial de protección do ben de interese cultural con categoría de sitio histórico do conxunto Fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado

20.1.2012

Núcleo de Seixalbo

Ourense

Area de rehabilitación de conxunto histórico

24.10.2003

Ourense

Ourense

Plan especial de protección e reforma interior núcleo histórico

13.9.1996

Núcleo urbano histórico de Padrón

Padrón

Área de rehabilitación integral

14.11.2003

O Cebreiro

Pallozas do Cebreiro (Ben de interese cultural)

Pedrafita do Cebreiro

Plan xeral de ordenación municipal

Área de protección de conxunto histórico

Plano de ordenación número 2

3.2.2010

Combarro

Poio

Plan especial de Combarro e Catálogo de edificios e conxuntos do termo municipal

25.9.2001

Pontedeume

Comarca eumesa e Torreón dos Andrade (Ben de interese cultural)

Pontedeume

Plan xeral de ordenación municipal.

Ámbito Pe-1 do Plan especial de protección e rehabilitación do núcleo histórico

27.5.2016

Núcleo de Estribela

Pontevedra

Área de rehabilitación integral

3.5.2007

Pontevedra

Pontevedra

Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico

27.2.2003

Núcleo urbano de Quiroga

Quiroga

Área de rehabilitación integral xeral

19.10.2009

16.9.2015

Rianxo, Rianxiño y A Fincheira

Rianxo

Área de rehabilitación integral

5.5.2008

Núcleo antigo de San Cristovo de Ribadavia

Ribadavia

Área de rehabilitación integral

9.7.2008

Ribadavia

Ribadavia

Plan especial de reforma interior do núcleo histórico

25.2.1999

Núcleo de Rinlo

Ribadeo

Área de rehabilitación integral

16.3.2009

Ribadeo

Ribadeo

Plan xeral de ordenación municipal

Ámbito Plan especial de protección e reforma interior-1

14.11.2014

Barrios orixinarios de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas

Área de rehabilitación integral xeral

16.9.2015

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica Pe-1

24.3.1997

Núcleo antigo de Sarria

Sarria

Área de rehabilitación integral

3.10.2003

Tui

Tui

Plan xeral de ordenación municipal

(Ámbito Plan especial de protección de conxunto histórico-artístico)

26.1.2011

Barrio de San Lázaro e núcleo antigo de Verín

Verín

Área de rehabilitación integral

17.4.2006

Núcleo histórico de Bouzas

Vigo

Área de rehabilitación integral

25.3.2003

Vigo

Vigo

Plan especial de protección e reforma interior do núcleo vello de vigo

12.4.2007

Zona vella de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Área de rehabilitación integral

19.10.2009

Núcleo de Carril

Vilagarcía de Arousa

Área de rehabilitación integral

2.3.2007

Núcleo de Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa

Área de rehabilitación integral

2.3.2007

Zona antiga e zona ampliada de Vilalba

Vilalba

Área de rehabilitación integral

13.9.2000

Núcleo de Vilar de Santos

Vilar de Santos

Área de rehabilitación integral rural

21.6.2011

Praza de Santa María do Campo de Viveiro

Viveiro

Plan especial de protección e de reforma interior do núcleo antigo

7.8.1997

Conxunto histórico de Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía

Área de rehabilitación integral xeral

16.9.2015