Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15944

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 389307.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda solicitada, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).

a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2018 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (incorporación de mozos á actividade agraria, procedemento MR404A).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de sesenta e cinco millóns de euros (65.000.000), repartido en:

– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A), corenta millóns de euros (40.000.000).

– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A), vinte millóns de euros (20.000.000).

– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B), cinco millóns de euros (5.000.000).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias