Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Central Unitaria de Traballadores (CUT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Central Unitaria de Traballadores (CUT).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán estar afiliados á CUT todos os traballadores e traballadoras de Galicia maiores de 16 anos, en activo, parados, pensionistas ou xubilados, coa única condición de que acepten estes estatutos, independentemente das súas crenzas relixiosas, sexo, nacionalidade, ideoloxía ou filiación política, sempre que a súa práctica non entre en aberta contradición cos obxectivos e principios da CUT.

Asinantes: Xulio Axeitos Bello, Carmen Costas Villar e María Jesús Porriño Varela.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego