Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente de subvención para a xeración de emprego estable do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego TR340K-2011/000126-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución recaída no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 16 de marzo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR340K-2011/000126-1.

Acordo de procedencia de reintegro total da subvención.

Solicitante: Creative Media Farm, S.L.

NIF/NIE: B70271069.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención para a xeración de emprego estable do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego.

Data da resolución: 26 de xaneiro de 2018.