Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 3 de abril de 2018 Páx. 18322

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se habilitan asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece no artigo 3.5 que un dos fins do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional é o de avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, calquera que for a súa forma de adquisición e, no seu artigo 4, establece que un dos seus instrumentos é o procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais.

O Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, desenvolve o establecido no artigo 8.4 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establecendo o procedemento e os requisitos para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/a de vías non formais de formación, así como os seus efectos.

No seu artigo 22.1 establece que as administracións responsables do procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais, no seu ámbito territorial correspondente, terán entre as súas funcións habilitar os asesores e avaliadores e manter un rexistro deles.

No mesmo artigo establécese que a Administración xeral do Estado e as administracións competentes das correspondentes comunidades autónomas habilitarán as persoas necesarias para garantir o desenvolvemento das funcións de asesoramento e avaliación que deberán cumprir, en todo caso, os requisitos establecidos no artigo 25.1.

Para a implantación do procedemento en Galicia, o Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación e Ordenación Universitaria, atribúe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as competencias para a promoción e o desenvolvemento do recoñecemento de competencias profesionais nas diferentes familias profesionais que compoñen o Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Así mesmo, indica que será a Subdirección Xeral de Formación Profesional a quen lle corresponde a organización e coordinación do sistema de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias profesionais.

Pola Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG do 10 de xaneiro de 2018) convocouse o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O artigo 2 da devandita orde establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada da organización e o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias adquiridas pola experiencia laboral e por vías non formais de formación, a través da Subdirección Xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas.

Segundo a autorización establecida na disposición derradeira primeira da mesma orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Habilitar as persoas incluídas no anexo desta resolución para desenvolver as funcións de asesoramento e/ou avaliación, en determinadas unidades de competencia ou familia profesional do Catálogo nacional de cualificacións profesionais de conformidade co Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral; e incorporalas ao correspondente rexistro.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Sector produtivo

Familia profesional

DNI

Nome e apelidos

Tratamento

Código UC

Unidade de competencia

Código
habilitación

Administración e xestión

32441918G

Manuel Pérez Millares

Avaliador

UC0233_2

Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación

AVP023321158

UC0973_1

Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia

AVP097311159

UC0975_2

Recepcionar e procesar as comunicacións internas e externas

AVP097521156

UC0976_2

Realizar as xestións administrativas do proceso comercial

AVP097621161

UC0977_2

Comunicarse nunha lingua estranxeira cun nivel de usuario independente nas actividades de xestión administrativa en relación co cliente

AVP097721157

UC0978_2

Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático

AVP097821160