Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 42/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 42/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Bermúdez Grela contra Obras y Reformas Larman, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 501/17, do 13.11.2017, ditada no procedemento ordinario 545/15 a favor da parte executante, Ramón Bermúdez Grela, fronte a Obras y Reformas Larman, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 10.602,16 euros en concepto de principal (8.538,81 euros en concepto de salarios, 2.063,35 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.060,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Obras y Reformas Larman, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Ramón Bermúdez Grela e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Reformas Larman, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza