Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 6 de abril de 2018 Páx. 19005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 58/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 58/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Espasandín Rodríguez contra Aberman Empresa Constructora, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 497/17, do 10.11.2017, ditada no procedemento ordinario 363/15 a favor da parte executante, Juan Carlos Espasandín Rodríguez, fronte a Aberman Empresa Constructora, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 18.901,35 euros en concepto de principal (8.228,90 euros en concepto de pagas extra, vacacións, falta de aviso previo e indemnización, 1.453,08 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os salarios, que comportan 5.559,48 euros, 219,37 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do CC sobre a indemnización, que comporta 2.659,42 euros), máis outros 1.890,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Aberman Empresa Constructora, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 18.901,35 euros en concepto de principal (8.228,90 euros en concepto de pagas extra, vacacións, falta de aviso previo e indemnización, 1.453,08 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os salarios, que comportan 5.559,48 euros, 219,37 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do CC sobre a indemnización, que comporta 2.659,42 euros), máis outros 1.890,13 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 058 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Aberman Empresa Constructora, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aberman Empresa Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza