Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 899/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 899/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Bello Reino contra Santiago Dos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 132/2018

PO Procedemento ordinario 899/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: José Bello Reino

Demandados: Santiago Dos, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.

Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, unha vez visto o procedemento ordinario 899/2016 por instancia de José Bello Reino contra Santiago Dos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en nome do rei pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta pola parte demandante contra Santiago Dos, S.L., administrador concursal, e condénanse as codemandadas ao aboamento de 22.562,73 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza