Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20592

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O sector agroalimentario galego carece de elementos de vertebración. A sinatura de contratos homologados entre industria e produción non está adecuadamente consolidada. As estruturas asociativas, agás excepcións, non dispoñen da dimensión suficiente para afrontar iniciativas de transformación e comercialización directa.

Por outra banda, a transformación industrial está concentrada en produtos de primeira transformación de baixo valor engadido. Nestas condicións, a distribución decide as pautas dos prezos e as condicións de mercado. Os datos de contexto mostran espazos para o desenvolvemento de produtos de alto valor engadido e de calidade diferenciada e a promoción de canais curtos de distribución, cunha participación máis directa dos produtores.

Facilitar a creación de agrupacións e organizacións de produtores propiciará a adaptación da produción e o rendemento dos produtores ás exixencias do mercado, a comercialización conxunta dos produtos, o establecemento de normas comúns relativas á información sobre a produción e outras actividades como o desenvolvemento de competencias empresariais e comerciais e a organización de procesos innovadores.

Vistos o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, que establece axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, o Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144 do 18 de novembro de 2015 pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e a Decisión de Execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, polo que se modifica o PDR de Galicia 2014-2020.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación de grupos e organizacións de produtores no ámbito de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2018, no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 9 Creación de grupos e organizacións de produtores, submedida 9.1 Creación de agrupacións e organizacións de produtores no sector agrícola e forestal (procedemento MR421A).

A medida enlaza, esencialmente, coa prioridade 3 e, particularmente, coa área focal 3A, mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea alimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrícolas, promoción en mercados locais e circuítos de distribución curtos, agrupación de produtores e organizacións interprofesionais.

Artigo 2. Definicións

Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:

1. Organizacións de produtores (OP): as reguladas no artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a Organización Común de Mercados dos Produtos Agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, que foron aplicados mediante a normativa prevista no anexo I.

2. Ámbito de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia: cando, polo menos, o 90 % do volume de produción dos membros da OP proceda de efectivos produtivos situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Membros: as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias. No caso de SAT ou cooperativas, consideraranse membros os titulares das explotacións agrarias que os integren.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas as organizacións de produtores recoñecidas oficialmente como tales desde o 1 de xaneiro de 2014 en función da normativa nacional sectorial, ou que adquiran tal recoñecemento sobre a base do seu plan empresarial.

Artigo 4. Requisitos dos beneficiarios

1. Poderán optar a esta axuda todos os sectores produtivos a excepción de:

– Sector avícola (tanto de posta como de engorda).

– Sector porcino.

2. O seu ámbito de actuación debe ser a Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O seu domicilio social debe radicar no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O seu tamaño non pode superar a categoría de peme.

5. Debe achegar un plan empresarial dun máximo de 5 anualidades, contabilizadas segundo o indicado no artigo 7, cunha estrutura e contido acorde co indicado no artigo 8, e que responda, polo menos, a un dos seguintes obxectivos:

a) A adaptación da produción e o rendemento dos produtores que sexan membros de tales agrupacións u organizacións ás exixencias do mercado.

b) A comercialización conxunta dos produtos, incluída a preparación para a venda, a centralización das vendas e o abastecemento aos grosistas.

c) O establecemento de normas comúns relativas á información sobre a produción, con especial referencia ás colleitas e á dispoñibilidade.

d) Outras actividades que poidan realizar as agrupacións e organizacións de produtores, tales como o desenvolvemento de competencias empresariais e comerciais, e a organización e facilitación de procesos innovadores.

6. Debe comprometerse a manter as condicións de recoñecemento como agrupación ou organización de produtores, durante polo menos 5 anos contados desde a data de pagamento da primeira anualidade da axuda.

7. Non ter a consideración de empresa en crise. No caso de empresas intermedias, a consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), considerándose que unha empresa intermedia está en crise se concorre, polo menos, unha das circunstancias ás cales se fai referencia no punto 20, letras a), b), c) e d) das ditas directrices. Mentres que no caso das pequenas ou medianas empresas, aquelas que entren dentro da categoría de empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

8. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas pequenas e medianas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

9. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben de estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

10. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursos os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Duración das anualidades do plan empresarial

O plan empresarial terá unha duración máxima de cinco anos, que se contabilizarán como segue:

1. Nas OP que no momento da presentación de solicitude se atopen no seu primeiro ano de funcionamento desde o seu recoñecemento oficial:

1ª anualidade: desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria (n), ou data de recoñecemento de ser posterior a esta data, ata o 1 de outubro do mesmo ano (n).

2ª anualidade: desde o 2 de outubro do ano da convocatoria (n) ata o 1 de outubro do ano seguinte (n+1).

3ª anualidade: desde o 2 de outubro do ano n+1 ata o 1 de outubro do ano n+2.

4ª anualidade: desde o 2 de outubro do ano n+2 ata o 1 de outubro do ano n+3.

5ª anualidade: desde o 2 de outubro do ano n+3 ata dous meses antes da data en que cumpra o quinto ano desde o recoñecemento oficial como OP, sen que supere en ningún caso o día 1 de outubro do ano n+4.

2. Nas OP que no momento da presentación de solicitude non se atopen no seu primeiro ano de funcionamento desde o seu recoñecemento oficial, o número de anualidades verase reducido:

A primeira anualidade que se contabilice será a anualidade que corresponda en función do tempo transcorrido desde o recoñecemento oficial, e a súa duración contabilizarase desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria ata o 1 de outubro dese mesmo ano. Así mesmo, a última anualidade contabilizarase ata dous meses antes da data en que cumpra o quinto ano desde o recoñecemento oficial como OP, sen que supere en ningún caso o día 1 de outubro do dito ano.

Artigo 8. Plan empresarial

O plan empresarial terá unha duración máxima de cinco anos e deberá ter a estrutura e o contido mínimo seguinte:

1. Descrición da situación inicial da OP, con indicación das fases e obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova organización.

2. Información pormenorizada sobre investimentos, formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da organización.

3. Descrición dos seguintes aspectos do plan:

3.1. Datos básicos da OP.

3.2. Datos básicos do proxecto.

3.3. Promotores.

3.4. Produtos/servizos.

3.5. Plan de produción.

3.6. Análise de mercado (con matriz dafo).

3.7. Plan de márketing.

3.8. Organización e persoal.

3.9. Plan de investimentos.

3.10. Escenario económico (ingresos, gastos, investimento, financiamento, balance, conta de resultados e tesouraría).

4. Obxectivo ou obxectivos finais do plan empresarial (debe incluír, polo menos, un dos indicados no artigo 4.5 desta orde).

A planificación dos ditos obxectivos debe materializarse nunha serie de fitos parciais, de carácter anual, que cumpran as seguintes condicións:

4.1. Establecerase un mínimo de 3 e un máximo de 5 fitos.

• Incremento porcentual do número de membros.

• Incremento porcentual do volume de produción comercializada pola OP.

• Incremento porcentual do valor comercial dos produtos: valor de produción comercializada/volume de produción comercializada.

• Incremento porcentual da superficie dedicada a agricultura ecolóxica.

• Incremento porcentual do volume de produción de carne ecolóxica.

• Realización de accións conxuntas por todos os membros da OP que contribúan a obxectivos de innovación.

• Realización de accións conxuntas por todos os membros da OP que contribúan a obxectivos de mellora do medio.

4.2. Deben ser cuantificables e fáciles de medir mediante indicadores obxectivos que permitan estimar, cunha regra numérica, o seu grao de cumprimento para cada anualidade.

4.3. Cronograma indicativo das actuacións que se van realizar, segundo o modelo do anexo II, coa programación dos fitos que se van seguir e o orzamento aproximado de cada etapa anual e final da execución do plan. Indicarase a porcentaxe, sobre un total do 100 % en cada anualidade, da contribución que supón cada fito á consecución dos obxectivos do plan empresarial, a contribución mínima de cada un dos fitos debe ser dun 20 %.

Artigo 9. Importe da axuda

1. A axuda consiste nunha cantidade fixa que será aboada en tramos anuais durante os cinco primeiros anos desde a data en que a autoridade competente recoñeza oficialmente a agrupación ou organización de produtores.

2. A axuda calcularase en función do valor da produción comercializable (VPC) da organización de produtores, tomando como referencia a VPC da anualidade anterior a aquela en que se solicita a axuda. De ser unha OP de nova creación, tomarase como referencia para a primeira anualidade a media do VPC dos seus membros, nos 3 anos anteriores á súa incorporación á OP.

3. Establécese un importe máximo subvencionable de 100.000 € anuais e non excederá:

O 1º ano de funcionamento o 10 % do VPC.

O 2º ano de funcionamento o 9 % do VPC.

O 3º ano de funcionamento o 8 % do VPC.

O 4º ano de funcionamento o 7 % do VPC.

O 5º ano de funcionamento o 6 % do VPC.

4. O número de anualidades verase reducido no caso de OP que non estean no seu primeiro ano de funcionamento desde a data do seu recoñecemento oficial, tomando como referencia para determinar a primeira anualidade pola que poden recibir subvención o último día do prazo de presentación da solicitude de axuda.

5. En ningún caso se poderán aboar estas axudas máis aló do quinto ano seguinte ao recoñecemento oficial da organización de produtores. Así, as organizacións de produtores percibirán axudas unicamente polos anos que resten ata o cumprimento do quinto desde a data do recoñecemento, polas contías correspondentes á anualidade ou ás anualidades que corresponda en función do tempo transcorrido desde o recoñecemento oficial.

6. O último tramo aboarase despois da comprobación da correcta execución do plan empresarial.

7. A axuda estará supeditada ao cumprimento dos fitos anuais do plan empresarial, o que se xustificará anualmente cunha memoria e certificación dunha auditoría independente tal e como se sinala no artigo 25.

8. A contía da axuda que se vai recibir determinarase en función do grao de cumprimento do conxunto de fitos establecidos no plan empresarial. Para determinar o grao de cumprimento terase en conta o nivel de cumprimento de cada fito considerando a ponderación de cada un deles aos obxectivos do plan empresarial de acordo co previsto no artigo 8, punto 4.1. Deste xeito, o cálculo realizarase do seguinte modo:

a) Para cobrar o 100 % da axuda deberá ter un grao de cumprimento superior ao 80 %.

b) Si o grao de cumprimento está entre o 50 % e o 80 % incluídos, aboarase esa mesma porcentaxe da axuda aprobada.

c) De ser o grao de cumprimento inferior ao 50 %, daranse por incumpridas as condicións da subvención e, polo tanto, non se procederá ao pagamento ao non estar xustificada a axuda concedida.

Artigo 10. Tramitación e resolución das axudas

1. O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Unha vez que o Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario verifique o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado, despois de baremar as solicitudes de acordo co artigo 24 criterios de selección de operacións, formulará a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular desta consellería ou en quen delegue, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de catro meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR da que se trate.

Artigo 12. Modificacións

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Calquera modificación do plan empresarial aprobado requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa. Estes cambios sobre o plan empresarial deberán ser autorizados pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira do Medio Rural.

3. O prazo para resolver estes cambios será de 1 mes. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio do plan empresarial.

4. O beneficiario poderá solicitar unha única modificación por cada período de execución, e poderá facelo ata dous meses antes da data límite de presentación das solicitudes de pagamento.

5. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tiveron lugar con posterioridade a ela.

6. A consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 13. Recursos administrativos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución for expresa.

Artigo 14. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa xustificación da execución total do plan empresarial e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 15. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Procederá o reintegro total nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas dos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Nos demais supostos recollidos na normativa reguladora da subvención.

3. Durabilidade: deberá reembolsarse a axuda se, nos cinco anos seguintes ao pagamento inicial ao beneficiario, se produce calquera das seguintes circunstancias:

a) Cesamento ou relocalización da actividade produtiva fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cambio sustancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de xeito que se menoscaben os obxectivos orixinais.

4. No caso dun pagamento indebido, atendendo ao disposto no artigo 7 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, se é o caso, os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

5. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os efectivos produtivos da OP.

b) Destrución accidental dos locais da OP.

c) Epizootia ou enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade do gando ou dos cultivos, respectivamente, do beneficiario.

d) Expropiación da totalidade o dunha parte importante das explotacións dos membros da OP, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

6. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria sexa absorbida ou fusionada por persoa xurídica que cumpra os requisitos exixidos, e esta asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

7. En materia de reintegro da axuda tamén será de aplicación a normativa comunitaria establecida no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a el, polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

Artigo 16. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a responsable de efectuar os controis aplicación da normativa comunitaria establecida no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a el, polo Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

2. Os pagamentos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible durante os controis administrativos. A autoridade competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe pagadoiro ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe pagadoiro ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado consonte a letra a) supera o importe fixado conforme a letra b) en máis do 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado conforme á letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis aló da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar á satisfacción da autoridade competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro xeito a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

A sanción administrativa mencionada aplicarase, mutatis mutandis, aos gastos non admisibles detectados durante os controis sobre o terreo.

3. Non se aplicará ningunha redución, sanción ou exclusión nos seguintes supostos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior.

b) Cando o incumprimento obedeza a erros obvios.

c) Cando o incumprimento obedeza a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade, e se á persoa afectada por sanción administrativa non lle for posible detectar o erro.

d) Cando o interesado poida demostrar de forma satisfactoria para autoridade competente que non é responsable do incumprimento das súas obrigas ou se a autoridade competente adquire doutro modo a convicción de que o interesado non é responsable.

e) Cando o incumprimento sexa de carácter menor, segundo defina a Comisión.

f) Outros casos en que a imposición dunha sanción non sexa axeitada, segundo defina a Comisión.

4. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da comunidade autónoma.

5. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Obriga de facilitar información

1. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

2. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á Autoridade de Xestión para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 18. Publicidade das axudas cofinanciadas polo Feader

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 2,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 22,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. A notificación da concesión da axuda informará aos beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, na medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 9.1 Creación de agrupacións de produtores no sector agrícola e que a medida enlaza esencialmente coa prioridade 3 e, particularmente, coa área focal 3A, mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea alimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrícolas, promoción en mercados locais e circuítos de distribución curtos, agrupación de produtores e organizacións interprofesionais.

3. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril de 2016, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. Así:

• En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

– O emblema da Unión.

– Unha referencia á axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

• Durante a realización da operación, o beneficiario informará ao público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

– Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

– No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando ao menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo III, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, así como a bandeira europea e o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural, nun lugar ben visible para o público.

– No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo III. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo III de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada.

Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán, como mínimo, o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 19. Transparencia, bo goberno e publicidade

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. Así mesmo, a presentación da solicitude tamén leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 11, as resolucións de concesión ou denegación da axuda serán obxecto de publicación de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación terá os efectos da notificación.

4. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 20. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2018, con carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 21. Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 22. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

b) Documentación que acredite a condición de peme.

c) Copia dos estatutos da OP.

d) Certificado do valor da produción comercializada por todos os membros da OP no exercicio anterior ao da solicitude. De ser unha OP de nova creación, deberá achegar a dos seus membros, nos 3 anos anteriores á súa incorporación á OP.

e) Documentación acreditativa do VPC no exercicio anterior ao da solicitude. De ser unha OP de nova creación, deberá achegar a dos seus membros, nos 3 anos anteriores á súa incorporación á OP.

f) Plan empresarial que cumpra as condicións indicadas no artigo 8.

g) Para os efectos de valorar o criterio «Organizacións ou agrupacións que inclúan un sistema de xestión ambiental como a norma ISO 14001 ou o EMAS»: certificado de empresa acreditada para implantación e mellora do sistema de xestión ambiental correspondente.

h) Para os efectos de valorar o criterio «Organizacións ou agrupacións que inclúan un sistema de calidade como a norma ISO 9001 ou o GlobalGap»: certificado de empresa acreditada para implantación e mellora do sistema de calidade correspondente.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 23. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante legal.

– Estar ao día de pagamento de obrigas tributarias (AEAT).

– Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

– Estar ao día de pagamento coa Xunta de Galicia.

– Estar inscrita a OP no rexistro correspondente como organización de produtores, e comprobación do ámbito de actuación autonómico, nos termos definidos no artigo 2.2 desta orde.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 24. Criterios de prioridade

1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.

2. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Sectores produtivos:

i. Estratéxicos da agricultura galega: planta e flor e de vacún de leite: 5 puntos.

ii. Resto de sectores: 4 puntos.

b) Organizacións ou agrupacións que inclúan un sistema de xestión ambiental como a norma ISO 14001 ou o EMAS: 5 puntos.

c) Organizacións ou agrupacións que inclúan un sistema de calidade como a norma ISO 9001 ou o GlobalGap: 5 puntos.

d) Expedientes cun plan de negocios que prevexa un maior volume de comercialización (VPC) ao finalizar a última anualidade:

1) > 2.500.000 €: 5 puntos.

2) ≥ 2.500.000 € e < 2.000.000 €: 4 puntos.

3) ≥ 2.000.000 € e <1.500.000 €: 3 puntos.

4) ≥ 1.500.000 € e <1.000.000 €: 2 puntos.

5) ≥ 1.000.000 € e < 500.000 €: 1 punto.

6) ≤ 500.000 €: 0 puntos.

e) Número de socios integrantes na organización de produtores:

i. Número de socios ≥ 20 % do mínimo exixido para o seu recoñecemento: 5 puntos.

ii. < 20 % e ≥ 15 %: 4 puntos.

iii. < 15 % e ≥ 10 %: 3 puntos.

iv. < 10 % e ≥ 5 %: 2 puntos.

v. < 5 %: 1 punto.

f) Ámbito territorial. Conten con socios en:

i. As catro provincias: 4 puntos.

ii. Tres provincias: 3 puntos.

iii. Dúas provincias: 2 puntos.

iv. Só nunha provincia: 1 punto.

g) Produtos galegos de calidade. Organización de produtores que comercialicen produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida: 3 puntos.

2. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos, e polo menos dous criterios.

3. No caso de empate en puntos priorizaranse segundo a orde dos criterios de selección.

Artigo 25. Xustificación e pagamento da axuda

1. As persoas interesadas deberán solicitar o pagamento da axuda achegando a documentación correspondente, nos 15 días naturais seguintes á data de finalización da anualidade do plan empresarial, establecidas no artigo 7, para o que se solicite o pagamento.

2. As solicitudes de pagamento da axuda deberán acompañarse dos seguintes documentos:

a) Certificación da autoridade competente que recoñeceu a OP, indicando:

i. O mantemento do recoñecemento como OP ou se, polo contrario, lle foi suspendido ou retirado o dito recoñecemento.

ii. Información relativa ao mantemento ou non do ámbito de actuación autonómico da OP.

b) Memoria onde se valore o grao de consecución dos fitos anuais indicados no plan empresarial, para a anualidade para a que se solicita o pagamento. Debe reflectir os gastos asociados ao cumprimento do plan empresarial, ponderando a súa contribución aos obxectivos marcados no dito plan.

No caso de tratarse da solicitude de pagamento da última anualidade, unha memoria final que permita valorar o grao de cumprimento final dos obxectivos presentados.

c) Certificación emitida por unha auditoría independente inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, en que:

i. Se verifique o grao de cumprimento do plan empresarial na anualidade para a que se solicita o pagamento.

ii. O valor da produción comercializada para a anualidade do plan empresarial anterior a aquela para a que se solicita o pagamento. De ser unha OP de nova creación, para a primeira anualidade a media do VPC dos seus membros, nos 3 anos anteriores á súa incorporación á OP.

d) Documentación que xustifique que o beneficiario se segue axustando á definición de peme.

3. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 26. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 13.03.712C.770.0 (CP 2016 00189), para o ano 2018, trescentos mil euros (300.000), para o ano 2019, catrocentos mil euros (400.000), para o ano 2020, trescentos mil euros (300.000), para o ano 2021, douscentos cincuenta mil euros (250.000) e para o ano 2022, douscentos cincuenta mil euros (250.000). En total, un millón cincocentos mil euros (1.500.000).

2. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Disposición adicional primeira. Réxime xurídico

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

– A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– O Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Disposición transitoria. Cláusula suspensiva

As axudas reguladas na presente orde están condicionadas á aprobación pola Comisión Europea da modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Como consecuencia:

a) As resolucións de concesión de subvención que se adopten quedarán suxeitas á condición suspensiva mentres non se produza a referida aprobación.

b) Os beneficiarios da axuda estarán obrigados ao cumprimento do previsto no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aínda cando os termos finais en que sexa aprobada a modificación recollan obrigacións, condicións ou requisitos non previstos nestas bases reguladoras.

c) Nos supostos de diverxencias cos termos finais do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de audiencia do interesado, resolverá a modificación das concesións de subvención afectadas, as cales poderán ser deixadas total ou parcialmente sen efecto, ou introducirse nas mesmas novas condicións.

d) No caso de que unha axuda resolta ao abeiro destas bases reguladoras sexa deixada sen efecto como consecuencia dos termos en que finalmente sexa aprobada a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, tal circunstancia non xera dereito ningún sobre o seu beneficiario.

e) As resolucións de concesión de subvención que, se é o caso, se adopten en aplicación da presente disposición deberán informar os seus beneficiarios dos termos da suspensión.

Disposicións derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposicións derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I

Normativa de recoñecemento de organizacións de produtores

1. Real decreto 1363/2012, do 28 de setembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se establecen as súas condicións de contratación.

2. Real decreto 969/2014, do 21 de novembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores, a extensión das normas, as relacións contractuais e a comunicación de información no sector do tabaco cru.

3. Real decreto 233/2002, do 1 de marzo, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura e se establecen medidas de apoio á súa constitución e funcionamento.

4. Real decreto 970/2002, do 24 de setembro, polo que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de patacas de consumo, non destinadas á industria feculeira, e se establecen diversas medidas de apoio a ela.

5. Real decreto 541/2016, do 25 de novembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e as súas asociacións no sector cunícola.

6. Regulamento (CE) nº 1299/2007 da Comisión, do 6 de novembro de 2007, relativo ao recoñecemento das agrupacións de produtores no sector do lúpulo.

7. Real decreto 532/2017, do 26 de maio, polo que se regulan o recoñecemento e funcionamento das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas.

ANEXO II

Cronograma do plan empresarial

Nome da organización de produtores

 

Data de recoñecemento

(dd/mm/aaaa)

 

Anualidade en que se atopa

 

Obxectivos do plan empresarial

Nome

 

 

 

 

 

 

 

 

Ano

Actuacións

Fitos

Descrición

Data inicio

Data fin

Orzamento (euros)

Descrición

Data de consecución

Ponderación

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento anualidade 1

 

 

100 %

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento anualidade 2

 

 

100 %

3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento anualidade 3

 

 

100 %

4

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento anualidade 4

 

 

100 %

5

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento anualidade 5

 

 

100 %

Orzamento total

 

 

Nota: o número de filas débese adaptar en función do número de actuacións, fitos e obxectivos de cada plan empresarial

ANEXO III

Publicidade Feader: carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 18 adaptaranse ao seguinte formato estándar no cal o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar, como mínimo, o 25 % do deseño.

missing image file

Cores e tipo de letra

Cor branca fondo

Branca

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100 %

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negra

Cor letra 2

Branca

Dimensións

Axuda pública total

Cartel

Placa

> 50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non serán admisibles a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

missing image file
missing image file