Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21689

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 2 de xuño de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as axudas concedidas en virtude da Orde do 2 de xuño de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Finalidade da axuda:

– Obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios.

– Adquisición e mellora do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo.

– Dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

Norma reguladora: Orde do 2 de xuño de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 110, do 12 de xuño de 2017).

Crédito orzamentario: 600.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.781.1.

As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas a cada unha delas, expresado en euros, recóllense no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Entidade

Escola infantil

Concello

Importe da axuda

Fundación Raiola

Didascalio Niño Jesús

Betanzos

21.595,63 €

Fundación Escolas Populares Gratuítas

Escolas Populares Gratuítas

A Coruña

5.552,13 €

Colexio Jorge Juan Perlío, S.C.L.

Jorge Juan Perlío

Fene

1.880,36 €

ABC, S.C.G.

ABC

Ferrol

20.836,08 €

Asociación Educativa Aloha

Aloha

Ferrol

21.767,83 €

Chip Chop, S.C.G.

Chip Chop

Ferrol

13.501,50 €

Colexio Ludy, S.C.G.

Ludy

Ferrol

5.216,88 €

Os Meniños, S.C.G.

Meniños

Ferrol

4.598,00 €

Asociación Educativa Cativos

San Rosendo

Ferrol

18.122,41 €

Dimafa, S.C.G.

Fany

Narón

2.322,00 €

Patronato Casa do Neno

Casa do Neno

Santiago de Compostela

24.972,85 €

Asociación Educativa Antares

Rubido Romero

Santiago de Compostela

20.040,96 €

APA Xardín de Infancia Raiola

Xardín de Infancia Raiola

Santiago de Compostela

17.702,19 €

APA Xardín de Infancia Santa Marta

Santa Marta

Santiago de Compostela

19.057,44 €

Asociación Educativa Social Pumuky

Pumuky

Sarria

6.308,10 €

HH Caridad San Vicente de Paúl

Sonrisas y Lágrimas, Nª Sª Carmen,

Nª Sª Fátima

A IIla de Arousa,

O Grove, A Rúa

19.376,93 €

Asociación Educativa Eduardo Pondal

Eduardo Pondal

Cangas

17.747,46 €

Asociación Educativa Elfos

Elfos

A Estrada

24.106,11 €

Misioneras de Mª Mediadora

Laboral San José

Gondomar

12.304,08 €

Asociación Educativa Dalila

Fragata, Ponteporto 1, Tiro Naval, Reibón

Marín, Moaña

23.407,13 €

Asociación Educativa Montesaíñas

Saíñas

Poio

17.429,97 €

Asociación G. Laboral Pipo

Pipo Pontevedra

Pontevedra

20.048,01 €

Asociación Iniciativa Social Abrente

Abrente

Sanxenxo

23.394,81 €

Fundación Mª Seoane Colmeiro

Mª Inmaculada

Silleda

22.337,45 €

Asociación Educativa Santiago Apóstol

Santiago Apóstol

Soutomaior

25.000,00 €

Asociación Educativa Ángel de la Guarda

Ángel de la Guarda

Vigo

9.463,54 €

APA Colexio Atalaya-Cantabria

Atalaya Cantabria

Vigo

21.500,00 €

Panxoliñas, S.C.G.

Panxoliñas

Vigo

15.696,22 €

Asociación Educativa Pasiño a Pasiño

Pasiño a Pasiño

Vigo

17.029,16 €

Asociación Educativa San Nicolás

San Nicolás

Vigo

10.000,00 €

Congregación Siervas de la Pasión

Santa Isabel

Vigo

24.468,49 €