Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 21996

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 16 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2018 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á mocidade no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Política Social inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da mocidade en actividades deste tipo e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2018.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

Así mesmo, a Consellería de Política Social, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que, ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido cómpre tamén sinalar que a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participar, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre. Así mesmo, o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base nestes criterios, tanto a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade como a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de maneira que os/as mozos/as galegos/as con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das mozas e mozos con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2018 que se detalla no anexo I desta orde (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G, BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

3. Co fin de lograr a efectiva difusión desta campaña para vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web da Consellería de Política Social.

Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes, que serán incorporadas ao ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía, co tratamento previsto no artigo 15 desta orde.

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2018 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

3. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, das 15.00 ás 17.00 horas.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:

a) As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

b) As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no punto 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. Os/as menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Artigo 4. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. A solicitude pode ser individual ou múltiple.

a) Solicitude individual:

1º. Procedemento xeral:

As persoas que queiran presentar solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II (procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude individual a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, exclúen os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas).

2º. Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

As persoas con discapacidade que non presenten a súa solicitude individual pola vía xeral (procedemento BS303A) e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (as incluídas no anexo I B) deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).

b) Solicitude múltiple:

1º. Procedemento xeral:

No caso das persoas que cumpran o establecido no punto 3º desta alínea b) e queiran presentar unha solicitude múltiple, deberán empregar o formulario que se incorpora como anexo III da orde (procedemento BS303F).

As persoas con discapacidade que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia; polo tanto, exclúen os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas).

2º. Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

As persoas con discapacidade que non presenten a súa solicitude múltiple pola vía xeral (procedemento BS303F) e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (as incluídas no anexo I B) deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).

3º As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude, por iso tanto no procedemento xeral como no de inclusión, a solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. Os/as menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, so o poderán facer polo procedemento xeral (actividades do anexo I A) e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto nesta alínea por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude. Estas solicitudes teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera, pero no momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A, B e C, desta orde.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas e o/a solicitante quedará fóra do sorteo.

4. Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono da D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

7. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

Artigo 5. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo cal se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión).

Neste caso o sorteo realizarase ante notario/a, nos 45 días seguintes á data de publicación da orde. O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es/, e terá lugar ás 12 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Política Social, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no Edificio Administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I (alíneas A, B e C) desta orde.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Cada participante incluirase unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre as cinco opcións que solicitou. O número de reservas en cada actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

c) A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fará pública a resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, co resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de admitidos/as para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.es/, onde se exporá a lista de persoas admitidas a partir do día seguinte ao do sorteo. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos da persoa solicitante.

Artigo 7. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta fose expresa, ou seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Non obstante, no caso das resolucións de solicitudes de devolución de cota previstas no artigo 14, cando a resolución corresponda ás xefaturas territoriais, contra esa resolución, que non porá fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Social, no prazo dun mes, se o acto for expreso; se non o for, poderá interporse o recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Artigo 8. Documentación

1. As persoas admitidas deberán presentar, no prazo de quince (15) días contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación (os modelos estarán dispoñibles na páxina web http://xuventude.xunta.es/):

a) Xustificación de pagamento.

b) Se o /a menor non dispón de DNI, deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

e) Declaración responsable de que sabe nadar.

No caso de persoas con discapacidade, ademais:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.

b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso (non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Como xa se menciona no artigo 4.5, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da/s persoa/s solicitante/s.

b) NIE da/s persoa/s solicitante/s.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de familia monoparental.

d) Carné xove.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos (xeral ou de prazas reservadas para inclusión) ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de mocidade correspondente contactarán, seguindo a orde da lista, coas persoas suplentes mediante chamada telefónica ao número indicado na solicitude.

Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 horas, que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase a seguinte na lista de espera.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de 48 horas. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.

2. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de Xuventude:

http://xuventude.xunta.es/.

Artigo 11. Adxudicación das prazas de resultas

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6 e 10 serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande e reúna as condicións e os requisitos exixidos nesta orde para participar na convocatoria.

2. Estas prazas estarán expostas na páxina web http://xuventude.xunta.es/, onde se anunciará a apertura da fase de resultas.

3. Para solicitar as prazas de resultas a persoa interesada deberá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, mediante chamada telefónica, aos números de teléfono indicados no anexo VII. A reserva de prazas poderase efectuar das 9.00 ás 14.00 horas, en días laborables, agás os sábados. Se a persoa solicitante figurase na lista de espera dalgún campamento, deberá comunicalo ao facer a chamada para, de ser o caso, dala de baixa nesa listaxe antes da adxudicación da praza solicitada en resultas.

Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

4. Unha vez comprobada na aplicación informática a dispoñibilidade da praza solicitada, asignarase esta á persoa interesada, que disporá dun prazo máximo de 48 horas para presentar a documentación relacionada no artigo 8.

Para a presentación desta documentación observarase o establecido no artigo 4.2.

Artigo 12. Prezos

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DOG núm. 67, do venres 8 de abril de 2016).

2. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde.

3. Os membros de familias monoparentais terán, así mesmo, un desconto do 50 % sobre os prezos detallados no anexo I desta orde. Para os efectos da aplicación do desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

4. As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá ter o Carné xove vixente no momento de efectuar o pagamento.

5. Os descontos citados nos puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando o recadro correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental ou o Carné xove, para a súa posterior comprobación pola Administración; no caso de que non se autorice esta comprobación no formulario de solicitude, deberá achegarse a copia cotexada do título vixente de familia numerosa, do certificado de familia monoparental ou a do Carné xove, segundo o desconto aplicable.

Artigo 13. Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia dos/as pais/nais ou titores/as, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.2.

3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas ou cuxo comportamento dificulte ou impida a convivencia.

4. A praza é intransferible.

Artigo 14. Devolución de cota

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non pode asistir á actividade, só terá dereito á súa devolución nos casos e polas causas seguintes:

a) Renuncia á praza comunicada por escrito sempre e cando solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade.

b) Cando por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

c) Cando se produza o ingreso hospitalario ou outra causa médica grave, que afecte o/a menor e lle impida incorporarse ao campamento. Esta causa debe acreditarse con informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresado o/a menor.

d) Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

No caso de prazas adxudicadas en fase de reserva ou en fase de resultas e cando non concorra ningunha das outras causas recollidas neste punto, só se admitirá a devolución de cota cando a data de inicio do campamento permita presentar a solicitude de devolución coa antelación mínima de 20 días antes sinalada.

No caso de renuncia a unha praza concedida e posterior solicitude e adxudicación doutra na fase de resultas, se a renuncia á primeira praza non se comunicou coa antelación de vinte días antes sinalada e non concorre ningunha das demais causas recollidas neste punto, terá que aboarse o importe íntegro da segunda praza, sen que se compense co prezo aboado pola primeira.

2. Serán denegadas todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas coa antelación mínima de 20 días anteriores ao inicio da actividade, cando non concorra ningunha das causas recollidas taxativamente no punto 1 deste artigo.

3. Para estes efectos, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.gal. Estas solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitudes de devolución de cota dirixiranse á xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude, para a súa resolución pola persoa titular da xefatura territorial. No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, a solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e será resolta pola persoa titular da dirección xeral.

Artigo 15. Protección de datos

De acordo co artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos recollidos nos diferentes anexos desta orde resultan necesarios para a adxudicación de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2018. Os datos facilitados serán incorporados ao ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía para o seu tratamento, coa finalidade da xestión do procedemento. A persoa titular dos datos consinte expresamente a súa comunicación a organizacións ou persoas directamente relacionadas co/coa responsable do ficheiro e a súa publicación nos termos contidos na presente orde. Non haberá máis cesións de datos agás a outras administracións públicas que exerzan as mesmas competencias ou no caso de que unha lei o prevexa.

Cando a persoa solicitante facilite datos dun terceiro, aínda que se trate de menores de idade, sempre que sexan maiores de 14 anos, será a encargada de informar do contido desta cláusula á persoa titular dos datos e con carácter previo á súa inclusión no devandito ficheiro, no caso de menores, deberá expresalo nunha linguaxe facilmente comprensible para estes/as.

O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Edministrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: sxt.politicasocial@xunta.gal.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2018-Xeral

A Coruña

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

07-08-09

113 €

150001

11-18 de xullo

07-08-09

113 €

150002

21-28 de xullo

07-08-09

113 €

150003

1-8 de agosto

07-08-09

113 €

150004

11-18 de agosto

07-08-09

113 €

150005

21-28 de agosto

07-08-09

113 €

150006

Alb. Xuv. Gandarío-

Residencia X. Lug. II

Conecta con Galicia

1-12 de xullo

00-01-02-03

222 €

150007

Alb. Xuv. Gandarío-

Res. Florentino L. Cuevillas

15-26 de xullo

00-01-02-03

222 €

150008

Alb. Xuv. Gandarío

Actividades no mar

1-12 de xullo

03-04

232 €

150009

17-28 de xullo

01-02-03

232 €

150010

2-13 de agosto

00-01-02-03

232 €

150011

17-28 de agosto

04-05

232 €

150012

Laboratorio de ideas

1-10 de agosto

03-04-05

185 €

150013

Vídeo Mapping. Fai visible o que levas dentro

1-8 de setembro

04-05

113 €

150014

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

1-8 de setembro

04-05

113 €

150015

Camp. Xuv. Furelos

Natureza no Camiño

1-12 de xullo

04-05

176 €

150016

17-28 de xullo

00-01-02

176 €

150017

2-13 de agosto

03-04

176 €

150018

15-26 de agosto

04-05

176 €

150019

Camp. Xuv. Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

1-12 de xullo

03-04

207 €

150020

17-28 de xullo

03-04

207 €

150021

2-13 de agosto

03-04

207 €

150022

17-28 de agosto

00-01-02-03

207 €

150023

Camp. Xuv. Espiñeira

Candilexas

1-12 de xullo

06-07

176 €

150024

17-28 de xullo

06-07

176 €

150025

2-13 de agosto

06-07

176 €

150026

15-26 de agosto

06-07

176 €

150027

Granxa Zoo de Grixalba

Aldea perdida

1-7 de agosto

06-07-08-09

113 €

150028

Aldea perdida

15-21 de agosto

06-07-08-09

113 €

150029

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar

Saborea a vida do rural

2-8 de xullo

06-07-08-09

113 €

150030

Lugo

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe da

praza

Código

Alb. Xuv. Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

1-12 de xullo

03-04

232 €

270001

17-28 de xullo

00-01-02-03

232 €

270002

2-13 de agosto

03-04

232 €

270003

17-28 de agosto

03-04

232 €

270004

Alb. Xuv. Benigno Quiroga

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

07-08-09

113 €

270005

11-18 de xullo

07-08-09

113 €

270006

21-28 de xullo

07-08-09

113 €

270007

1-8 de agosto

07-08-09

113 €

270008

11-18 de agosto

07-08-09

113 €

270009

Camp. Xuv. A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

1-12 de xullo

04-05

176 €

270010

Acampada a carón do mar

1-12 de xullo

06-07

176 €

270011

Multiaventura: ambiente e mar

17-28 de xullo

04-05

176 €

270012

Acampada a carón do mar

17-28 de xullo

06-07

176 €

270013

Multiaventura: ambiente e mar

2-13 de agosto

04-05

176 €

270014

Acampada a carón do mar

2-13 de agosto

06-07

176 €

270015

Cam. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

1-12 de xullo

04-05

176 €

270016

Aventura-T

17-28 de xullo

01-02-03

176 €

270017

2-13 de agosto

01-02-03

176 €

270018

Multiaventura nos Chacotes

17-28 de agosto

04-05

176 €

270019

Poboado Os Peares (Carballedo)

Adventure Camp

1-8 de xullo

07-08-09

113 €

270020

11-18 de xullo

07-08-09

113 €

270021

21-28 de xullo

04-05-06

113 €

270022

1-8 de agosto

04-05-06

113 €

270023

Albergue Municipal Quiroga

Explora o Courel

11-18 de xullo

05-06-07-08-09

113 €

270024

LUG2

O Musical

20-27 de xullo

03-04

113 €

270025

Ourense

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe da

praza

Código

Camp. Xuv. Penedos de Xacinto (Entrimo)

Teatro e aventura na natureza

1-12 de xullo

05-06-07-08-09

176 €

320001

17-28 de xullo

05-06-07-08-09

176 €

320002

2-13 de agosto

05-06-07-08-09

176 €

320003

Estación de montaña

Manzaneda

Manzaneda alta montaña

5-12 de agosto

04-05-06

113 €

320004

12-19 de agosto

04-05-06

113 €

320005

19-26 de agosto

07-08-09

113 €

320006

Albergue Equal

Hípica e natureza

5-12 de agosto

07-08-09

113 €

320007

Complexo O Corgo

Muíños

Ven explorar con nós

2-9 de agosto

03-04-05

113 €

320008

Albergue do Parque

Natural do Invernadeiro

Naturnia

4-10 de xullo

01-02-03

113 €

320009

Albergue A Vilavella

Aventura na Estación

1-8 de agosto

07-08-09

113 €

320010

Pontevedra

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas

Actividades no mar

1-12 de xullo

03-04

232 €

360001

17-28 de xullo

03-04

232 €

360002

2-13 de agosto

03-04

232 €

360003

17-28 de agosto

00-01-02-03

232 €

360004

Camp. Xuv. Pontemaril

Aventura na natureza

1-12 de xullo

06-07

176 €

360005

17-28 de xullo

04-05-06

176 €

360006

A miña primeira aventura

1-8 de xullo

07-08-09

101 €

360007

11-18 de xullo

07-08-09

101 €

360008

21-28 de xullo

07-08-09

101 €

360009

Aventura na natureza

2-13 de agosto

04-05-06

176 €

360010

17-28 de agosto

06-07

176 €

360011

Camp. Xuv. Illa de Ons

Big Bang illa

1-8 de xullo

05-06

101 €

360012

11-18 de xullo

06-07

101 €

360013

21-28 de xullo

04-05

101 €

360014

1-8 de agosto

06-07

101 €

360015

B. Campamentos de verán 2018-prazas reservadas para inclusión

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe da

praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de xullo

07-08-09

113 €

150001

1-8 de agosto

07-08-09

113 €

150004

Alb. X. Gandarío

Actividades no mar

17-28 de xullo

01-02-03

232 €

150010

2-13 de agosto

00-01-02-03

232 €

150011

Camp. Xuv. Espiñeira

Candilexas

1-12 de xullo

06-07

176 €

150024

2-13 de agosto

06-07

176 €

150026

Cam. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

1-12 de xullo

04-05

176 €

270016

Aventura-T

2-13 de agosto

01-02-03

176 €

270018

Camp. Xuv. Pontemaril

A miña primeira aventura

11-18 de xullo

07-08-09

101 €

360008

Aventura na natureza

1-12 de xullo

06-07

176 €

360005

2-13 de agosto

04-05-06

176 €

360010

17-28 de agosto

06-07

176 €

360011

C. Campaña de verán 2018-campamentos noutras comunidades autónomas

Comunidade Autónoma

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe da

praza

Código

Álava

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz

Colonia de rock

1-12 de xullo

01-02

293 €

500001

Alb. Xuv. Barría

Multiaventura

1-11 de agosto

03-04

274 €

500002

Isla de Zuhatza

Náutica

1-11 de agosto

02-03-04

283 €

500003

Estremadura

Camp. X. Emperador Carlos V (Jerte)

Deporte e ocio en Jerte

3-14 de agosto

03-04

247 €

500004

Castela e León

Alb. Xuv. San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria)

Multiaventura e aire libre

21-30 de xullo

04-05

245 €

500005

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos

Multiaventura e aire libre

1-12 de agosto

04-05

293€

500006

A Rioxa

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

1-12 de xullo

03-04

293 €

500007

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

1-12 de agosto

01-02

293 €

500008

Madrid

Alb. Xuvenil El Escorial

Inmersión Inglés e NN.TT

1-10 de xullo

00-01-02-03

245 €

500009

Alb. Xuvenil Las Dehesas (Cercedilla)

Cine en inglés

1-10 de xullo

00-01-02-03

245 €

500010

Cantabria

Alb.Xuvenil Gerardo Diego (Solórzano)

Cine

17-31 de xullo

04-05

348 €

500011

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

– Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social.

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 54 52 93/881 99 93 14.

– Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, 15008 A Coruña.

Teléfonos: 881 88 12 40/ 881 88 12 38/881 88 12 41/881 88 12 39.

– Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rolda da Muralla, 70, 27001 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 43 53/982 29 49 23.

– Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Avda. Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 16/988 38 61 17.

– Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 70 80/986 81 77 81/986 81 76 56.

missing image file