Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23445

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2018 do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A.

Visto o acordo polo cal se aproban as táboas salariais para o ano 2018 do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A. (código 82000612012001), que se subscribiu entre a representación empresarial e a representación sindical do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A. na reunión que tivo lugar o 12 de marzo de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

En Pontevedra o 12 de marzo de 2018.

REUNIDOS:

Dunha parte, actuando en nome e representación de Norte Forestal.

• María José Zueras Saludas.

• Patricia Vázquez Otero.

Doutra parte, a representación legal dos traballadores de Norte Forestal, S.A.

José Carlos Rodríguez López (CC.OO.).

Ambas as partes comparecen e, recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación para subscribir a presente acta, establecen para o efecto os seguintes:

Antecedentes:

I. Que o convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A. 2004-2008, subscrito con data do 23 de xullo de 2004, mesmo tendo finalizado a súa vixencia de conformidade co establecido no artigo 4, se considera tacitamente prorrogado de conformidade co establecido no seu artigo 5.

II. Que as partes asinantes do presente acordo estableceron negociacións co obxecto de efectuar unha revisión salarial sobre as táboas e conceptos retributivos previstos no convenio colectivo, e para tal obxecto

ACORDAN:

Primeiro. O ámbito de aplicación deste acordo afecta exclusivamente aqueles traballadores incluídos no ámbito persoal de aplicación do convenio colectivo da empresa de conformidade co establecido no artigo 3 do convenio colectivo de Norte Forestal, S.A. Isto é, o presente acordo afectará todos os traballadores que pertenzan ao cadro de persoal de Norte Forestal, S.A., coa excepción daquel persoal directivo, técnico ou asimilado que teña subscrito un contrato individual de traballo e que está excluído polas súas condicións persoais pactadas.

Segundo. As partes fixan un acordo de actualización salarial do 12,10 % con efectos do 1 de xaneiro de 2018 que será de aplicación aos seguintes conceptos salariais:

1. Táboas salariais anexo 1.

2. Táboas salariais anexo 2.

3. Complemento asistencia.

4. Axudas escolares (artigo 17 C.col., epígrafe Beneficios sociais).

5. Nupcialidade e natalicio (artigos 18 e 19 C.col., epígrafe Beneficios sociais).

6. Importe regalo Nadal (artigo 20 C.col., epígrafe Beneficios sociais).

7. Axuda economato (artigo 21 C.col., epígrafe Beneficios sociais).

Xúntanse a este acordo, como anexo I, as táboas salariais correspondentes ao incremento do 12,10 % sobre todos os conceptos reflectidos no presente acordo.

Terceiro. Paga non consolidable

Os traballadores eventuais en alta en 31 de decembro de 2009 (que non están de alta todo o ano), afectados por este acordo, recibirán unha paga non consolidable nun só pagamento de 200 € no momento da sinatura do convenio. Para os traballadores indefinidos en 31 de decembro de 2009 (de alta todo o ano) a dita paga ascenderá a 350 €.

Cuarto. Suba 2019 e 2020

As partes acordan que, en caso de non mediar denuncia do convenio colectivo nos dous próximos anos (2019 e 2020), se aplicará a suba do IPC desde xaneiro de 2019 (considerando o IPC de 2018) e en 2019 (considerando o IPC de 2018).

Quinto. Retroactividade dos acordos

As partes acordan retrotraer os efectos do presente acordo ao 1 de xaneiro de 2018. A actualización e os atrasos realizaranse coa nómina do mes de abril do ano 2018.

Para que así conste, asínase este acordo por duplicado exemplar en Pontevedra o 12 de marzo de 2018.

Sexto. Autorización de rexistro

Ambas as partes autorizan expresamente a Vicente Fernández Victoria (DNI 36175579Y), asesor externo da empresa, para realizar cantas xestións xulgue pertinentes de cara ao rexistro do presente acordo na plataforma informática Rexcon.

ANEXO I

Táboa 2018

Nivel

Valor 2018

Valor 2018 ano

D4

888,82

12.443,54

D3

934,59

13.084,24

D2

986,52

13.811,24

D1

1.039,28

14.549,87

C4

1.092,84

15.299,77

C3

1.145,58

16.038,17

C2

1.198,33

16.776,67

C1

1.251,90

17.526,57

B4

1.312,37

18.373,13

B3

1.384,54

19.383,59

B2

1.471,84

20.605,74

B1

1.545,43

21.636,01

A3

1.622,69

22.717,70

A2

1.721,80

24.105,21

A1

1.807,89

25.310,46

ANEXO III

Táboa II 2018

Categoría

Salario base

Incentivo

Complemento

comida

Complemento dedicación

Total día

Peón viveiros

32,55

4,43

4,52

0,00

41,49

Peón forestal

35,16

5,01

4,53

0,00

44,70

Peón especialista

36,59

4,46

4,53

0,00

45,58

Xefe de cuadrilla

39,49

4,49

4,53

4,23

52,75

Operador de maquinaria

40,23

9,33

4,53

0,00

54,10

Encargado forestal

43,95

4,40

4,48

4,32

57,15

Outros conceptos

Valor 2018

Artigo 25

Asistencia

77,87

Artigo 17

Axuda escolar grupo 1

156,02

Axuda escolar grupo 2

195,02

Axuda escolar grupo 3

243,78

Axuda escolar grupo 4

304,73

Artigo 18

Nupcialidade

636,53

Artigo 19

Natalicio

318,26

Artigo 20

Nadal

188,74

Artigo 21

Economato

95,94